lunes, 28 de abril de 2008

LIBROS QUE FALAN DE LIBROS

Xa sabedes que "O RECANTO DE MIK" é un dos meus sitios preferidos
Sacou unha guía de lectura, para maiores, aproveitando o mes do libro: "LIBROS QUE FALAN DE LIBROS" moi interesante.

LA LECTURA Y LA VIDA

Emili Teixidor.
Ed. Ariel
Ler no é só un pracer, senón que nos axuda a entender o mundo, a enfrontarnos coas nosas emocións, a madurar e a ser persoas máis completas. Sen a literatura -di o autor- non seriamos o que somos.
Este libro contén as reflexións destiladas ao longo dos máis prestixiosos autores de literatura infantil e xuvenil do noso pais sobre a iniciación á lectura, o sentido da literatura xuvenil, os grandes libros que todo adolescente debería ler, o papel da escola, das bibliotecas e das familias na formación de novos lectores que acabarán sendo mellores persoas.

EL CUENTO NÚMERO TRECE

Diane Settefield
Editorial: Lumen sa
Margaret Lea recibe unha carta da misteriosa escritora Vida Winter para que escriba a súa biografía....e promete non mentirlle. A moza trasládase á casa da autora e esta comenza a debullar a historia da súa familia.




BALZAC Y LA JOVEN COSTURERA CHINA
Dai Sijie
Ed Salamandra
Unha historia marabillosa que narra o descubrimento da lectura, do amor e da amizade na China de Mao Zedong. Dous adolescentes son enviados a unha aldea perdida nas montañas para cumprir co proceso de reeducación implantado por Mao Zedong a finais dos anos sesenta. Soportando unhas condicións de vida infrahumanas, todo cambia coa aparición dunha maleta clandestina.
LEER "LOLITA" EN TEHERÁN
Nafisi, Azar
El Aleph Editores
Unha vez por semana e durante máis de dous anos, Azar Nafisi, unha profesora de literatura da Universidade de Teherán expedientada por negarse a levar o veo, reuniu na súa casa a sete das súas alumnas para ler e comentar algunhas das novelas occidentais prohibidas polo réxime dos aiatolás.

LA CONEXIÓN ALEJANDRÍA
Steve Berry
Ed Seix Barral
Cotton Malone, o xa soado axente do goberno norteamericano, vive retirado en Copenhague, onde rexenta unha librería de segunda mán. Pero a súa tranquila vida vese truncada de súpeto: o seu fillo é secuestrado e alguén prende lume a librería. Cotton Malone ten unha valiosa información capaz de revelar os segredos da desaparecida biblioteca de Alexandría, e alguén parece disposto a calquera cousa para conseguila.

CORAZÓN DE TINTA
Cornelia Funke
ED Siruela
Que son de verdade Dedo Polvoriento, Capricornio ou Lingua de Bruxo saberao Meggie polas respostas que atope nun vello pobo das montañas de Liguria.... e tamén nun libro. Cando Mo, o pai de Meggie, saúda a un estrano visitante que aparece na súa casa, a nena sente que aquela persoa emana un perigo, quizá unha gran ameaza contra o seu pai.... e entón foxen ao sur, á casa de tía Elinor, propietaria dunha das máis fascinantes bibliotecas que un poida imaxinar.

SANGRE DE TINTA
Cornelia Funke
Ed Siruela
A vida parece que volve ser apracible na casa de tía Elinor e na súa fascinante biblioteca, ou co regreso de Resa, ou con Mo (Lingua de Bruxo) de novo encadernando e "sanando" libros enfermos. Pero o perigo volve axexar tras as páxinas e no xardín
FELICES E BOAS LECTURAS

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.