jueves, 31 de julio de 2008

A VOLTA AO COLE

Cando se acerca o mes de setembro, moitos nenos e nenas encaixan mal o retorno ás clases mentras que outros están desexando volver a ver aos seus compañeiros e contarlles como lle foi nas vacacións.

Dende os tres anos, o colexio se convirte nun lugar tan importante como a súa propia casa, pasan gran parte de su vida, viven importantísimas experiencias, coñecen a seus primeiros amigos e o mestre pasa a ser, as veces, máis importante que os seus propios pais.


Os nenos e nenas de tres anos farán este ano a súa primeira incursión no colexio que será un acontecemento moi importante nas súas vidas e a súa adaptación terá moito que ver coa dependencia emocional aos seus pais. En moitas ocasións a dificultade do neno para ir á escola é a mostra da dificultade que ten a nai de separarse do neno.


Na escola os nenos son un máis entre compañeiros, non hai privilexios, non está a nai protectora satisfacendo os seus caprichos. Representa o primeiro paso de entrada á sociedade, coas súas normas, límites, que nos obrigan a abandonar certas tendencias persoais a favor dunha convivencia social máis adecuada.

A volta ao colexio non supón o mesmo para o mozo ou neno que goza no centro educativo que para o que o percibe como un afastamento da seu contorno familiar ou das súas fantasías. E no caso dos pais tampouco é o mesmo para os que entenden a escola como medio de crecemento dos seus fillos, que para aqueles que a conciben como pouco máis que unha maneira de quitarse aos fillos do medio.


Despois das vacacións, onde non había horarios nin présas para ir á cama, con todo o día para o lecer, faise algo costa arriba volver á rutina diaria. Todo isto vai supor unha adaptación, que para algúns será máis complicada que para outros. Isto ten que ver con que hai persoas ás que lles custa máis aceptar os cambios, aférranse ao pasado, son fantasiosos.

A actitude dos pais e o comportamento dos profesores son fundamentais para unha correcta adaptación do neno ao colexio. é moi importante que lle transmitan seguridade e tranquilidade.


As sensacións que perciben os nenos ante a volta ao colexio non son debidas ao azar, manifestan a súa forma de relacionarse co mundo, depende en gran medida do que os seus pais lle transmitisen. En moitas ocasións son os propios pais os que establecen unhas relacións familiares herméticas e calquera apertura ao mundo é vivida como un drama.


Algúns consellos para unha volta ao cole sen traumas son:


  • Hai que transmitirlles a alegría que supón ir á escola.


  • Aprender, coñecer novos compañeiros, ter certa independencia, desenvolver os seus propios gustos.


  • Non hai que criticar os custos dos libros e material escolar. Non nos damos conta de que continuamente nos queixamos diso, pero o neno vive como somos capaces de gastarnos diñeiro noutras cousas: videoxogos, roupa de marca, restaurantes, viaxes, etc. Con esta actitude estamos a realizar unha crítica á educación dos nosos fillos.


  • é recomendable participar activamente na educación dos nosos fillos, axudarlles a facer os deberes, preguntarlles como foi o día escolar.


  • é importante manter unha boa relación co profesorado. Frecuentemente observamos conflitos neste sentido e desta forma estamos "botando terra encima" á educación do noso propio fillo.


  • Non hai que esquecerse tampouco, de que no colexio a autoridade represéntaa o profesor.O neno ha de sabelo, e os pais non deben discutir este principio.

Desexámoslles unha feliz volta a clase e gozar do belo camiño que é aprender.

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.