sábado, 20 de septiembre de 2008

ABÓS E NETOS

Estes días que comezan os nenos e nenas de tres anos o Colexio, paso polas filas e observo que moitos nenos e nenas veñen acompañados polos seus avós.
Conciliar traballo, fillos e casa é unha tarefa que require moita habilidade e, en moitos casos, algúns sacrificios. A chegada dun bebé non só altera a vida dos pais, senón tamén a de moitos avós. Poder contar con eles é un recurso moi valioso. A presenza dos avós é un consolo e un desafogo para moitas familias.
Os avós poden proporcionar unha asistencia práctica, apoio, e unha cadea de consellos útiles para coidar ao bebé. O encontro dos avós cos seus netos é sempre moi enriquecedor para ambos os lados.
A moitos nenos encántanlles estar cos seus avós por diferentes e variadas razóns:
-Algúns porque á beira dos avós non existen tantas ordes nin obrigacións.
-Outros porque poden facer cousas distintas con eles, como preparar galletas xuntos, comer doces, dar paseos, ir ao parque, e realizar unha infinidade de actividades que fan que se sentan máis libres.
-Algúns netos ven aos seus avós como un amigo, unha especie de guía, como divertidos, cariñosos, mimosos e que lles gusta estar con eles.
Pero, claro, todo depende da forma de ser dos avós. Hai tamén os que apenas envellecen e continúan tratando aos máis pequenos dun xeito moi autoritario e demasiado esixente. Pero, polo xeral, os avós senten moito pracer cos seus netos. Estar con eles é tamén unha forma de renovarse persoalmente. É ter máis participación na familia, e sentirse máis novas e actualizados. Apréndese moito cos nenos.

Non sempre a relación dos avós cos pais dos seus netos é a mellor.
Desgraciadamente, poden existir conflitos canto ao tipo de educación que é aplicada ao neno. As xeracións son distintas e diferentes tamén son os criterios de educación. Os máis novos non poden cambiar os razoamentos dos maiores. Os avós non están máis para educar. Xa educaron, ben ou mal, aos seus fillos. Os avós están para dar agarimo, botar unha man de cando en vez, e pasar un bo intre cos seus netos.
Se os avós van estar cos netos, o ideal é que haxa un acordo entre as partes, para o ben do neno e de todos. Para iso, é necesario que entre os pais e os avós exista unha relación tranquila, específica e verdadeira, libre de celos, na que reine o respecto ás esixencias e aos hábitos do outro.

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.