martes, 2 de septiembre de 2008

ETAPAS DA EVOLUCIÓN DOS NENOS/AS

As capacidades do ser humano desenvólvense en tres etapas: primeira infancia, nenez intermedia e adolescencia segundo Rudolf Steiner
PRIMEIRA INFANCIA
Os nenos están en concordancia na seu contorno físico, absorben o mundo por medio dos seus sentidos e responden ao modo mais activo de coñecemento coa imitación.
A imitación é o poder identificarse co medio físico. O amor, a ira, o odio, a felicidade, a intelixencia, a estupidez, a harmonía, etc son influencias para o neno, aínda moi maleable, que lle afectarán para o resto da súa vida
As persoas relacionadas co neno, pais, mestres, coidadores teñen a responsabilidade de crear un contorno digno de imitación incuestionable; ofrecer abundantes oportunidades para a imitación significativa e o xogo creativo
INFANCIA MEDIA
Cando comezan primeiro de primaria, os nenos están ansiosos por explorar por segunda vez todo un mundo de experiencias. Antes identificábanas e imitábanas, agora ten un nivel máis conciente e son capaces de coñecelas pola imaxinación
A tarefa dos educadores é transformar todo o que o neno necesita saber sobre o mundo á linguaxe da imaxinación; todo aquilo que lle fala á imaxinación é o que realmente aprecia, esperta e activa os sentimentos, recórdase e apréndese. É o momento de traballar a intelixencia sensible.
Os cambios fisiolóxicos da pubertade marcan o final desta etapa: o aprendizaxe imaxinativo vólvese racional e abstrato.
ADOLESCENCIA
Durante a adolescencia a personalidade vólvese independente e volve a explorar o mundo outra vez dun novo xeito. Vai maduranndo silenciosamente e a su debido tempo surxirá o adulto

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.