domingo, 19 de octubre de 2008

A AGRESIVIDADE NOS NENOS

Unha das razóns polas que acuden as nais e os pais a falar conmigo é pola agresividade de seus fillos e fillas.
O aprendizaxe do comportamento agresivo ten unhas variables que son:
1.-A imitación ten un papel fundamental na adquisición e o mantemento das condutas agresivas nos nenos. Segundo a teoría da Aprendizaxe social, a expocision a modelos agresivos debe conducir a comportamentos agresivos por parte dos nenos. Esta opinión esta apoiada por diversos estudos que mostran que se producen aumentos da agresión logo da expocision a modelos agresivos, aínda cando o individuo pode ou non sufrir frustracións.


2.-O reforzamento desempeña tamén un papel moi importante na expresión da agresión. Si un neno descobre que pode porse en primeiro lugar da fila, mediante o seu comportamento agresivo, ou que lle agrada ferir os sentimentos dos demais, é moi probable que siga utilizando os métodos agresivos, se non o controlan outras persoas.

3.-A conduta agresiva varia co ambiente social, os obxectivos e o papel desempeñado polo agresor en potencia.

4.-Os factores cognoscitivos desempeñan tamén un papel importante na adquisición e mantemento da conduta agresiva. Estes factores cognoscitivos poden axudar ao neno a autorregularse. Por exemplo, pode anticipar as consecuencias de alternativas á agresión ante a situación problemática, ou pode reinterpretar a conduta ou as intencións dos demais, ou pode estar conciente do que se reforza noutros ambientes ou pode aprender a observar, recordar ou ensaiar mentalmente o modo en que outras persoas enfróntanse ás situacións difíciles.

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.