martes, 21 de octubre de 2008

ESTABLECENTO DE LÍMITES

Jesper Juul é unha autoridade como terapeuta familiar introducindo a "Terapia da Gestalt" en Dinamarca. O que escribo neste artigo está sacado do seu libro "Su hijo, una persona competente"
Se queres saber algo máis do libro preme n a súa portada.

Juul dí que a maioría de nós establecemos dous tipos de límites con nosos fillos:

1.-Límites estables

2.-Límites inestables


A lista de límites estables podería ser case interminable, posto que nela contéñense aspectos que os pais consideran que enriquecen ou protexen a vida dos seus fillos:


*"quero que che quites os zapatos antes de entrar no comedor"

*"quero que gardes os xoguetes antes de ir a cama"

*"quero saber o que miras en televisión"


O uso dunha linguaxe persoal "Quero que...", cando se establecen límites, en lugar de recorrer a termos absolutos, como: "Non podes entrar no comedor con zapatos" supón unha gran vantaxe porque cando se expresan as regras de forma persoal en lugar de facelo como "verdades universais", esas regras adquiren un maior significado para os nenos, e estes respectan moito máis o límite e á persoa que o establece.


O segundo tipo de límites é persoal e idiosincrásico e cambian dependendo do estado de humor que teñamos:


*"Non quero que toques o piano agora. Quero un pouco de tranquilidade"

*"Preferiría lerche un conto máis tarde, agora quero falar coa túa nai"

*"Hoxe quero a bañeira para a miña soa"

*"Agora non quero que che sentes no meu colo. Sal

*"Non quero que saques meus libros do estante"

*"Hoxe teño un deses días nos que me gustaría non ter familia. Quero que me deixedes tranquilo, a menos que preda lume a casa"

*"Hoxe non quero que xogues coa miña maquillaxe"


Para Juul, a linguaxe persoal, por se só, é o transmisor da mensaxe. As palabras pódennos facer dano; as emocións xenuínas, non. Non hai nada de malo en que un pai ou unha nai exprese tristeza, rabia, medo, mal humor ou irritación. Non importa se os nenos ás veces "séntense rexeitados" se un dos seus pais expresa rexeitamento. Deste xeito aprenden que non sempre poden conseguir o que queren e que existen individuos no contexto da vida familiar. Noutras palabras, as demais persoas da familia tambien teñen as súas propias necesidades persoais.

Existe outro motivo polo que non deberiamos esconder os nosos sentimentos cando falamos nunha linguaxe persoal: os nosos temperamentos individuais, os nosos sentimentos e os nosos altibaixos emocionais son parte do que somos. Polo tanto, di Juul, a información sobre estas calidades non é só unha parte lexítima da mensaxe, tambien é unha parte desexable.

A linguaxe define os límites, a expresión dos sentimentos mantén a calidez do contacto.

Moitas veces esquecémonos que a calor de calquera relación xorde de dúas fontes distintas: do que nos une e do que provoca friccións; as dúas están sempre presentes e as dúas poden ser igualmente importantes.


A linguaxe persoal só é eficaz se é verdadeiramente persoal. Se está minado, se se utiliza para outros fins ou como truco linguístico deixa de ser efectivo.


Cando os pais ou outros adultos establecen límites persoais, basicamente, están protexendo as súas propias necesidades. Cando o poden facer sen violar as necesidades dos fillos, o proceso interactivo da familia tambien sae beneficiado.

O establecemento adecuado de límites persoais caracterízase non só por un respecto fundamental cara á variedade da vida, senón tambien por unha "práctica" respectuosa. Os nenos non só aprenden o valor do respecto humano e da consideración baixo a forma dun mandamento "moral"; tambien aprenden a actau "eticamente"



No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.