Departamento de Orientación do CEIP "Otero Pedrayo": diciembre 2008

miércoles, 31 de diciembre de 2008

REMATOU O ANO DA CRISE. FELIZ 2009

O xa morto 2008 déixounos e recordarémolo como o ano da GRANDE CRISE. Eu quero recordalo como o ano do nacemento do noso "BLOG" o ano onde puxémonos en contacto a traverso destes novos medios de comunicación.

Déixovos un par de vídeos divertidos sobre os Reis Magos para que deixedes de pensar na crise.


1º.-ENTREVISTA DIVERTIDA AOS REIS MAGOS




2º.-CARTA CÓMICA AOS REIS MAGOS


viernes, 26 de diciembre de 2008

A VERDADEIRA HISRORIA DOS REIS MAGOS

Esta é a verdadeira historia dos Reis Magos, contada nos foros da páxina da "Asociación de nenos con hiperactividade e/ou déficit de atención " ANHIDA
Apenas un pai sentara ao chegar á casa, disposto a escoitar, como todos os días, o que a súa filla lle contaba das súas actividades no colexio, cando esta en voz algo baixa, como con medo, lle dixo:
- ¿Papa?
- Si, filla, cóntame
- Oe, quero... que me digas a verdade
- Claro, filla. Sempre cha digo -respondeu o pai un pouco sorprendido

- É que... -titubeó Branca
- Dime, filla, dime.
- Papá, ¿existen os Reis Magos?
O pai de Branca quedou mudo, mirou á súa muller, intentando descubrir a orixe daquela pregunta, pero só puido ver un rostro tan sorprendido como o seu que o miraba igualmente.
- As nenas din que son os pais. ¿É verdade?
A nova pregunta de Branca obrigoulle a volver a mirada cara á nena e tragando saliva díxolle:
- ¿E ti que crees, filla?
- Eu non sei, papá: que si e que non. Por un lado paréceme que si que existen porque ti non me enganas; pero como as nenas din iso.
- Mira, filla, efectivamente son os pais os que poñen os regalos pero...
- ¿Entón é verdade? -cortou a nena cos ollos humedecidos-. ¡ Enganástesme!
- Non mira, nunca che enganamos porque os Reis Magos si que existen -respondeu o pai collendo coas súas dúas mans a cara de Branca.
- Entón non o entendo. papá.
- Senta, Branca, e escoita esta historia que che vou contar porque xa chegou a hora de que poidas comprendela -dixo o pai, mentres sinalaba coa man o asento ao seu lado.
Branca sentou entre os seus pais ansiosa de escoitar calquera cousa que lle sacase da súa dúbida, e o seu pai dispúxose a narrar o que para el debeu de ser a verdadeira historia dos Reis Magos:
- Cando o Neno Deus naceu, tres Reis que viñan de Oriente guiados por unha grande estrela achegáronse ao Portal para adoralo. Leváronlle regalos en proba de amor e respecto, e o Neno púxose tan contento e parecía tan feliz que o máis ancián dos Reis, Melchor, dixo:
- ¡ É marabilloso ver tan feliz un neno! Deberiamos levar regalos a todos os nenos do mundo e ver o felices que serían.
- ¡ Oh, si! -exclamou Gaspar-. É unha boa idea, pero é moi difícil de facer. Non seremos capaces de poder levar regalos a tantos millóns de nenos como hai no mundo.
Baltasar, o terceiro dos Reis, que estaba a escoitar os seus dous compañeiros con cara de alegría, comentou:
- É verdade que sería fantástico, pero Gaspar ten razón e, aínda que somos magos, xa somos anciáns e resultaríanos moi difícil poder percorrer o mundo enteiro entregando regalos a todos os nenos. Pero sería tan bonito.
Os tres Reis puxéronse moi tristes ao pensar que non poderían realizar o seu desexo. E o Neno Xesús, que dende o seu pobre cunita parecía escoitalos moi atento, sorriu e a voz de Deus escoitouse no Portal:
- Sodes moi bos, queridos Reis Magos, e agradézovos os vosos regalos. Vou axudarvos a realizar o voso fermoso desexo. Dicídeme:
-¿que necesitades para poder levar regalos a todos os nenos?
- ¡ Oh, Señor! -dixeron os tres Reis prostrándose de xeonllos. Necesitariamos millóns e millóns de paxes, case un para cada neno que puidesen levar ao mesmo tempo a cada casa os nosos regalos, pero. Non podemos ter tantos paxes., non existen tantos.
- Non vos preocupedes por iso -dixo Deus-. Eu vouvos dar, non un senón dous paxes para cada neno que hai no mundo.
- ¡ Sería fantástico! Pero, ¿como é posible? -dixeron á vez os tres Reis Magos con cara de sorpresa e admiración.
- Dicídeme, ¿non é verdade que os paxes que vos gustaría ter deben querer moito os nenos? -preguntou Deus.
- Si, claro, iso é fundamental - asistiron os tres Reis.
- Y, ¿verdade que eses paxes deberían coñecer moi ben os desexos dos nenos?
- Si, si. Iso é o que esixiriamos a un paxe -responderon cada vez máis entusiasmados os tres.
- Pois dicídeme, queridos Reis: ¿hai alguén que queira máis os nenos e os coñeza mellor que os seus propios pais?
Os tres Reis miráronse asentindo e empezando a comprender o que Deus estaba a planear, cando a voz de novo se volveu oír:
- Posto que así quixéstelo e para que en nome dos Tres Reis Magos de Oriente todos os nenos do mundo reciban algúns regalos, EU, ordeno que en Nadal, conmemorando estes momentos, todos os pais se convertan nos vosos paxes, e que no voso nome, e da vosa parte regalen aos seus fillos os regalos que desexen. Tamén ordeno que, mentres os nenos sexan pequenos, a entrega de regalos se faga coma se a fixesen os propios Reis Magos. Pero cando os nenos sexan suficientemente maiores para entender isto, os pais contaranlles esta historia e a partir de entón, en todo o Nadal, os nenos farán tamén regalos aos seus pais en proba de cariño. E, arredor do Belén, recordarán que grazas aos Tres Reis Magos todos son máis felices.
Cando o pai de Branca rematou de contar esta historia, a nena levantouse e dando un bico aos seus pais dixo:
- Agora si que o entendo todo papá. E estou moi contenta de saber que me queredes e que non me enganastes

E correndo, dirixiuse ao seu cuarto, regresando co seu peto na man mentres dicía:
- Non sei se terei bastante para comprar algún regalo, pero para o ano que vén xa gardarei máis diñeiro.
E todos se abrazaron mentres, a bo seguro, dende o Ceo, tres Reis Magos contemplaban a escena tremendamente satisfeitos.
Ah! por certo! bota da túa casa ese barbudo e gordo impostor de vermello, que é un artificio consumista e que non lle levou regalos ao neno Jesús!!!!

viernes, 19 de diciembre de 2008

CONSELLOS PARA ELEXIR REGALOS NO NADAL

Outro ano máis chega a difícil tarefa de seleccionar os mellores xoguetes para os nenos de entre os millóns de posibilidades que hai o mercado.
Trala ilusión coa que compramos os agasallos, ás veces atopámonos con que o neno non fai caso máis que os primeiros días e ao final invádenos un sentimento de non acertar e de afectar ao noso peto.
O neno escribe a súa carta aos Reis Magos e nós, que queremos o mellor para os nosos fillos, queremos compracerlle, pero ao mesmo tempo queremos que mentres xogue reciba estímulos e que lle axude a crecer dentro da súa idade. Así que nos plantexamos a pregunta: ¿como dar co xoguete perfecto que guste ao neno, fomente a súa curiosidade e desenvolva as súas habilidades?
Un bo xoguete non é necesariamente o que o mercado di, senón que é aquel con capacidade para enganchar ao neno, que non lle dá respostas, senón por contra, estimula as preguntas e exponlle problemas para que os solucione. Por iso ofrecemos algúns consellos para elixir este ano os mellores xoguetes para os nenos:
  1. Non che deixes influír polos anuncios de televisión: Hai xoguetes que se anuncian moito, pero iso non quere dicir que sexan os mellores ou que vaian captar toda a atención do neno. Non queremos dicir que non os compres, senón que é recomendable que non sexan os únicos que veñan no saco de Papá Noel ou nos camelos dos Reis Meigos. Existen moitos produtos educativos, creativos, científicos ou activos con moito valor, que se poden converter no xoguete do ano para o neno.

  2. Ten en conta as afeccións ou os gustos do neno: Os nenos mostran intereses diferentes e son os pais os que mellor os coñecen, e intúen que xoguetes son os máis apropiados para que aprendan mentres xogan. Aínda que cada xoguete proporciona un modo de aprendizaxe, un mesmo xoguete non é igual de efectivo para todos os nenos. Se o neno ten preferencias claras podes orientar os seus agasallos, por exemplo, con xogos de dinosauros, ou manualidades. Pregúntate, ¿cales son as preferencias do neno?, gústanlle os dinosauros, o espazo, as manualidades?.

  3. Por que non probas este ano cun libro, multimedia e un xogo, é dicir, un pack sobre o mesmo tema que cultive a curiosidade do neno?. Tanto se optas por dous ou máis soportes sobre un mesmo tema, ten en conta que cada un estimula a aprendizaxe de xeito diferente, e que a súa combinación resulta enriquecedora no neno.

  4. Faite as preguntas necesarias para descubrir o que o neno aprenderá: Os nenos cando xogan aprenden, por iso, os xoguetes han de responder a varias preguntas: ¿axúdalle a fortalecer a súa autoestima?, ¿fomenta algunha habilidade ou capacidade?, ¿fomenta o seu motricidad?, ¿ensínalle historia, xeografía, música, ou a súa creatividade?. Busca aqueles xoguetes que lles axuden a expresarse, descubrir o mundo e fomentar a súa imaxinación.

  5. Regala libros: Un libro é un excelente agasallo e se ademais acompáñase dunha rutina de lectura xunto aos pais de 10 ó 15 minutos diarios, convérteo no xogo máis interactivo e multimedia do mercado. Un libro contado por un adulto é un excelente punto de xogo no que o adulto pode facer moito polo neno, ao lerllo, gesticular, ou preguntarlle para saber se se decatou, ademais serviralle para aprender moitas cousas. Este Nadal é bo momento para fomentar este excelente hábito, que divirte ao neno, permite interactuar con el e estreitar as relacións familiares. Podes visitar a páxina do recanto do Mik onde atoparás moitas recomendacións de libros.

  6. Racionaliza a compra de xoguetes en Nadal e compra xoguetes durante todo o ano: Os nenos non só xogan en Nadal e debemos fomentar o seu xogo durante todo o ano. É conveniente comprar menos xoguetes agora, que non van aproveitar o suficiente, e ir comprándoos ao longo do ano. Se non podes evitar que nestas datas reciba moitos xoguetes, gárdalle uns cantos e vai dosificándollos durante o ano para que os aproveite mellor.

  7. Escolle os produtos axustados ao teu orzamento e aos valores que queiras promover: En Nadal prodúcese o momento do ano que máis diñeiro gastamos. Non o pases mal porque non poidas comprar o xoguete máis caro. Existen moitas alternativas de alta calidade e prezo adecuado que tamén se axustan ao teu orzamento.

  8. Vixía que o xoguete, libro ou xogo sexa o adecuado para a súa idade: Algúns nenos son máis avanzados para a súa idade e dependen do criterio dos pais para elixir xoguetes de idade superior á que teñen.

  9. Considera as suxerencias dos profesores, outros pais, escolas infantís e especialistas do xogo educativo.

  10. Acode a tendas especializadas no xoguete educativo, e déixache asesorar polos seus expertos.

Non esquezas que a través do xogo e da estimulación os nenos incrementan as súas potencialidades. Xogar fomenta a capacidade para resolver problemas, o pensamento lóxico, promove a creatividade, activa múltiples mecanismos de aprendizaxe como a memoria e inflúe no coeficiente intelectual, cumprindo un papel fundamental na socialización do neno. Xogar é esencial para o desenvolvemento equilibrado do neno e cara á súa preparación para a súa vida adulta. E recordemos sempre as palabras do especialista en educación infantil Jean Château: "un neno que non sabe xogar será un adulto que non saberá pensar".

Información obtida de http://heliosorienta.wordpress.com/2008/11/26/consejos-para-elegir-regalos-educativos-esta-navidad/


jueves, 18 de diciembre de 2008

NENOS E ADOLESCENTES DIFÍCILES II

No anterior post falabamos de que moitos problemas dos nenos se formaban cando os adultos tentaban darlles solución
  1. Negación do problema para evitar etiquetamento de "familia con problemas"
  2. Se afronta de modo non adecuado cando se actúa e non se debería actuar

  3. Cando si, se debe actuar porque existe o problema pero se actúa de xeito equivocado.

Hai un conto grego que di: "un mulo que esta atravesando coa súa carga de leña un sendero habitual, encontrou o camiño bloqueado por un gran tronco que caira a noite anterior e que obstruía o paso. O mulo, despois dun pequeno momento de desánimo, comenzou a empurrar coaa testa o groso tronco pero sen conseguir movelo nin un centímetro. Decidiu entón aumentar os intentos tomando carreira e dando fortes cabezadas; cabezadas que foron cada vez máis violentos ata que o mulo morreu"

De forma non moi diferente, os que interveñen nos problemas, diante de solucións que se mostran ineficaces, no lugar de sustituilas por outras as intensifica convencidos de que non as aplicaron o suficentemente ben.

En moitas ocasións os problemas poden ser vistos como o froito dunha tentativa errónea e reiterada de tratar unha dificultade. Un caso moi frecuente é o dos alumnos considerados "difíciles", alumnos que a diferenza dos outros parecen non seguir con proveito as clases. Nestes casos a miúdo obsérvase unha secuencia de interaccións ríxidas: fronte ao fracaso escolar do neno, o profesor avisa á familia para informarlle e intenta comprender, e asi decátase de que o alumno, debido ás obrigacións laborais dos pais, pasa moito tempo só.

O profesor, para intentar aliviar as presuntas carencias afectivas do neno, decide dedicarlle a máxima atención, pero, paradoxicamente, mentres máis trata de axudalo con manifestacións de interese, menos obtén en aproveitamento escolar.

Ante os fracasos das súas tentativas, o profesor, no canto de cambiar de estratexia, e disminuir asi a atención, auméntaa. A situación continúa agravándose, ata o punto de que o aproveitamento escolar diminúe alarmantemente e o profesor comeza a dubidar das súas propias capacidades educativas.

En casos como este, basta con convencer ao profesor que abandone a súa táctica e polo tanto dedique ao neno a mesma atención que aos outros nenos, producindo enseguida un cambio. O alumno para volver a obter a atención perdida empezará a buscar ao profesor, ao principio con cousas de pouca importancia e máis adiante en cambio intentando gañar a súa aprobación con melloras escolares. O profesor, neste punto, poderá promover cambios posteriores, premiando e felicitando ao neno polos resultados obtidos.

Watzlawick (1974) afirma que a miúdo, de xeito contrario ao que suxeriría o sentido común, son precisamente as desatencións as que facilitan beneficios reais máis que o seu contrario é dicir, o exceso de atención

NENOS E ADOLESCENTES DIFÍCILES

Andrea Fiorenza, no seu libro "Niños y adolescentes difíciles" sostén que moitos dos problemas de comportamento dos nenos se forman sobre a base de respostas e tentativas de solución que os adultos poñen en práctica. Estas respostas cando non son eficaces, rematan por alimentar a dificultade que deberían resolver. Isto non quere dicir que as dificultades se vaian converter en sempre en verdadeiros problemas de difícil solución. Para que isto se verifique é necesario que sexan satisfeitas dúas solucións:
  1. A dificultade afróntase dun modo inadecuado
  2. Diante da persistencia da dificultade aplícase máis da mesma solución, aínda que non funcione

En moitos casos necesitaríase actuar pero non se actúa; négase que o problema sexa un problema que haxa que resolver. Nalgunhas familias unha actitude deste tipo podería derivar do desexo de manter a calquera prezo unha fachada social aceptable. Antes de afrontar o problema, evítase, xa que o etiquetamiento de "familia con problema" é visto como algo máis grave que o problema que habería que afrontar. Négase a idea mesma de ter un fillo con problemas, xa que asumila significaría aceptar a idea de non ser pais capaces de ter e educar a un fillo "normal" e sen problemas e compórtanse coma se o problema non existise. O problema simplifícase dentro dunha visión "optimista desesperada", limitada e simple e así a un neno con dislexia considérase que non é un neno cun problema senón como un neno pouco atento no colexio.

Outro caso é cando se afronta de modo non adecuado cando se actúa, e pola contra non se debería. É dicir advírtese de xeito urxente unha dificultade e inténtase remedialo cando non se debería facelo. Non hai dificultade e solo está na cabeza dos adultos e convertemos a solución nun problema. É o caso de segundo a cal, os pais, convencidos que un neno querido e ben educado debe ser necesariamente un neno feliz e sen problemas, esixen ao seu fillo un permanente estado de alegría. Ante calquera momento de tristura do neno, farán todo o posible por "levantarlle" a moral, impedíndolle desta forma ser espontáneo nas súas reaccións e acabaremos facendo dun neno cos sentimentos que os maiores queremos e non outros pero con sentimentos de derrota e poden chegar a converter unha tristura momentánea nun problema duradeiro consecuencia dos pais preocupados máis do necesario.

Finalmente, está o caso de cando realmente o problema existe pero a intervención que se intenta para buscar remedio eféctuase nun nivel equivocado. Así o profesor que non utiliza a súa autoridade senón que espera que o neno realice os seus deberes de xeito espontáneo.

domingo, 14 de diciembre de 2008

A NECESIDADE DE POÑER NORMAS

Os nosos fillos necesitan pautas e normas para sentirse seguros. Os pais, actualmente, sentímonos confusos e desorientados ao ter que decidir entre seguir a propia intuición, os modelos en que fomos educados e os exemplos que se ven noutros pais e nos medios de comunicación. O resultado é un comportamento contradictorio; resúltanos difícil esixir aos nosos fillos que cumpran coas normas e pautas polas seguintes razóns:
  • Asústanos defraudalos.
  • Non sabemos ou non queremos dicir "non".
  • Non os queremos frustrar,... "xa sufrirán cando sexan maiores".
  • Preocúpanos ser considerados autoritarios.
  • Non queremos que sufran o que nós sufrimos.
  • Compensamos a falta de tempo e dedicación cunha actitude indulxente (e culpable).
  • Temos medo ao conflito e ás súas malas caras
  • Parécenos que actuamos con egoísmo se impoñemos normas que nos faciliten a vida.

A educación perfecta non existe, sobre todo se a consideramos como un conxunto de normas utilizadas como unha receita; non hai un neno igual a outro nin sequera na mesma familia, así que máis que fórmulas estándar, podemos dispoñer de guías para orientarnos en situacións diversas.

É importante que os fillos teñan a oportunidade de ver que na casa hai outras necesidades: que traballan ou repousan. Teñamos presente algo importante, como reflexión final: esta é a única infancia que terán os seus fillos.

  • É importante ser espontáneos, a intuición é necesaria porque son os propios pais os que coñecen mellor aos seus fillos e o modo de axudarlles.
  • A nosa empatía, capacidade para poñernos no seu lugar, permítenos entender os motivos que eles teñen para actuar e reaccionar nunha determinada situación e, dende aí, podemos ensinarlles modos de afrontala. E tamén lles ensinamos iso tan importante para a súa vida que é saberse poñer no lugar do outro.
  • A coherencia é tamén moi importante porque un ten que crer aquilo que quere ensinar. A contradición entre o que se di e o que se fai invalida a norma que ou ben non se cumpre ou leva á mentira.
  • Por iso é tan importante que os pais actúen con seguridade e sen contradicións. É sobre todo cun estilo de comportamento co que os fillos se identifican e ao que imitan. A norma concreta pode ser máis ou menos discutida se se lle transmite unha forma de ser responsable e honesta.
  • Non se trata de adestralo, convertelo en algo que desexamos, terá máis éxito se o axudamos a descubrir as súas capacidades, personalidade,..., e el tamén.
  • Os castigos, en xeral, teñen poucos resultados, sobre todo as humillacións. Un neno criado nun ambiente de discusións, berros, pelexas, pode que reproduza o que viviu. Os castigos en forma de malos tratos físicos ou verbais, converten o neno nunha persoa agresiva ou, no outro extremo tamén insán, en alguén temeroso con serias dificultades para convivir.

Resumo do artigo de Javier Rodríguez publicado Instituto Superior de Formación y Recursos en Red

jueves, 11 de diciembre de 2008

A CLASIFICACIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS DA COMUNIDADE DE MADRID

Hoxe estiven en Madrid e comprei "O Pais" e nas páxinas dedicadas á Comunidade atópome cuns resultados dunhas probas de "coñecementos e destrezas indispensables" (cálculo, problemas matemáticos, ditado, lectura e cultura xeral) que llas aplican a todos os alumnos de sexto de primaria.
A proba se pasou en maio a 57.000 nenos de 12 anos de 1208 colexios públicos, privados e concertados ( todos menos un que decidiron obxectar). Quedaron exentos os nenos chamados de compensatoria: inmigrantes que non coñecen o idioma, nenos de incorporación tardía, xitanos que estaban sen escolarozar e nenos con necesidades educativas especiais.
Suspenderon dous de cada cinco nenos.
Nestes resultados non se teñen en conta variables como: a situación do profesorado, a situación do colexio, o absentismo, as condicións socioeconómicas do entorno, a porcentaxe de inmigrantes; só avalían coñecementos.
Os dous colexios que obtiveron un 100% de aprobados foron un público e outro privado. O público tiña unha clase de 6º con 25 alumnos dos cales 7 eran de compensatoria e 3 faltaron ese día; os 15 que realizaron a proba aprobaron. No privado aprobaron os 60 alumnos de 6º, colexio cun alumnado de fillos ou netos de militares ou persoal civil do Ministerio de Defensa; centro sen inmigrantes onde o seu lema é "esixencia de esforzo"
Os dous peores centros son dous guetos con pouco profesorado, por suposto públicos; un co 80% de alumnado xitano e o 20% restante inmigrante, aínda que o profesorado di que este non é o problema senón a situación socioeconómica, cun altísimo nivel de absentismo, nula motivación e normas de comportamento social; no outro non acoden ao colexio xa que os levan ao mercado e se están matriculados é por obriga.

Con estes datos, a Conselleira de Educación, di que "é unha axuda máis para elixir centros" para os pais
Para os sindicatos "é un erro con pésimas consecuencias para os centros que obtiveron as peores notas"

Eu considero:
  1. Estas probas deberían servir para a mellora do sistema, do centro e de cada profesor


  2. A avaliación require certas condicións


  3. No ensino non é posible a comparación, xa que as condicións non son iguais e polo tanto non é posible facer "rankings"


  4. Como dixen antes os resultados deberían servir para mellorar. Os resultados sabíanse en xuño; pois aos dous centros con peores notas reducíronlle profesorado en setembro, segundo os seus xefes de estudios.

Segundo a LOE, este curso deberanse pasar, aos alumnos de 4º de primaria, probas similares a estas en todos os centros de España.

lunes, 8 de diciembre de 2008

O que os adolescentes esperan escoitar


¿De que falamos co noso fillo adolescente? Quizais, o primeiro que se nos vinga á cabeza sexan os berros a causa das notas ou porque a fin de semana chegou máis tarde do habitual á casa. Ás veces, intentar comunicarse cun adolescente en crise é unha das tarefas máis difíciles.
Se nos descoidamos, a nosa relación pode reducirse perigosamente a reconvencions e críticas...
E, non obstante, o noso fillo ten unhas necesidades especiais de comunicación: espera que tomemos a iniciativa.
As cinco mensaxes que a maioría dos adolescentes - o noso fillo tamén - están a desexar oír dos nosos labios son:


  1. ORGULLOMENSAXE PRIMEIRA: "Estou orgulloso de ti".
    Con esta frase tan simple, axudamos a construír a autoestima do noso fillo. É probable que lla digamos cando consegue algún éxito, pero un adolescente necesítaa especialmente cando falla. Estamos orgullosos del porque é o noso fillo... e non fan falta máis motivos. E, non obstante, moitos adolescentes de hoxe en día poden non ter a sorte de escoitar esta mensaxe a miúdo.
    Deberiamos estar orgullosos do noso fillo e recoñecelo polo que é e polos esforzos sinceros que fai por mellorar, o sin comparar con outros e sin establecer metas arbitrarias como sacar todo sobresaínte, por exemplo. Sentirse orgulloso dun fillo non debería ser polos puntos anotados nun partido de baloncesto, por exemplo, nin das notas conseguidas.
    Pode que resulte difícil estar orgulloso dun fillo cando toma decisións equivocadas ou cando falla. Non obstante, nunca, nunca, debemos permitir que se esfume o cariño. Cando falle, non diremos: "non chegarás nunca a ningunha parte". Un simple descoido e catro ou cinco palabras poden chegar a ferirlle profundamente. No noso fillo adolescente fan o efecto de: "estou desgustado contigo como ser humano".

  2. AQUÍ ESTOU
    MENSAXE SEGUNDO.
    "Podes acudir a mi para que che faga falta; sempre estarei aquí para escoitarte".
    Un adolescente dá moita importancia a poder acudir aos seus pais cando existen problemas; aínda que exista rebeldía, nos momentos difíciles necesita ter unha seguridade: "os meus pais están aí". Non obstante, se non lle poñemos atención cando o está a pasar mal, lle estaremos a dar unha boa razón para que se apañe por si só e busque consello e axuda noutros lugares.
    Hai que escoitalos, sen querer falar e pontificar continuamente. Así, deixamos claro ao noso fillo que: "Es importante para mi", "preocúpome das cousas nas que ti estás interesado", "gústame escoitar as túas ideas e opinións". Escoitar con atención tamén estimula o desexo de falar dos fillos. Constrúese un ambiente de respecto e afecto mutuo.

  3. COMPRENSIÓN
    MENSAXE TERCEIRA: "Quero comprenderte"
    Ás veces, é frustrante ser pai. Continuamente oíndo os prexuízos dos quinceañeros que afirman que somos unha xeración antiga e que non os comprendemos... Non hai dúbida; é difícil comunicarse cos adolescentes.
    Moitas veces, cando o noso fillo nos acusa de que non lle comprendemos é tan só un xeito de defenderse.
    Confunde "non comprender" con "non estar de acordo", polo que non habemos de deixar que nos manipule. Se nos acusa de que non lle comprendemos, habemos de dicir ao noso fillo que nos axude: "Quero comprenderte, cóntame máis, que sentes "... ".
    Se temos a sospeita de que o único que acontece é que simplemente non estamos de acordo con el, podemos repetir o que nos di, os seus argumentos, as súas ideas, ata que se dea por satisfeito e entón: "Ves que comprendo o que queres dicir e por que; se non é así, quero chegar a comprendelo. Pero paréceme que o noso problema non é de falta de comprensión senón de falta de acordo".

  4. CONFIANZA
    MENSAXE CUARTO: "Confío en ti".
    Contar coa confianza dos seus pais é importante para un adolescente. "O máis daniño que me dixeron os meus pais na miña vida foi que nunca poderían volver confiar en min".
    O noso fillo necesita que lle digamos que a nosa confianza nel se desenvolverá gradualmente na medida en que adquira novos coñecementos e experiencias nesas situacións que requiran a confianza. Non podemos pretender que o noso fillo de quince anos conduza un coche - á parte de que é ilegal - porque non ten a experiencia necesaria que nos permita confiar no seu bo xuízo.
    Pero hai outra razón pola que nos custa tanto aos pais confiar nos nosos fillos. Coñecémonos ben a nós mesmos e, seguramente, experimentamos de primeira man todos os riscos, situacións e perigos desta etapa. Sabemos qué doado é ceder ás presións do ambiente cando non se está preparado. Isto prevennos de dar aos nosos fillos unha confianza sen límites.
    De feito, non estariamos a facer ben o noso traballo de pais se permitimos que os nosos fillos se atopen en situacións onde o grao de risco é máis elevado que o seu nivel de madureza.

  5. CARIÑOMENSAXE QUINTA: Quérote".
    Ás veces, podemos perder moitas oportunidades de expresar amor e cariño - e de recibilo - só porque non nolo habemos propostos como un obxectivo consciente. E, non obstante, é a mensaxe máis importante que rapaces e rapazas queren oír dos seus pais.
    O amor é o ingrediente esencial dunha familia sa. Un quéroche", dito en voz alta e a miúdo, axúdanos a saber quen somos e por que nacemos. Cando un adolescente non está seguro do amor dos seus pais, as outras catro mensaxes anteriores non significan nada. Necesitan que lle digan que os queren e que llo demostren. ¿Como poden estar seguros de que os queren se nunca lleso dixeron? ¿Como poden estar seguros se os seus pais nunca pasan o tempo con el?
    O xeito de demostrar o amor a un fillo deletréase con estas letras: T -I - E - M - P - O. Darle regalos, provelo de comida e roupa, mostrarlle cariño doutras maneiras está ben, pero tamén hai que estar disposto a perder tempo co noso fillo adolescente: ir de pesca, ir de tendas xuntos...
    Relacionarse, comunicarse, custa traballo. Isto acontece no matrimonio, na amizade... e na relación entre pais e fillos. Cun adolescente custa máis, porque crece e gaña máis independencia constantemente, e por iso pode chegar a frustrarnos. Non deixemos que aconteza na nosa familia.

Artigo obtido de: FAMILIAE Psicoterapia

domingo, 7 de diciembre de 2008

NON É VERDADE (manifesto pedagóxico)

O equipo da rede IRES (Investigación e Renovación Escolar) invítanos a asinar un manifesto onde mostran a profunda preocupación pola difusión de crenzas sobre a escola española que distorsionan gravemente a realidade, xeneralizando unha forma de pensar segundo a cal se di que na escola se ensinan poucos contidos, se fan actividades irrelevantes, os niveis de esixencia baixan, os alumnos e alumnas son peores cós de antes e hai “moita pedagoxía” e pouca ensinanza.


Se queres ler o manifesto pica:




Se queres asinar o manifesto:



jueves, 4 de diciembre de 2008

TÉCNICAS PARA TRATAR AS RABECHAS

As rabechas consisten en berrar, chorar, dar patadas, tirarse ao chan ou patexar, como reacción do neno ante a negativa a unha petición, capricho e contrariedade aos seus desexos

A primeira actuación sería a de prevención; os pais van descubrindo as situacións ou circunstancias que provocan unha rabecha e polo tanto poden evitalas. Reforzar e eloxiar o seu bo comportamento é un xeito de mostrarlle como esperamos que actúe, especialmente cando o facemos en situacións que poden rematar nestes comportamentos negativos.
Outra medida preventiva é evitar someter o neno a situacións insoportables para el: un neno pode estar un anaco nun centro comercial, pero élle insoportable pasar unha mañá de compras coa súa nai. Sería interesante previr a rabecha establecendo un pacto co neno ao anticiparlle que imos pasar un anaco longo no súper e que vai poder comer unhas lambetadas.
Un neno de entre 5 e 7 anos resúltalle insoportable unha viaxe de tres horas, seguro que na metade do traxecto provoque unha rabieta. Evitaremos a rabecha se preparamos uns lapis de cores, uns contos, uns crebacabezas para que a viaxe sexa máis levadeira

A pesar das medidas preventivas, os pais por experiencia perciben que a rabecha está a punto de explotar. Neste momento pódense empregar algunhas técnicas:

  • Intentar desviar a atención do neno cara a outro obxecto ou situación que o atraia cambiando o foco de atención do que pode provocar a rabecha

  • Recordarlle a recompensa que lle espera. Un neno pode provocar unha rabecha cando o tempo do parque remata; os pais poden intentar evitar a súa explosión recordándolle que ao chegar á casa se van bañar e vanlle contar un conto

  • Tamén lle podemos recordar as normas e as consecuencias

Cando a rabecha explota xa é imposible razoar co neno nin dialogar. Neste caso a técnica que hai que utilizar é ignorala. É a técnica máis efectiva para tratar as rabechas: ignoralas dunha forma sistemática, xa que a maioría solo perseguen chamar a atención aos seus pais. Cando isto ten lugar, o pai apártase do neno, retírao do lugar se pode facerse dano e segue actuando sen atendelo coma se non pasase nada. Se o neno está nun lugar seguro podemos apartarnos do seu lado; normalmente les perseguira porque a rabecha necesita público.Os pais non deben facer ningún comentario nin mirar ao neno xa que unha breve mirada pode prolongar a pataleta.Cando a rabecha remata, tampouco se debe se facer ningún comentario, porque sería outra forma de poñer atención. Acóllese o neno coma se non pasase nada.
Ás veces non podemos ignoralo como é o caso dos lugares públicos; neste caso emprégase o "tempo fóra" que consiste en apartar o neno de calquera actividade durante un tempo limitado; colócase o neno nun lugar apartado, aburrido e seguro: por exemplo unha cadeira.

Despois da rabecha pódese utilizar "retirada de privilexios". A retirada de privilexios vai en función da idade: ver debuxos animados, xogar co seu xoguete preferido, facer unha actividade que le gusta...La retirada de privilexios debe ser por un tempo determinado (o ideal en pequenos é unha tarde ou unha mañá) xa que retiradas dunha semana deixan de ter efectividade.



En resumo, as técnicas a empregar son: previr as situacións que poden provocalas, actuar cando está a punto de explotar desviando a atención, recordando normas, consecuencias e recompensas, e unha vez que explota, tratar de ignorala, a técnica do tempo fóra ou a retirada de privilexios

lunes, 1 de diciembre de 2008

TODOS GAÑAMOS

Atopei esta fermosa historia de rapaces discapacitados nas "Olimpíadas Especiais", unha lección de amor para todos. Sin egoismos, nin competencia desleal, nin superioridade e moito menos discriminación. Só hai grandeza e pureza nos seus corazóns... inxustamente categorizalos "discapacitados"...






Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.