Cando os pais cren que deben facelo todo polos seus fillos, talvez os nenos non aprendan a ser responsables por si mesmos. Os bos pais son aqueles que fan menos cousas polos seus fillos, deixándolles asumir responsabilidades a eles. Este é un exemplo en que menos é máis.
Os pais con demasiadas ganas de axudar arríscanse a incapacitar emocionalmente os seus fillos. O meollo da cuestión é que os pais arrebatan o poder aos seus fillos cando fan por eles cousas que eles poden e deben facer por si mesmos. A axuda debe ofrecerse cando foi previamente solicitada e debe ir dirixida a axudar ao neno a utilizar os seus propios recursos para solucionar o problema.
Se os nenos din que necesitan axuda, a pregunta que hai que facer é: ¿Que che gustaría que fixese eu? Os nenos que pediron axuda outras veces ofrecerán unha resposta razoable. Os nenos aos que se lles prestou demasiada axuda teñen problemas para contestar porque non analizaron o que necesitan para poder identificar os recursos que eles mesmos non posúen. Se o pai é selectivo á hora de prestar axuda, o neno aprenderá a ter máis recursos.
Os bos pais dan oportunidades aos seus fillos para que aprendan a pedir axuda e a controlar a súa capacidade para soportar a frustración, á vez que aguantan o seu propio desasosego cando ven os seus fillos intentando solucionar un problema que os supera.
"Como ser mellores pais" de Gloria Marsellach
MIRADAS DE APOYO
-
[image: miradas de apoyo]
Hemos empezado nuestro grupo de Apoyo con la web Miradas de Apoyo(1), para
trabajar la planificación centrada en la persona. Nues...
Hace 7 horas

0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada