lunes, 22 de junio de 2009

Despedida do curso no Mestres Goldar

Isto de estar en dous colexios é unha marabilla: dobres festivais, dobres alegrías, pero tamén dobres tristuras. Hoxe tocoume unha tristura: o meu último festival no colexio Mestres, que pena, un colexio onde me sentín feliz, onde os alumnos sen dúbida: o mellor e sen esquecer os compañeiros: estupendos, nunca me encontrei un centro coa dedicación do profesorado como este: Alfonso un encanto, a Anpa sempre aí. Eu simplemente teño que dicir "GRAZAS" por todo: FIXÉSTESME SENTIR UN VERDADEIRO PROFESIONAL.
Deixémonos de melancolías e ao gran. Como sempre Toniño preparounos algo espectacular: o festival xirou en torno a dous grandes eixes: os alumnos de infantil que se fan maiores e os alumnos de sexto que nos deixan.Estas son as fotos do festival:








Toniño exercendo de mestre de cerimonias:


Os de Infantil romperon a bailar:


E logo os de tres anos entregaron os diplomas aos de cinco:

O protagonismo pasou aos alumnos de sexto. A súa mestra "Luz" entregoulle os diplomas:


Nos deleitaron con cantigas:


E a festa rematou cun baile de todos os nenos de Primaria e agasallos do ANPA

2 comentarios:

Mik dijo...

Botarémoste moito de menos, Ubaldo, como profesional e como compañeiro. Foi un pracer compartir contigo este tempo no que o traballo é moito máis agradable cando se está rodeada de persoas coma ti. Espero que sexa unha despedida temporal e que pronto volvas polo Mestres Goldar.
Unha aperta,
Mik e Julia

Anónimo dijo...

Gracias a Dios, yo no te echaré de menos porque seguiremos en contacto todos los martes, pero si me da mucha pena que dejes el cole, sobre todo porque sé lo a gusto que estas. Estoy convencida, sin embargo, que va a ser una situación provisional y que en breve tu vas a ser nuestro "orientador y guia" y que veremos tu alegre careto mañanero muy promnto. Un besazo y hasta la próxima comida, cena, cervecita, cafecito...

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.