miércoles, 14 de octubre de 2009

Autonomía e hábitos

A autonomía ten moito que ver coa madurez persoal e é determinante no comportamento en diferentes situacións escolares, familiares ou sociais ao longo da vida do individuo.

A autonomía posibilita que o individuo tome decisións e resolva de forma activa os requirimentos e as esixencias coas que se encontra, baseándose na análise da realidade e dos factores que a determinan.

A autonomía non se logra só cos hábitos, xa que existen persoas que, sen ter uns hábitos nas idades correspondentes, a partir de certa idade teñen autonomía e son capaces de tomar decisións e resolver calquera situación que se lles presente.

Tampouco se pode dicir que os hábitos garantan o proceso madurativo e a adquisición absoluta da autonomía en todos os seus aspectos xa que, ademais das variables ambientais, coa idade, o individuo chegará a asumila ou rexeitala

O que se pode afirmar é que, dende as primeiras idades, a autonomía é un factor favorecedor da madureza persoal, que permite previr posibles dificultades e inadaptacións, e que os hábitos constitúen un elemento positivo e, pola súa cotianidade, un aspecto educativo que é imprescindible abordar e cuxas repercusións en todos os casos serán positivas

COMELLAS, M.J. Los hábitos de autonomía. Proceso de adquisición. Ceac.2002

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.