domingo, 25 de octubre de 2009

Xornadas de Bibliotecas Escolares

No colexio, como xa sabedes, estamos intentado darlle un pouco de vida á nosa biblioteca.

Durante este fin de semana celebráronse en Santiago as xornadas de bibliotecas escolares co tema central "novas lecturas, novos lectores"
Xuntámonos no "pazo de congresos" de Santiago preto de 1200 mestres e mestras comprometidos coas bibliotecas e con moitas gañas de aprender.

Eu, sendo novato nestes temas, debín ser o que máis aprendín, xa que case todo era novo para min e por suposto que, se xa estaba convencido de que a lectura debe ser o motor que faga funcionar un colexio, agora o estou plenamente.

O tema central, "novas lecturas, novos lectores", trataba de facernos ver que o novo contexto social e tecnolóxico que vivimos na actualidade require duns cambios metodolóxicos moi profundos.

Así Daniel Cassany falounos dos "nativos dixitais" (os nacidos despois do 93) e dos "inmigrantes dixitais" (os nacidos antes do 93). Os "nativos dixitais" len e escriben de maneiras diferentes a como o facemos os "inmigrantes dixitais" e polo tanto a biblioteca escolar ten que ter en conta estes cambios profundos.

Luis Iza , Inspector de Educación de Navarra, falounos de como o "plan lector "debe contemplar a mellora da competencia lectora dos alumnos e alumnas tendo en conta o contexto actual onde a información dispoñible é inmensa e en soportes novos.

Guadalupe Jover redefiniu o lugar da lectura literaria na escola do século XXI que non pode quedar en mans do azar ou do mercado.

Tíscar Lara defendeu que a linguaxe dixital, coas súas propiedades de hipertextualidade e multimedialidade, combindas coa conectitividade e mobilidade permiten a construción de narrativas antes inimaxinables a través da fragmentación dos contidos, a actualización constante de información e a interacción entre múltiples actores do proceso comunicativo.

Gloria Durban afirma que a biblioteca da escola ha de facilitar a calidade da acción docente e a consecución do currículo promovendo a realización in situ de intervencións didácticas concretas, debendo ser un espazo diferenciado no centro, distinto á aula e complementario aos ámbitos virtuais de aprendizaxe dispoñibles na Rede.

Tamén houbo unhas exposicións das prácticas lectoras dos centros, en concreto nos falaron de:
"Proxectos lectores en desenvolvemento": o IES TERRA DE SONEIRA de Vimianzo e CEIP STO PAIO DE ABAIXO de Redondela
"Clubs de lectura": IES DE ALLARIZ e CEIP XOSÉ Mª BREA SEGADE de Rianxo
"Hora de ler" IES RIO MIÑO de rábade e o CEIP A PEDRA de Bueu

Como peche das xornadas, poideron disfrutar, eu non porque tiven que marchar, do humorista Carlos Blanco que segundo me contan fixo rir a todo o mundo.

Parabéns a organización que foron capaces de organizar durante dous días a 1.200 persoas.
Temos unha completa reportaxe no SEGREL DO PENEDO

1 comentario:

Mik dijo...

Pois sí que eres un alumno aplicado! Un resumo digno de un "sobre", como ten que ser!!

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.