martes, 17 de noviembre de 2009

Internet

Na páxina http://www.protegeles.com/ hai un estudo realizado polas ONGs ACPI (Acción Contra a Pornografía Infantil) e PROTEGELES para o Defensor do Menor.

Nota dos autores do estudo:" É importante recordar que a porcentaxe de menores de 18 anos que utiliza internet de forma habitual en España apenas supera o 25%. Os datos que se facilitan neste estudo son relativos só aos costumes dese 25% de menores, e non ao total dos menores españois" .
Dos datos do estudio dedúcese:

  • Un 87'5% dos menores realiza accesos desde a súa propia casa.
  • Mais dunha terceira parte: un 36%, accede tamén desde cibercentros.
  • O 44% accede desde casa dun amigo/a.
  • Só 18'5% un accede desde o seu centro escolar, como primeira ou segunda opción.
  • Á hora de buscar e atopar información para realizar os seus traballos escolares, a metade dos menores ( 49'5 %) atopa con facilidade a información necesaria para realizar os seus traballos. Pola contra un 42 % atópaa só ás veces e outro 8'5 % conségueo en poucas ocasións.
  • Só un 40'5 % dos alumnos enquisados atopa con frecuencia e facilidade páxinas para menores en internet, fronte a un 37'5 % que só o consegue ás veces e un 22 % que o logra só en poucas ocasións.
  • Un 28% dos menores entra en páxinas pornográficas : un 19% en ocasións e un 9% con frecuencia.
  • Un 38 % dos menores entra en páxinas de violencia: un 30% en ocasións e un 8% con frecuencia.
  • Un 16 % dos menores entra en páxinas de contido racista e/ou xenófobo: un 13% en ocasións e un 3% con frecuencia.
  • O 45 % dos menores utiliza os chats varias veces á semana : un 27% case a diario e un 18% varias veces por semana. Do resto un 17 % faio unha vez á semana e outro 38 % en menos ocasións aínda: 2 ó 3 veces ao mes. O chat é probablemente a ferramenta de internet máis utilizada polos menores.
  • Un 56%, conéctase a chats específicos para a súa idade . Outro 28% faio en ocasións e un 17% nunca utiliza este tipo de salas.
  • O 18% dos menores accede a chats específicos sobre sexo , porcentaxe ao que hai que engadir outro 8% de menores que entraron nalgunha ocasión .
  • O 30% dos menores que habitualmente utiliza internet facilitou xa o seu número de teléfono nalgunha ocasión durante as súas conexións, e que ata un 17% afirma habelo feito en varias ocasións.
  • O 16% dos menores enquisados facilitou a súa dirección a través de internet . Un 9% afirma ata habelo feito en varias ocasións.
  • O 14'5% dos menores enquisados concertou unha cita cun descoñecido a través de internet e outro 8% fíxoo en máis dunha ocasión . puidemos constatar que un 10% dos menores, ademais de acudir á cita, presentouse só; e que outro 7% nin tan sequera aviso a outras persoas sobre a súa intención de acudir a devandita cita . A maior parte dos menores que acode á cita, o 9% dos enquisados, recoñece que se atopou cunha persoa que non resultou ser como esperaba, e un 2% sinala que ademais se trataba dun adulto . Outro 4% acudiu á cita e non atopou a ninguén.
  • O 54'5% dos menores non recibiu información algunha sobre as normas básicas de seguridade á hora de utilizar internet.
  • O 86% dos menores accede aos contidos que circulan por internet desde computadores que non dispón de sistemas de filtrado.
  • Un 44% dos menores que navega con regularidade, sentiuse acosado/a sexualmente en internet nalgunha ocasión . De entre eles, un 11% recoñece ser vítima desta situación en diversas ocasións.
  • Neste sentido un 11% dos menores que habitualmente utiliza internet foi vítima de insultos por parte doutros internautas, un 4% recibiu correos non solicitados con contidos desagradables e outro 1'5% afirma sentir medo nalgunha ocasión.
  • Centrándonos na conduta delituosa máis xeneralizada e cuxa ilegalidade adoita ser tamén descoñecida pola maioría dos menores: a copia de determinados materiais protexidos por dereitos como o dereito de autor e outros, observamos que unha porcentaxe cada vez maior de menores copia fundamentalmente música, discos enteiros, utilizando determinados programas que o posibilitan. Un 40% dos menores que se conectan a internet con regularidade recoñece buscar música a través da Rede , tendencia que vai aumentando coa idade
  • Un 37% dos menores que se conecta habitualmente a internet recoñece "sentir a necesidade de conectarse a internet con frecuencia".
  • O 23% dos menores que se conectan con regularidade xoga en case todas as conexións que realiza. Outro 17'5% na metade das ocasións, un 12% nunha de cada tres e finalmente un 44% nunha cuarta parte das conexións que realiza. Doutra banda hai que sinalar que un 3'5% afirma non xogar nunca a través de internet.



No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.