Departamento de Orientación do CEIP "Otero Pedrayo": septiembre 2009

jueves, 17 de septiembre de 2009

Entrevista inicial aos pais dos nenos de tres anos

Durante o mes de setembro teño unha entrevista con cada un dos pais dos alumnos de tres anos.Esta primeira entrevista ten unhas características especiais:
1º.- Non é demandada polos pais
2º.- Coa maioría dos casos trabállase coa presunción de normalidade

ANTES DA ENTREVISTA
  • Os pais son informados que haberá unha entrevista co Orientador e que o motivo desta é de obter información sobre os seus fillos para así poder axudarlles no seu desenvolvemento
  • Os pais xa me coñecen antes da entrevista porque estou presente na primeira reunión e ademais me ven na entrada e na saída do colexio xa que deliberadamente estou durante o período de adaptación

DURANTE A ENTREVISTA

A finalidade da entrevista é coñecer a dinámica do neno e os seus vínculos familiares sen ningún fin terapéutico.

Procuro esta primeira vez xerar un vínculo onde sexan eles os protagonistas e que se dé un clima na relación que tenda a que se sintan cómodos e distendidos.

Durante a entrevista utilizo o reforzamento positivo e ao final, como pechando a entrevista, pregunto se hai algo máis que non comentásemos, algo que lles pareza importante que saibamos no colexio; e aquí, en ocasións aparece a verdadeira preocupación dos pais.

Con esta entrevista fágome unha idea de como é o neno, como son os seus pais, que tipo de funcionamento prima no neno, que tipos de vínculos existen.

DESPOIS DA ENTREVISTA

  • Quedou aberta unha canle para que poidamos ter outras tanto si son demandas dos pais ou do colexio
  • A información obtida axúdame á hora de pensar en estratexias a seguir con cada familia
  • Este primeiro contacto cos pais logra posteriormente que haxa demandas pola súa parte
  • Algúns aspectos da información recollida é transmitida á mestra co fin de brindar un coñecemento que poida serlle útil no seu quefacer diario e entendan dende outra perspectiva a conduta do neno

lunes, 14 de septiembre de 2009

ASPANAEX: marcha solidaria

A Asociación Aspanaex (Asociación a favor das persoas con minusvalidez intelectual da provincia de Pontevedra) organiza dende hai 26 anos, na cidade de Vigo, unha MARCHA SOLIDARIA, camiñando 9 quilómetros pola cidade para defender os dereitos das persoas con minusvalidez intelectual.

A marcha solidaria, este ano, sairá do parque de Castrelos ás 10,30 horas do domingo día 4 de outubro, regresando ao parque de Castrelos e procedendo a un sorteo de regalos entre os participantes.

martes, 8 de septiembre de 2009

¿cómo voltamos ao cole?

No blog bibliotics atopei esta imaxe que nos adianta como chegarán os nenos e nenas o próximo xoves ao colexio



lunes, 7 de septiembre de 2009

O primeiro día de escola

O próximo xoves 10 empezará unha nova etapa na vida de moitos nenos: a súa vida escolar.

Os pais deben prepararse para este momento evitando transmitir a súa angustia ao neno

Estes son algún consellos para estes primeiros días de colexio:

  1. Non lle transmita ao seu fillo medo nin ansiedade. Se o fai, el vaina sentir e o seu comportamento será de inseguridade.
  2. Manteña un ambente tranquilo na casa. É normal que o seu fillo exprese medo e ansiedade por ir ao colexio e que vostede tamén estea nervioso. Fale co seu fillo sobre ir ao colexio e sobre o que fará alí. Se ten fillos, nenos de amigos ou sobriños máis grandes, pídalles que lles conten algunhas das súas experiencias ao seu fillo. Trate de que estas conversacións sexan informais para que o seu fillo non se sinta intimidado ou abrumado
  3. Prepare ao seu fillo realizando a rutina que fará dende o primeiro día de clases: levánteo cedo, báñelo, acompáñelo a almorzar e realice con el varias actividades lúdicas.
  4. Teña todo preparado para o día definitivo: non permita que a vostede se lle faga tarde, poña o espertador. Os nenos angustíanse cando os seus pais berran ou teñen que correr porque están pasados de tempo.
  5. Evite dar instrucións como: non fales, non pelexes, non grites. Esto xera angustia.
  6. Conte ao neno quen estará o primeiro día de clase, a que hora irá a recollelo. Dígalle situacións concretas, para que se sinta tranquilo.
  7. Cumpra o que promete.
  8. Dígalle o importante que é que asista ao colexio a aprender e que estea con outros nenos.
  9. Acompáñelo ata a porta do colexio e dígalle o moito que o quere e o importante que é para vostede.
  10. Se o neno queda chorando, o conveniente é deixalo alí, porque co tempo el se irá adaptando e comprenderá que esa é a súa misión. Ademais, é unha resposta á ansiedade que está a manexar e canto máis cedo se acostume, menos traumático.
  11. Os pais deben recibilo con abrazos e bicos. Ademais, deben preguntarlle sobre o que fixeron, os amigos que conseguiu

Artigo relacionado: "UN NOVO COMPROMISO: A VOLTA AO COLE"

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.