martes, 19 de enero de 2010

Fillos maltratadores

Javier Urra, psicólogo que saltou á fama cando foi nomeado defensor do menor na Comunidade de Madrid, escribiu "o pequeno ditador" onde afirma que existen moitos máis casos de fillos acosadores dos que cabe imaxinar. Nenos consentidos, sen conciencia dos límites, que organizan a vida familiar, dan ordes aos seus pais e chantaxean a todo aquel que intenta frealos; mozos que enganan, ridiculizan aos seus maiores e ás veces rouban; adolescentes agresivos que desenvolven condutas violentas. En definitiva, fillos desafiantes que rematan impoñendo a súa propia lei.

Javier Urra dí que as causas da tiranía son:
  1. Unha sociedade permisiva que educa aos nenos nos seus dereitos pero non nos seus deberes. Para non traumatizalos, se lles cede, permite e ofrece todo aquelo que non tiveron seus pais ou avós
  2. Uns medios de comunicación cunha cascada de actos violentos que difuminan a gravidade dos feitos. Ademáis a televisión é utilizada por moitos pais como "canguro" o que invita ocasionalmente á violencia gratuita e amoral.
  3. O gran cambio que se produciu na forma de vida. Os nenos pasan moito tempo sós; non viven ao seu ritmo; non hai tempo para escoitar, contar contos, ou xogar cos fillos
  4. Unha estructura familiar que se modificou: familias cun fillo ao que non lle pode faltar as "zapatillas de marca"; moita desestructuración de parellas de adultos que revirten negativamente nos fillos.
  5. Diferencias educativas entre pais e profesores; normalmente o mestre controla e contén aos nenos; o que a nai non consigue cos máis pequenos a mestra o soluciona sin problemas: recoller xoguetes, poñerse o abrigo. Socialmente non se recoñece a labor dos colexios

Estas son algunhas das causas para Javier Urra das conductas tiránicas co cal eu estou de acordo.

Un bo libro para comprender este problema social

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.