sábado, 16 de octubre de 2010

O ordenador na aula

O Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas (CITA) de Peñaranda preparou unha guía práctica sobre o papel do ordenador na aula para que os profesores aproveiten ao máximo o seu grao de competencia.
Partindo de que o ordenador non é un obxecto invasor nin un foco de atención, senón un elemento máis que debe ser integrado na estratexia de ensino-aprendizaxe na forma e medida que facilite a acción educativa ou estimule unha competencia concreta, entre outras suxestións, aconséllase aos profesores:
  1. Establece na túa aula tres momentos diferentes
    1. Ordenador pechado (non pode utilizarse o ordenador)
    2. O ordenador é un complemento e pode utilizarse para consulta, clarificación, etc.
    3. A tarefa esixe ordenador.
  2. Non te metas en camisa de once varas. Incorpora o ordenador a tarefas nas que o teu grao de competencia che permita facer o seguimento do traballo dos teus alumnos.
  3. A todo hai que afacerse. Ata que o ordenador sexa un elemento máis do ambiente educativo, planifica cada momento en que vaia utilizarse, de forma concreta e para todo un trimestre. Faino progresivamente. No comezo, o uso do ordenador será menor que cando exista o hábito tanto pola túa banda coma por parte dos alumnos.
  4. O ordenador non che fai as tarefas que ti non saibas facer. Só che facilita o camiño. Acostuma os teus estudantes a realizar esquemas ou bosquexos antes de poñerse directamente cunha aplicación. Na medida que as túas destrezas e as súas o permitan, eses pasos previos poden realizarse en papel ou co mesmo ordenador.
  5. Ás veces necesitamos desaprender. Nos primeiros días, prepara algunha sesión cos teus alumnos na que os hábitos dubidosos, as manías ou conceptos equivocados sobre o ordenador na aula, poidan aflorar.
Visto en http://www.lecturalab.org/story/Tips-para-profesores-que-quieren-introducir-el-ordenador-en-el-aula_1841

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.