Departamento de Orientación do CEIP "Otero Pedrayo": enero 2010

domingo, 31 de enero de 2010

Como aprenden os nosos fillos condutas agresivas

Da páxina de Francisco José Fernández obtiven este interesante documento:
POR QUE OS NOSOS FILLOS APRENDEN A SER AGRESIVOS ?
  • Os nenos aprenden a comportarse agresivamente por observación doutros modelos agresivos
  • Os pais que castigan os seus fillos mediante violencia verbal ou física convértense en modelos agresivos para estes.
  • O neno que está exposto a modelos de comportamento agresivo como a TV, o cine ou persoas adultas representativas para el tende a ser agresivo.
  • Se ante unha mesma conduta agresiva reaccionamos de diferente modo dependendo do noso estado de ánimo esa conduta se reforza.
  • Os pais pouco esixentes que fan sempre o que o fillo quere, acceden ás súas demandas e permítenlle unha gran cantidade de liberdade están a fomentar futuros comportamentos agresivos.
  • Os pais que desaproban constantemente o fillo, que non adoitan darlle afecto, comprensión ou explicacións ao tempo que nunca dan razóns cando exercen a súa autoridade, están a fomentarpoderosamente os comportamentos agresivos.
  • Cando o pai rifa o fillo por un comportamento agresivo e a nai non, ou viceversa, ese comportamento tenderá a repetirse.
  • Os pais que desaproban os comportamentos agresivos dirixidos cara a eles pero á vez ignoran as condutas agresivas dos seus fillos cara a outras persoas, están a fomentar ditas condutas.
  • As relacións deterioradas entre os propios pais provocan tensións que poden inducir o neno a comportamentos agresivos.
  • Restricións non razoables e excesivos "fai isto e non fagas aquilo" provocan unha atmosfera opresiva que induce ao neno acomportamentos agresivos.
  • Residir nun barrio ou pertencer a un grupo onde a agresividade é vista como un atributo moi apreciado, tende a potenciar a agresividade.
  • Ausencia de estratexias verbais para afrontar un conflito xera frustración o que a miúdo conduce a condutas agresivas.
  • Os nenos que teñen moi pouco desenvolvidas as habilidades sociais básicas adoitan tender a comportamentos agresivos nos seus relacións sociais.

lunes, 25 de enero de 2010

¿Sabes poñer límites aos teus fillos?

Da páxina psicoactiva.com os deixo este test para realizar on line e e comprobedes se sabedes poñer límites aos vosos fillos

miércoles, 20 de enero de 2010

Decreto de plurilingüismo no ensino non universitario

Como sabedes, a Consellería quere aprobar o Decreto de plurilingüismo (pica na imaxe para leelo)



O 91% do profesorado do Centro está en contra deste Decreto e mañá vai facer folga para esixir que se retiren as Bases.
Pica na imaxe se queres achegar a túa adhesión á "Plataforma Cidadá Queremos Galego"

martes, 19 de enero de 2010

Fillos maltratadores

Javier Urra, psicólogo que saltou á fama cando foi nomeado defensor do menor na Comunidade de Madrid, escribiu "o pequeno ditador" onde afirma que existen moitos máis casos de fillos acosadores dos que cabe imaxinar. Nenos consentidos, sen conciencia dos límites, que organizan a vida familiar, dan ordes aos seus pais e chantaxean a todo aquel que intenta frealos; mozos que enganan, ridiculizan aos seus maiores e ás veces rouban; adolescentes agresivos que desenvolven condutas violentas. En definitiva, fillos desafiantes que rematan impoñendo a súa propia lei.

Javier Urra dí que as causas da tiranía son:
  1. Unha sociedade permisiva que educa aos nenos nos seus dereitos pero non nos seus deberes. Para non traumatizalos, se lles cede, permite e ofrece todo aquelo que non tiveron seus pais ou avós
  2. Uns medios de comunicación cunha cascada de actos violentos que difuminan a gravidade dos feitos. Ademáis a televisión é utilizada por moitos pais como "canguro" o que invita ocasionalmente á violencia gratuita e amoral.
  3. O gran cambio que se produciu na forma de vida. Os nenos pasan moito tempo sós; non viven ao seu ritmo; non hai tempo para escoitar, contar contos, ou xogar cos fillos
  4. Unha estructura familiar que se modificou: familias cun fillo ao que non lle pode faltar as "zapatillas de marca"; moita desestructuración de parellas de adultos que revirten negativamente nos fillos.
  5. Diferencias educativas entre pais e profesores; normalmente o mestre controla e contén aos nenos; o que a nai non consigue cos máis pequenos a mestra o soluciona sin problemas: recoller xoguetes, poñerse o abrigo. Socialmente non se recoñece a labor dos colexios

Estas son algunhas das causas para Javier Urra das conductas tiránicas co cal eu estou de acordo.

Un bo libro para comprender este problema social

viernes, 15 de enero de 2010

Intelixencia

Cando falamos de intelixencia adoitamos falar da intelixencia xeral ou abstracta. Cando dicimos que unha persoa é intelixente a que nos referimos?. Normalmente referímonos ao éxito nos estudos ou ao éxito na vida.
Cales son as intelixencias existentes? A chegada dos primeiros test que medían a intelixencia baseábanse na capacidade do individuo para operar sobre información constituída por números, letras, palabras, figuras, seriacións, etc
Pouco a pouco aparecen novas formulacións sobre o que debería entenderse por intelixencia e empeza a aparecer expresións como: intelixencia social, intelixencia práctica, intelixencia conductual, intelixencia moral, intelixencia exitosa, entre outras
Howard Gardner, coñecido fundamentalmente pola súa teoría das intelixencias múltiples, que sinala que non existe unha intelixencia única no ser humano, senón unha diversidade de intelixencias que marcan as potencialidades e acentos significativos de cada individuo. Cada persoa ten polo menos oito intelixencias, habilidades cognoscitivas. Estas intelixencias traballan xuntas, aínda que como entidades semi-autónomas. Cada persoa desenvolve unhas máis que outras.


Daniel Goleman popularizou en 1995, co seu célebre libro Emotional Intelligence, a intelixencia emocional que a entende como a capacidade para recoñecer sentimentos propios e alleos, e o coñecemento para manexalos.

Goleman estima que a intelixencia emocional se pode organizar en cinco capacidades: coñecer as emocións e sentimentos propios, manexalos, recoñecelos, crear a propia motivación, e xestionar as relacións.



miércoles, 13 de enero de 2010

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.