Departamento de Orientación do CEIP "Otero Pedrayo": febrero 2010

miércoles, 24 de febrero de 2010

martes, 23 de febrero de 2010

Contos infantis



Na páxina do Departamento de Orientación Andújar preséntanos unha serie de contos proporcionados polo Ministerio de Educación para potenciar o desenvolvemento das habilidades lingüísticas, á súa vez traballan valores culturais e sociais, como a sensibilidade cara ás persoas con minusvalidez e as persoas maiores.

Picando na foto abriranos unha presentación dos contos indicándonos os obxectivos que se pretenden, as idades axeitadas e os obxectivos específicos de cada conto.







Os contos son: (picando na imaxe ábrese o conto)



viernes, 19 de febrero de 2010

Quince máximas para que un niño sea feliz

No blog "en la escuela caben todos" a Seño Vane posteou estas máximas tan sinxelas para que os nosos fillos sexan felices


domingo, 14 de febrero de 2010

Intelixencia emocional

O grupo de traballo "aprender a ser" no seu blog vannos mostrando as experiencias que levaron a cabo cos alumnos sobre "a intelixencia emocional" durante o curso pasado.
Na súa memoria expoñen o traballo feiro durante o curso 08-09 que consta das seguintes partes:
1.-Marco teórico da intelixencia emocional
1.1..Cronoloxia do constructo
1.2.-Modelos da intelixencia emocional
1.3.-Definicións da IE
1.4.-Referencia legal
1.5.-Experiencias
2.-Glosario de termos
3.-Actividades prácticas
3.1.-Actividades de autoestima
3.1.1.-O protagonista do día
3.1.2.-Cualidades
3.1.3.-Nos podemos tocaar sen hostilidade
3.1.4.-Estou orgulloso de.....
3.1.5.-A pelota mensaxeira
3.1.6.-Eu son....
3.1.7.-Estou pensando en alguén
3.1.8.-Que dín de nós
3.1.9.-Que te gusta de min?
3.2.-Actividades de empatía
3.2.1.-Empatía cara aos pais
3.2.2.-Empatía cara aos compañeiros
3.3.-Actividades de emocións e sentimentos
3.4.-Actividades diversas para realizar en clase
3.5.-Listaxe de páxinas web
4.-Actividades realizadas na aula
4.1.-Experiencia realizada no 2º Ciclo. Identidade
4.2.-Experiencia realizada en 2ºno CEIP Pazo de Mercé das Neves
4.3.-Experiencia realizada en 4º no CPI de Mondariz. Como nos sentimos?
4.4.-Experiencia realizada en 3º no CEIP Pazo Marquesa da Mercé no ámbito da E. Artística
5.-Emocionómetro
6.-Bibliografía

Sin dúbidas: un gran traballo
Todo este documento podedes velo no enlace: http://www.scribd.com/doc/15600303/DOCUMENTODEFINITIVOGT
O blog onde expoñian as súas experiencias é: http://intelixenciaemocionalnaescola.blogspot.com/

lunes, 8 de febrero de 2010

A repetición si serve para aprender se se está motivado

Un estudo cerebral feito en Sevilla mostra que "a repetición"é un método de aprendizaxe voluntaria é eficaz para consolidar a memoria.
No PAIS publican un artigo onde expoñen os resultados dunha investigación dirixida por José León-Carrión, profesor de Psicología Básica de la Universidad de Sevilla.

"A aprendizaxe é un cambio na fortaleza de certos circuítos neuronais en función de procedementos de práctica", comentan os investigadores. "Estes cambios neuronais son diferentes dos producidos polo adestramento non motivado".

León-Carrión advirte que non se debe esquecer que aprender é un proceso voluntario, no que o individuo debe tomar certa parte activa e poñer algún esforzo. Polo tanto, hai que estar motivado, e repetir o que se quere aprender constitúe o método máis eficaz para facelo, para memorizar e acordarse das cousas moito tempo despois.

Ler o artigo completo:
http://www.elpais.com/articulo/sociedad/repeticion/sirve/aprender/elpepusoc/20100208elpepusoc_12/Tes

sábado, 6 de febrero de 2010

Ordenadores no colexio

Pareceume unha reflexión excelente sobre a polémica introdución de ordenadores nas escolas. En ton xocoso toca todos os temas que a pais e educadores se lles pasan pola cabeza.
Non atopei o autor ou autora, en todo caso, grazas.

Chámome Marta e son alumna de 5º de primaria.

A semana pasada trouxéronnos un montón de ordenadores, para todos menos para o profesor. Puxémonos moi contentos porque pensamos que tamén nos poñerían aire acondicionado en verán (morrémonos de calor) e que traerían unha pizarra nova, sen reflexos e na que se poida escribir sen que o xiz esvare, cadeiras e mesas novas adecuadas á nosa estatura, estantes e un despacho para nosas cousas.

Pero non, só trouxeron ordenadores. E sen lupa porque son moi pequenos, pero iso dá igual.

Polo menos regaláronnolo enterito, porque o meu primo de Ripolletdi que os meus tíos tiveron que pagar a metade do portátil, por iso de ser cataláns. Isto non o entendo moi ben.

O primeiro día non fixemos nada con eles porque ten un sistema que é diferente ao que temos na casa, un tal Linux, e que o mestre non coñece. En realidade non sabe nada de informática. Dixo que xa miraría algo, pero María, outra empollona, contestoulle que ela podía ensinalo, pois na súa casa ten un ordenador e sabe manexalo. Todos rimos, pero o mestre, non.

O mestre tamén dixo que eran para nós e que nolos podiamos levar á casa. Eu collín o meu e gardeino na mochila, pero a miña amiga Mati caeulle e rompéuselle todo -o mestre fíxolle unha foto-. A Luis roubáronllo uns canallas mentres volvía á casa e a Santi rompeullo Mateo, o neno que nos pega a todos.

En clase os que máis usan o ordenador son Toni e Andrés. Son dous nenos un pouco atrasados e que antes só molestaban. Agora co portátil póñenlles unha película de debuxos e están máis calados.

Onte explicáronnos como sacar información de internet e mandáronnos deberes para buscar na casa. O meu papá, que agora non traballa, di que non temos diñeiro para internet, por iso non puiden facer os deberes esta semana e xa rifáronme no cole. Por iso, ademais dos libros e cadernos, tamén cargo co ordenador. Agora xa non uso mochila senón o troler de mamá de cando podiamos ir de finde ou de viaxe

Ao meu irmán maior no insti tamén lle van dar un e el está moi contento pois di que poderá colgar fotos e chatear coas rapazas.Tamén me dixo que, a partir de agora, non terá que fixarse nas faltas de ortografía pois o ordenador corríxeas automaticamente.

É marabilloso, tamén, porque antes as clases eran pesadas e longas e agora duran 10 minutos ou menos. A moitos compañeiros non lles funciona; a outros tárdalles tanto en poñerse en marcha que para cando oconsegue soa o timbre de saída.

E sen esquecer que os electricistas nos deixaron tres días no patio poñendo enchufes porque a batería non dura nada e nos facemos unha leade cables na clase que podemos xogar ao enredos.

Como as cousas que trae o mestre non se poden abrir, di que poñeráas notas segundo lle molestemos máis ou menos e segundo o tempo que tardemos en abrir o invento.

Rematouse estudar, a calculadora e as regras. E sacar punta, ter boa letra e ter un caderno de dez. É fantástico. Pobrecillosos que aínda están en 4º porque os vexo moi estresados.Eu pásome a mañá co Google Earth. Xa mo sei de memoria e non teño outra cousa que facer.En matemáticas, é o mellor: só tes que elixir entre tres respostas e ademais danche outras tres oportunidades. E se en lingua non sáete algo, o buscas en internet e xa está.

Finalmente todos sacaremos sobresaínte porque ler xa sabemos, pero imos aprender a comprender. O mestre di que é unha competencia básica.

É xenial.Marta

jueves, 4 de febrero de 2010

Que menores ven os menores en televisión

Un informe elaborado pola Asociación de Usuarios da Comunicación (AUC) onde trata de identificar cales son as imaxes que a programación televisiva ofrece dos nenos e adolescentes e determinar que valores, positivos ou negativos, se desprenden das devanditas imaxes no que se analizaron 87 espazos televisivos durante oito meses conclue que:

*A programación dirixida ao público máis infantil presenta unha visión excesivamente autónoma da infancia, na que os menores se relacionan basicamente entre eles, coma se vivisen nun mundo autosuficiente e eternamente infantil no que os adultos están ausentes ou aparecen de modo secundario e, ademais, ameazante dese mundo idílico.

*A figura do menor é utilizada moitas veces como coartada, como escusa para ofrecer puntos de vista adultos de crítica social ou costumista. No grupo de series con estes "falsos nenos", ás veces de gran calidade, poden mencionarse produtos como Shin Chan, Malcom in the Middle ou Los Simpsons, pero o especialmente preocupante é a emisión de debuxos animados claramente de adultos emitidos en horario de protección infantil e moi seguidos polos adolescentes e mesmo por nenos e nenas (Padre de Familia ou American Dad).

*O medo tradicional asociado a protagonistas infantís, propio dos contos e cun propósito "domesticador", perdeu relevancia nos últimos tempos, aínda que volve a través de series como El Internado ou Hay alguén aí. Máis común é ver os menores como vítimas das turbulencias emocionais dos adultos ou dos seus irmáns adolescentes.

*A violencia é moi intensa e explícita nas series xaponesas ("Bóla de Dragón" e as súas derivacións, Naruto, Goku, Sarxento Keroro...), fronte á violencia clásica edulcorada e humorística das producións anglosaxonas. En ambos os dous casos o tratamento desa violencia banalízaa e, ademais, abórdase dende o punto de vista do agresor (que se identifica co menor), e non se desenvolve ningunha empatía cara á vítima. Anímeos xaponeses presentan personaxes zoomórficos, superheroes con mutacións, máquinas, etc. e abordan, moitas veces con fatalismo, aspectos como a valentía, a competitividade, a amizade, a sinceridade, o éxito e o fracaso, a honra, o ben e o mal...

*En canto á imaxe dos adolescentes, o estudo pon de relevo unha serie de paradoxos e contradicións: o recurso a unha estética e linguaxe transgresoras contrasta cunha visión moi convencional dos roles de xénero.

*Aparece tamén unha contradición entre a visión "politicamente correcta" moderna e solidaria na formulación de determinados temas, como a homosexualidade, a discriminación, o pacifismo, o medioambiente, a igualdade de sexos e unha defensa con decisión do individualismo e da competitividade nos comportamentos cotiáns deses mesmos adolescentes.

*Trivializa se o tratamento de aspectos como as relacións sexuais dos adolescentes, mesmo con adultos(profesores) ou o consumo de drogas, especialmente o alcohol, que se converten nun trazo imprescindible (e rutineiro) das relacións entre iguais, sen que adoiten aparecer referencias ás consecuencias que poden provocar estas prácticas. Estes aspectos reflíctense claramente en series como "Física e Química", "HKM" ou Gossip Girl.

*Tanto na programación infantil coma na xuvenil, aparece un cuestionamento da figura paterna e dos adultos en xeral, especialmente das figuras masculinas. Moitos pais son presentados como inmaturos, egoístas e ignorantes (Os Simpson, HKM, Pai de familia...). As súas normas e límites son presentados como regras máis ou menos arbitrarias que poden e deben transgredirse. Preséntase a adulto como un "adolescente añoso" e as relacións entre este e o menor son horizontais, simbióticas, mesmo (como indicabamos), no plano sexual. O paso á idade adulta non é percibido polos adolescentes como un proceso de maduración senón simplemente de "paso do tempo"

*A iso contribúe o feito de que a imaxe que se ofrece dos adolescentes se caracteriza polo narcisismo e a omnipotencia polo que non hai límites á hora de transgredir as normas.

Das principais conclusións do estudo pódese deducir que a imaxe que os menores reciben de si mesmos a través da televisión, ademais de estar claramente nesgada dende unha determinada visión adulta, se orienta claramente a satisfacer os intereses do negocio audiovisual e da marchandizaxe, supeditando a eses intereses as necesidades psicolóxicas, sociais e pedagóxicas deses menores.

Tampouco se prové os menores dunhas normas de consumo e uso crítico da televisión, unha alfabetización mediática que lles permita filtrar as mensaxes que reciben polo que a influencia que poidan ter sobre eles os estereotipos que transmiten os distintos programas é moi elevada.

Traducido da páxina da AUC
http://www.auc.es/Documentos/Comunicados%20Prensa/docnot2009/jun03.pdf
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.