A autoestima é unha actitude hacia un mesmo. É a forma habitual de pensar, amar, sentir e comportarse consigo mesmo.
A autoestima non é innata, é adquirida e xenérase como resultado da historia de cada persoa; é froito dunha larga e permanente secuencia de accións e pasións que van configurando á persoano trascurrir da súa vida.
Este aprendizaxe non é intencional xa que modela ao ser humano dende contextos informais educativos aínda que as veces é froito dunha acción intencionada proxectada para a súa consecución
A súa natureza non é estática senon dinámica polo que pode crecer pero tamén pode debilitarse, empobrecerse e desintegrarse.
O compoñente cognitivo da autoestima refírese a idea, opinión, crenzas, percepción e procesamento da información. É dicir o autoconcepto definido como a opinión que se ten da propia personalidade e sobre a súa conduta. O autoconcepto basease nas nosas crenzas entendidas como conviccións e convencimentos propios.
O segundo compoñente da estructura da autoestima é o afectivo; ista dimensión implica a valoración do positivo e o negativo que hai en nós, conleva un sentimento sobre o agradable e o desagradable que observamos en nós. Significa sentirse a gusto ou a disgusto consigo mesmo; trátase dun xuizo de valor sobre as nosas cualidades persoais.
O terceiro elemento integrante da autoestima é o conductual. Significa a tensión, intención e decisión de actuar ou de levar a práctica un comportamento consecuente e coherente. É dicir, a autoafirmación dirixida hacia o propio eu e en busca da consideración e o recoñecemento por parte dos demáis. Trátase dun esforzo por alcanzar fama, honra e respeto ante nos mesmos e os demáis.
SÍMBOLOS DE FORTALEZA
-
Chris Rumble ten 22 anos. 22 anos... e é o paciente oncolóxico máis vello
do Hospital Infantil de Seattle! Pois el, e outros nenos/as e mozos/as coma
el...
Hace 13 horas



0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada