Departamento de Orientación do CEIP "Otero Pedrayo": junio 2011

jueves, 30 de junio de 2011

Vacacións

Rematou o curso e é momento de desconectar e de gozar dos fillos.
No mes de setembro voltaremos con forzas renovadas



FELIZ VERÁN

martes, 28 de junio de 2011

SUPERHEROE?

No  xornal.com vin este artículo de Roberto Noguerol que merece a pena ler enteiro.
http://www.xornal.com/opinions/2011/06/26/Opinion/escolas-patas-arriba/2011062622283500566.html
"Non ten por que pintar flores de cores nos cristais cando comeza o curso, pero encántalle facelo. Ninguén a obriga a debuxar monifates para adornar as mesas e tampouco lle esixen decorar de imaxinación as catro paredes desvestidas en setembro. Pero non só non lle importa, adora esa tarefa.
Na casa, quítalle tempo ao seu lecer persoal mentres recorta e plastifica figuras de personaxes para usar na aula ao día seguinte. Cavila músicas e coreografía para unha non imprescindible función de Nadal cos meniños. O guión non o esixe pero, ademais de facer fichas e cumprir obxectivos dun programa, senta os cativos unha tarde calquera para relatarlles algún conto e falarlles de libros e músicas fascinantes. Ás veces compra pola súa conta material que o sistema non lle proporciona.
Inventa minutos onde non os hai para elaborar ideas coas que combater a fatiga dos pícaros e espertar o seu devezo por aprender un día si e outro tamén. E non é o seu traballo, pero non evita soar mocos, limpar cus, axudar a lavar mans, curar feridas ou enxugar bágoas. Xestiona berrinches de pequechos descontrolados que algunhas familias finxen non ter tempo para ensinar a non ser caprichudos.
Multiplicouse moitas mañás para vixiar que algún neno non quedase atrás nun curso con demasiados rapaces por aula. Peteirou algún xantar improvisado sobre a mesa da clase mentres argallaba algunha actividade novidosa. Quedou durmida de cansazo algunha tarde na propia aula despois doutra xornada extenuante espremendo as horas no desafío dun novo día de ensinanzas e aprendizaxes. Superheroe? Non. Unha mestra, como moitos mestres.
Non sempre un pai lle agradece o que fai por seu fillo. Non todos os días unha nai lle regala unha plantiña. Da man de súa neta un avó tráelle unha rosa da súa horta. Un alumno dille que hoxe, tamén, está moi guapa. Pequenos detalles impagábeis do cotiá a pé dun aula. Ás veces acontecen.
Hai anos falábase máis de dignificar o labor docente: tratalos coa deferencia que merecen. Agora recórtanlles soldo, insinúanlles que teñen demasiadas vacacións e esíxenlles xornadas máis longas. É isto froito da ignorancia ou da indiferenza? Se a autoestima dun país se mide polo grao de atención, recursos, consideración e interese que a súa sociedade ten respecto da educación, asomámonos a un preocupante precipicio de apatía. Di un proverbio africano: “Para educar un cativo cómpre a tribo enteira”. Pois aquí cómpre que a tribo esperte."

domingo, 26 de junio de 2011

Os números falan

A Voz de Galicia fixo esta pregunta: Cre que os profesores son uns «privilexiados» dende o punto de vista laboral?

Estos son os resultados:
  • SI.....................................18%
  • NON....................................82%
Pois a Consellería de Educación quere obligar aos mestres a dar 4 horas máis de clases, estas as dedicabamos a actividades moi necesarias nun centro como:
  • Dinamizar as bibliotecas
  • Manter os diferentes blog
  • Manter as TICS
  • Atender aos pais/nais cando estes non poden vir os martes pola tarde
  • Preparar excursións
  • Preparar actividades como: a paz, festivales, letras galegas,...
  • ........................
Eu me pregunto:
  • Quen vai a dinamizar as bibliotecas no seu tempo libre?
  • Quen vais a manter a páxina web do colexio e os diferentes blog no seu tempo libre?
  • Quen vai a poñer ao día as TICS no seu tempo libre?
  • Que preparará actividades complementarias no seu tempo libre?
  • QUEN TRABALLA GRATIS ?
E todo esto despois de baixarnos o soldo un 5% e un gran bocado da paga extra; (nesa ocasión non protestamos xa que considerabamos que a situación do pais así o requería)
A todo esto o Conselleiro lle chama "mellora da calidade do ensino" "excelencia no ensino". Eu máis ben chámolle "ERE" "reducción de plantillas" "voltar a educación das clases maxitrales"...

A enquisa a podeís atopar en:
http://www.lavozdegalicia.es/participa/2011/06/21/01031308651600722303607.htm

miércoles, 15 de junio de 2011

Novidades en relación ás axudas aos alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.

Ata a data de hoxe aínda non se publicou no BOE aínda así podemos irvos adiantando algunhas modificacións que hai con respecto ao ano pasado:
  •  Non se van distribuír aos colexios sobres das becas. No colexio xa temos o impreso e poder vir a recollelo e pedirme máis información ou podes picar neste enlace para descargarlo e no outro para ver as instruccións. ABRIR IMPRESO e ABRIR INSTRUCCIÓNS
  •  A resposta do Ministerio ás solicitudes tampouco se fará por carta, senón por medio dun SMS (se a familia autoriza un aviso ao seu teléfono móbil) ou por correo electrónico.
  • A solicitude pode realizarse por Internet, é imprescindible que os solicitantes (sempre é o alumno) se rexistren previamente na Sede Electrónica do Ministerio de Educación.https://sede.educacion.gob.es/portada.html
  • (Trámites e Servizos- Educación e eu- rexistrarse)

    Este trámite, independentemente da solicitude, pode realizarse neste mesmo momento e facilitaría que os alumnos que tiveran previsto solicitar bolsa o fosen avanzando. Recordade que hai que conservar os códigos porque despois hai que utilizalos para cumprir a solicitude ou para consultar notificacións ou o estado da solicitude de bolsa.
Se queredes ver máis información podedes consultar os tipos de axudas (que pouco van variar) do ano pasado:
http://oteropedrayo.blogspot.com/2010/06/axudas-para-alumnado-con-necesidades.html
http://oteropedrayo.blogspot.com/2010/06/aclaracions-sobre-as-axudas-nee.html

viernes, 3 de junio de 2011

Coñecendo o Instituto


Onte, o alumnado de sexto foi ao IES de Beade onde cursarán o próximo ano primeiro da ESO.

Fomos camiñando dende o noso colexio e ás 10,20 chegamos ao IES onde nos xuntamos co alumnado de Coutada-Beade, Sárdoma e Mestres Goldar que tamén estarán o próximo ano neste instituto.

No salón de actos esperábannos antigos alumnos destes centros, a orientadora e o director do IES.

Despois das pertinentes presentacións os alumnos bombardearon os membros da mesa a preguntas que contestaban amablemente e cando había dúbidas era ou o director ou a orientadora os que respondían aos rapaces

Unha vez respondidas todas as dúbidas dos alumnos dividímonos en dous grupos e pasamos a coñecer as instalacións: a cafetaría, a clase de educación física, o pavillón de deportes, a aula de informática, a aula de tecnoloxía, a biblioteca, o laboratorio de química e algunha máis que seguro que se me esquece.

Antes de regresar, compartiron o recreo das 12 co alumnado do IES.

Unha visita que realizamos todos os anos e que axuda aos nenos e nenas de sexto a perder o medo do paso ao instituto.

Picar na imaxe para coñecer cousas sobre o IES de Beade


Resultados das probas do alumnado de 2º, 4º e 6º

O pasado mes de maio aplicámoslle ao alumnado de 2º, 4º e 6º  unha proba (BADyG) que intenta medir as aptitudes, tanto xerais como diferenciais, dos nenos e nenas.


O vindeiro martes 7 de xuño, no salón de actos do colexio, explicaremos en que consistiu a proba e que aptitudes xerais e diferenciais miden, para poder así entender os resultados que obtiveron os nosos fillos.

O horario da reunión será:
  • Segundo................16 horas
  • Cuarto...................16,30 horas
  • Sexto.....................17 horas
Os resultados só se darán, en sobre pechado, aos pais ou nais que acudan á reunión-explicativa.

QUE PODEMOS FACER AO COÑECER OS RESULTADOS?

  • Quedarvos coa idea global do resultado, máis que afondar nunha proba en particular que pode estar sesgada.
  • Podedes consultar ao orientador as dúbidas que vos xurdan.
  • Se os resultados son altos e as notas non brillan especialmente, podedes animarlles e podedes ter a seguridade de que como a capacidade non é un problema para el, haberá que reforzar as outras áreas que seguramente serán deficitarias, como quizá a vontade, a motivación, a constancia, a conducta.
  • Se os resultados son baixos, é posible que ao mesmo tempo as súas cualificacións sexan baixas. Neste caso, a proba confírmanos que hai unha dificultade obxectiva que explica unha parte das súas dificultades e, debemos axudarlle a estudiar, a comprender e a facer as tarefas, porque o mozo necesitará compensar con máis traballo o que ten de deficitario a intelixencia.
  • Se os resultados son baixos e as notas medias, é que ou ben o test non ten validez, ou ben está compensando con dedicación parte das súas deficiencias.
QUE NON É CONVENIENTE FACER
  • Non é conveniente nin deprecialos nin obsesionarse con eles.
  • Tampouco convén facer comparacións entre irmáns ou parentes.
  • Non é necesario contarlles ao detalle os resultados, pois para eles o concepto de intelixencia non ten o mesmo significado que para nós.
  • Se son negativos, é mellor non mencionalos.
  • En definitiva trátase de usalos con prudencia e a vosa tarefa como pais é empregalos para axustar a esixencia ás súas verdadeiras posibilidades e axudar alí onde se detectan carencias.
¿ATA QUE PUNTO O TEST É VERAZ?
  • A intelixencia é unha facultade superior do ser humano, e dada a súa complexidade, resulta difícil de avaliar e de medir. Por isto mesmo é necesario tomar os datos que se ofrecen neste informe con cautela. Ademais, hai varios aspectos que poden distorsionar os resultados como son o cansazo, a falta de atención, o ambiente da clase, a motivación, o estado de ánimo, as preocupacións, as explicacións máis ou menos acertadas da persoa que pasa a proba, etc.
  • Neste sentido, hai nenos que deron nalgunha proba un valor baixo, cando en realidade sabemos que a súa capacidade e preparación é maior. Non ten maior importancia, pode significar que naquel preciso momento houbo algún dos factores mencionados que lle interferiu.
  • Tamén, en ocasións, a razón é o concepto de intelixencia funcional, é dicir, o neno é máis capaz, pero funcionalmente, traballa cun ritmo inferior ás súas posibilidades. Os seus recursos emprégaos a ese ritmo.
  • Como a intelixencia pode evolucionar, non se poden facer prediccións rigurosas de futuro con estes datos. Son a expresión mínima da súa capacidade, non o seu límite superior.
  • Ademais, insistimos niso, o éxito ou o fracaso escolar depende tamén doutros factores cruciais como son a motivación e os hábitos de estudio e dos cales aquí non hai referencias.
  • En definitiva, a finalidade da proba é dar pistas para orientar ao alumno no terreo académico, actuando sobre os seus déficits e potenciando as súas habilidades.
Para ver máis información das probas:
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.