Gisela García Ron, mestra de infantil do CEIP de Curtis da Coruña,recibiu un premio de innovación e investigación do ministerio de educación por utilizar a prensa escrita como ferramenta para a aprendizaxe dos nenos de Infantil.
Baseándose no método de ensino por "proxectos" (o que utilizan no noso Centro as mestras de Infantil) Gisela a partir dun tema, elexido polos nenos ou polo mestres, investigan e traballan todas as áreas de
forma conxunta, "deste modo os nenos enlazan unhas cousas con outras e ven que
todo ten un sentido. En lugar de facer que escriban o 1 moitas veces ou que
coloreen unha cousa de amarelo, algo que non entenden para que se fai e que ao
final aprenden por repetición, utilizamos o xornal e contamos titulares ou
buscamos determinadas letras. Todo ten unha funcionalidade" di Gisela
Ensinar por proxectos fai que o ensino sexa máis flexible permitiendo traballar de mellor forma a diversidade da aula.
Noraboa Gisela
Noticia obtida do xornal O Pais e do Faro de Vigo
SÍMBOLOS DE FORTALEZA
-
Chris Rumble ten 22 anos. 22 anos... e é o paciente oncolóxico máis vello
do Hospital Infantil de Seattle! Pois el, e outros nenos/as e mozos/as coma
el...
Hace 13 horas


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada