Departamento de Orientación do CEIP "Otero Pedrayo": junio 2014

domingo, 22 de junio de 2014

Despedida

Un venres 18 de abril do 2.008 escribín o meu primeiro "post" neste blog.
Pasaron xa seis anos onde, como digo na cabeceira do blog, tratei de dar respostas á Comunidade Educativa e intentar unha participación e colaboración mutua e sentir que os colexios pertencen a todos e a todas.
Non sei se o conseguín pero esa sensación que teño nestes momentos de despedidas en que moitos pais e nais achegáronse a min, e outros chamáronme por teléfono, non ten prezo.
Nestes intres de reflexión chegan moitos recordos, moitos momentos duros, moitos momentos agradables, en definitiva.......momentos especiais que marcaron estes 8 anos que pasei no colexio.
Tamén sei que as veces non fun quen de dar unha axeitada  resposta a pais ou mestres polo que pido perdón aínda que de seguro, como saben ben quen me coñece, non descansei buscando esas respostas que non atopei.
As veces existiron problemas  xa que concibo como enfoque educativo a "inclusión" que como dícía Stainback (1999) "a inclusión é máis cun método, unha filosofía ou un programa de investigación. É unha forma de vivir. Ten que ver co "vivir xuntos", coa "acollida do estrano" e co "volver a ser todos un""
Quero dar as grazas aos meus PT: Marisa, a Luis (do Párroco) e a Vicente (do Mestres) que foi un pracer traballar con eles, a miñas queridas Pirus que  encheron o traballo de alegría, as AL (foron moitas),  as profes que acudiron a min. GRAZAS A TODOS E TODAS
Comenzo en setembro unha nova andaina no Colexio Celso Emilio Ferreiro onde  espero que sexa tan apaixonante como esta etapa que deixo.
A partires de setembro seguieri escribindo na seguinte  dirección:  http://celsoemiliorientacion.blogspot.com.es/


miércoles, 11 de junio de 2014

sábado, 7 de junio de 2014

As rúbricas. Unha nova forma de avaliar

As rúbricas ou matrices de avaliación constitúen unha forma de avaliar moi obxectiva que cada vez se impón mais nas diferentes etapas.
En termos xerais, as rúbricas son un cadro de dobre entrada ou matriz de avaliación no cal se expresa de forma explícita, no eixe vertical (cabezas de filas) os aspectos que se avaliarán e nos darán noticia da calidade da tarefa e, no eixe horizontal (cabezas de columnas) os cuantificadores (10, 9, 8...) ou cualificativos (excelente, ben, regular, malo) que se asignarán aos diferentes niveis de logro.
Nas celas de intersección entre categorías a avaliar e calificadores exprésase que características terá a tarefa para merecer a cualificación correspondente.
A rúbrica é considerada como un instrumento de autoavaliación (de parte do estudante) pois lle permite aprender a monitorear o seu propio progreso ou desempeño, axudándolle a preguntarse Onde me encontro? Cara a onde vou? Que necesito para chegar ao lugar sinalado polo meu facilitador? Á rúbrica concíbeselle como unha ferramenta de avaliación formativa xa que pode involucrar os estudantes no proceso de deseño de a mesma, se así o decide o profesor, previo á entrega dun traballo.

Para máis información: http://www.orientacionandujar.es/wp-content/uploads/2014/05/guiabasicaelaborarubrica1.pdf

Existen ferramentas gratuítas que axudan aos educadores a crear rúbricas de gran calidade; unha delas é RUBISTAR
http://rubistar.4teachers.org/index.php?lang=es&skin=es





Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.