miércoles, 26 de mayo de 2010

PLDA: máis que un teito

Onte rematamos os talleres. Cando estabamos en pleno traballo levamos a grata sorpresa da visita da Concelleira na Área de Benestar Social María Xosé Méndez Piñeiro que explicounos por riba o que é o PLDA (Plan Local sobre Drogodependencias e outras adiccións)


video



Traballamos aspectos como os límites, as normas, a autoridade, estilos educativos (autoritarios, demacráticos sobreprotectores, permisivos) efectos dos estilos educativos nos fillos, cómo levamos a cabo todo isto nas nosas casas,.....todo moi interesante e productivo.

Por a miña parte, cada vez máis animado xa que estas actividades para pais e nais cada vez teñen máis éxito.



domingo, 23 de mayo de 2010

Máis que un teito

Recordade que o martes 25 teremos a segunda sesión dos talleres "máis que un teito" onde traballaremos: normas e límites, comunicación. "Educamos para prevenir"
http://oteropedrayo.blogspot.com/2010/05/mais-que-un-teito.html
http://www.podemosprevir.org/

viernes, 21 de mayo de 2010

1 gol

Agora que o noso seleccionador deu a lista dos xogadores que irán ao mundial anímovos a que vos unades á campaña 1GOL que ten como fin de informar sobre a necesidade de escolarización de nenas e nenos africanos.
Hai 72 millóns de nenos e nenas sen escolarizar en todo o mundo, unha cifra que supera a de todos os alumnos de primaria de Europa, EUA, Canadá e Australia. O mundo ten a oportunidade de lograr que todos os nenos teñan acceso á educación e saian da pobreza.


"En 2010, a Copa Mundial da FIFA de Sudáfrica representa unha ocasión crucial: será a primeira vez que a Copa Mundial se celebre no continente africano. Cando todas as miradas estean postas en África o próximo xuño, esixiremos a todos os dirixentes mundiais que fagan posible 1 GOL: Educación para Todos e Todas.


Os dirixentes mundiais teñen o poder, os recursos e os coñecementos para que este obxectivo se faga realidade. Neste vídeo sobre a 'Educación para Todos e Todas' realizado por Richard Curtis, terás oportunidade de coñecer máis.


1 GOL esixirá a todos os dirixentes que fagan realidade a Educación para Todos e Todas. Para que poidamos conseguir o noso obxectivo, 1 GOL, necesitamos da túa axuda e apoio. Únete a 1 GOL e axúdanos a conseguir o noso obxectivo de 'Educación para poñer fin á pobreza".

http://www.join1goal.org/home.php


miércoles, 12 de mayo de 2010

Taller para pais/nais "Máis que un teito"

Onte tivemos un taller dirixido por David (pedagógo e traballador de Érguete) onde entre todos traballamos durante dúas horas temas como: a educación, normas, límites, os nosos fillos e fillas,......
Todos participamos e dimos as nosas opinións sobre os diversos temas tratados.
Un taller, penso, que ameno pero moi que moi produtivo......ademáis acompañado duns ricos bombóns.
O próximo taller será o día 25 ás 5 da tarde xa que o día 18 non hai clase.

viernes, 7 de mayo de 2010

Máis que un teito

Os próximos martes 11, 18 e 25 de 17 a 19 horas teremos un programa preventivo para pais e nais co fin de axudar a que a actuación familiar evite a aparición de problemas relacionados coas drogas.

O programa será desenvolvido por PLDA (Plan local sobre drogodependencias e outras adiccións do Concello de Vigo) e utilizarán unha metodoloxía de dinámicas de grupo, debates, análise de casos e postas en común e os seus contidos serán:
 Normas e límites: educar para previr
 Comunicación pais/nais/titores – fillos/as
 Resolución de conflitos

Como sempre pedimos que non se traian nenos pequenos.
As sesións serán na aula de música situada na primeira planta.

Máis información en: http://www.podemosprevir.org/
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.