jueves, 9 de octubre de 2008

XOGOS POPULARES

Laura, a mestra de I3, pediume que publicara no Blog referencias a xogos populares;
A ZOADEIRA
Este brinquedo tambén se coñece co nome de Dalle que dalle.


Utilizando un botón, os pequenos terán que pasar un cordón polos furadiños e atar os dous extremos para que o botón fique preso. Para probar se funciona, deben coller con dous dedos os extremos e darlle unhas voltas ao botón, que comezará a xirar e zoar sen parar, até que a/o cativa/o canse.


Trata-se dunha modalidade das apandas con movimento. Marca-se unha liña no chan. Un/ha xogador/a elixido/a a sortes sitúa os seus pés aproximadamente a meio metro da liña e anica-se apoiando as mans nos xeonllos para que os outros poidan saltar por riba del. Os/as demais participantes poñen-se en ringleira (a liña fica entre estes e o/a xogador/a que apanda) e van saltando por orde, cada un verbalizando unha das frases seguintes, tambén por orde, e realizando a acción que se sinala:...

1. A la una, anda la mula. Vai correndo até a liña facendo que salta como unha mula, antes de dar o brinco definitivo.

2. A las dos, la coz. Mentres salta, da-lle unha couce ao/á que apanda.

3. A las tres, San Andrés. Da-lle unha pequena cuada mentres salta.

4. A las cuatro, maragato. Outra cuada.

5. A las cinco, se da un brinco. Dá un brinco imediatamente antes de saltar.

6. A las seis, canto los reyes. Antes de caer ao chan, despois de pronunciar a frase, debe cantar “la, la, la...”.
7. A las siete, tiro mi carapuchete. Ao estar no ar, arroxa algunha prenda (pucha, bufanda, pano...).

8. A las ocho, como pan y bizcocho. Antes de chegar ao chan há que facer ademán de meter algo na boca.

9. A las nueve, ata la mula y bebe. Fai o aceno de beber.

10. A las diez, el través. Salta de lado.

11. A las once, pisa el bronce. Debe ficar, despois do salto, cos pés xuntos e o corpo ergueito.

12. A las doce, no responde. Outra cuada.

13. A las trece, plantar ajos. Deixa no lombo do que apanda, sen que caia, un pao, unha herba, unha pedriña ou algo semellante.

Aquel/a que pise a liña, perde e pasa a apandar. Se alguén falla na acción que lle corresponde, perde e apanda tamén. Se (circunstancia inusual) se chega ao remate da quenda sen que ninguén perda, comeza-se de novo, relevando ou non ao/á xogador/a que apanda segundo estea acordado.Foi tradicionalmente un xogo de inverno, a xogar no exterior.

A PORCA
Trata-se dun xogo mui estendido, con elementos semellantes ao hockey ou ao golf, deportes popularizados muito despois da existencia da Porca (tambén chamada Pino ou Cachona nalgumhas zonas).Foi un xogo de nenos, fundamentalmente xogado no inverno nun espazo aberto e amplo, normalmente no entanto se cuidaba do gado.

Xógase con 2 obxectos: a “cacheira” (ou “pau daporca”) e a “porca”, que están feitos en madeira polos propios xogadores.
Haberá un “porqueiro”,q u e e s t a r á n o “curral” (círculo central) e o resto de xogadores que estarán colocados cada un no seu “nicho”. Normalment e e s t e s “nichos” fanse no chan, na terra, pero tamén poden ser pintados ou ben suplilos por aros.

O “porquei ro” t i ra a “porca” ao aire; se cae fóra do “curral”, tentará introducila dentro dalgún nicho dos outros, ante a oposición dos mesmos. Se non é capaz, voltará ao seu “curral” e lanzaráa outra vez ao aire. Se cae d e n t r o , t o d o s o s xogadores terán que cambiar de “nicho”, a n t e s d e q u e o “porqueiro” lles ocupe algún. O xogador que quede sen “nicho” pasará a s e r o s e g u i n t e “porqueiro”. Se alguén consigue meter a “porca” no “curral” conseguirá un punto e todo o mundo terá que cambiar de “nicho” . Outro xeito de xogar, ut i l izando o mesmo esquema de d i s t r i b u c i ó n d o s xogadores, é que o “porqueiro” golpee a “porca” con forza e o resto dos xogadores tentarán meter a “porca” n o “ c u r r a l ” d o “porqueiro”; o que o logre pasará a ser o novo “porqueiro”.

A RÁ
É un xogo para praticar nun espazo aberto e en cualquer época do ano.Xogo de precisión pertencente aos tradicionalmente chamados “de burro”; consiste no lanzamento duns discos metálicos (pellos) desde unha distáncia marcada (que oscila entre 2 e 3 metros) a unha caixa con cinco furados, dúas argolas, un moíño e unha rá, sendo o obxectivo do xogo introducir os pellos na boca da rá ou —no seu defeito— por algún dos outros furados da mesa. En función de onde se metan os pellos haberá variacións na pontuación....

Fórmanse dous equipos de entre cinco e dez xogadores cada un.Xógase con doce pinaretas ou doce pedras de mediano tamaño, que se poidan coller coa man con facilidade.
O terreo de xogo debe ser grande e plano. Pode ter ou non ter herba. Trázase nel unha liña central e dúas liñas de fondo, así como outras dúas laterais. A liña central coas de fondo marcan as zonas de cada equipo. O espacio que queda atrás das liñas de fondo é zona libre. Nunca se poden sobrepasar as dúas liñas laterais.
En cadansúa liña de fondo colócanse seis pedras ou pinaretas, separadas entre si por un pé de distancia.
Os xogadores sitúanse a ambos os dous lados da raia medial, manténdose un defensor diante da liña de pedras.
O xogo consiste en invadir o terreo contrario, dirixirse ás pedras, coller as que se poidan e volver con elas ao seu terreo e colocalas a continuación das propias pedras. Os defensores das pedras deben evitar que estas sexan collidas polos contrarios, cousa que logran se tocan, e con iso agachan –pandan-, a quen se achegue a elas, ou aínda a quen fuxa con algunha pedra xa conseguida. O xogador que fose tocado en campo contrario ten que devolver as pedras, se as leva, e situarse na zona libre oposta ao seu terreo, de onde non poderá saír ata que un compañeiro do seu bando consiga entrar nesa zona e tocalo. Ninguén pode ser agachado no seu propio terreo, nin nas zonas libres.Este é un xogo moi movido e áxil, de ataque e defensa ao mesmo tempo. Gaña o equipo que consiga roubar todas as pedras dos contrarios e depositalas na súa liña de fondo ou o que logre pandar a todos os contarios.
Próximamente falaremos das:

AS CHAPAS
Xogo de habilidade, fundamentalmente practicado polos nenos. É preciso debuxar no chan un caminho en forma de serpe, con rectas e, sobretodo, curvas, duns 8 centímetros de ancho e tan longo como se quiser...
AS TRES EN RAIA
Tamén chamado as leiriñas, pedreiro-garabateiro ou pai-fillo-nai, é un xogo para dúas persoas con tres fichas cada unha (pedras, pauciños, botóns...) que se van colocando alternativamente nos pontos onde se cruzan as raias, tentando aliñar cada un as súas tres pezas e evitando por súa vez que o/a contrário/a faga o próprio....
Deporte común a outras culturas peninsulares e universais; Tambén conhecido como Tracción á corda ou Soga-tira (por influencias bascas), a finalidade deste xogo é a de turrar máis ca equipa contrária. ....
FULANIÑO, QUE ME MATAN
No interior dunha circunferéncia duns dous metros de diámetro debuxada no chan, un/ha xogador/a dorme coa cabeza gacha entre os brazos. A uns dez metros da circunferencia, outro/a xogador/a exercerá de defensor/a. Os/as outros/as participantes han tentar entrar na circunferéncia e bater no que dorme cunha prenda de roupa. Ao se sentir agredido, o/a xogador/a que "dorme" berra:
Fulaniño, que me matan!”O/a defensor/a acode e situa-se dentro da circunferéncia, preparando tambén unha prenda de roupa para o defender. Apartir de entón han-se suceder os intentos por zorregar-lle a quen está "durmindo". Se o/a defensor/a acada bater-lle a algún dos/as atacantes, este/a pasará a "durmir", liberando ao/á primeiro/a.Segundo A. Romaní, trata-se dun xogo de inverno
O BRILÉ
Os xogadores forman dous equipos do mesmo número de xogadores; un bon número pode ser entre cinco e oito por equipo. Precísase unha pelota de goma de mediano tamaño.
O CHOQUE-CHOQUEIRO
Xogo praticado en grupo, cun marcado carácter individual, onde as habilidades máis destacaban eran as de ser lixeiro á hora de fuxir e de saber esqueivar ao choqueiro para evitar que este lle tocara.Estamos diante dun xogo mixto, recollido na comarca ourensá da Límia, praticado por rapazes e rapazas de entre 5-6 e 12-13 anos.O espazo habitual de xogo era a eira, onde praticaba o xogo un grupo de 7 a 10 rapazes (este era o número ideal), depois de rematar as faenas próprias, tais como ir á escola, gardar o gando, ou ir á fonte.
O MARCO
Chega-nos a información desde Valilongo, no concelllo ourensán d’A Teixeira, polo que sabemos da súa prática neste concello e máis no viciño de Montederramo, mália tambén se ten coñecimento do xogo no centro e norte da provincia de Lugo.
O MISTO. O QUEIMADEDOS
Entretimento sedentário para praticar -nomeadamente- no interior e en cualquer época do ano. Vários/as concorrentes situan-se en circo (arredor dunha mesa, p.e.). Unha vez prendido un misto, este vai pasando de man en man até que a un/ha dos/as participantes se lle apaga nos dedos. Este debe pagar prenda.O tipo de prendas a pagar debe-se acordar de antemán. A prenda concreta, así e todo, pode decidir-se sobre a marcha.Como cuase todos os xogos sedentários de prendas, ha-se ter en conta que estas práticas rematan convertendo-se nun momento no que se poñen en común elementos da personalidade íntima dos individuos (pagar a prenda de dar un bico a unha persoa predeterminada, p.e.).
O MOINHO
É un xogo para dúas persoas, cada unha con 9 pezas.Xoga-se nos 24 pontos de intersección dos 3 cuadros concéntricos que forma o taboleiro....
O PANO
Xoga un número impar de individuos, xá que participan dous bandos iguais, de entre cuatro e oito xogadores/as, e un/ha xogador/a que fai de xuíz/a. Como elemento de xogo, precisa-se un pano ou unha trela de dúas cuartas de lonxitude.Cada bando terá un/ha capitán/ana que asignará un número a cada un/ha dos/as seus/súas compañeiros/as, incluindo-se el/a mesmo/a. Se xogan seis por cada equipa, han-se numerar do un ao seis, tanto nun bando como no outro....
O PASE MISÍ
Sirva o presente como mostra dos xogos que se levan a cabo en filas.Dous/dúas xogadores/as agarran-se das mans, formando con elas unha ponte, debaixo da cual van ter que pasar todos os elementos da fila....
OS BIRLOS AO CANTEIRO
Precisamos dúas ou máis bólas, construídas de madeira dura e de un a tres quilos de peso; e de -cuando menos- 9 birlos. Debe observar-se que tanto os uns como os outros escachan ou deterioran-se con facilidade; de aí a necesidade de ter repostos. Os birlos (entre 7 e 10 cm de altura), poden ser sen tornear, cos dous extremos cortados permitindo-os manter direitos no chao, e torneados, con unha soa cara de apoio e coa outra en forma de lámpada eléctrica. As bólas son esféricas, duns 15 cm de diámetro e -a diferenza doutras modalidades máis actuais- non ten buratos para as suxeitar....
OS BOLOS DE PUNXEIRO
Esta variante do Xogo de Birlos (ou Bolos) galegos pratica-se no concello ourensán de Viana do Bolo, concretamente no lugar de Punxeiro.Chama a atención a forma do bolo/birlo; que semella mui arcaica. Neste senso, mesmo pode resultar de interese observar as formas das distintas variantes galegas, podendo fazer un percurso na seguinte orde: Viana do Bolo, Xove, Cubelas,

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.