viernes, 30 de abril de 2010

Redes (25/04/2010): Cambiar o cerebro para cambiar o mundo

Estamos programados para cambiar, para aprender e para deixar que o noso ámbito moldee o substrato dos nosos pensamentos: o cerebro. Se queremos mellorar o noso comportamento cos demais e co noso ámbito natural haberá que traballar niso dende os primeiros anos, como facemos para aprender a falar ou a tocar un instrumento. En Redes, escoitamos as propostas de Richard Davidson, neuropsicólogo da Universidade de Wisconsin-Madison, para mellorar a educación. Co psicólogo Daniel Goleman, tamén descubriremos como consumir no futuro para ser uns mellores hóspedes deste planeta.

martes, 27 de abril de 2010

Relación nenez - vellez

Estupenda curtametraxe que debes ver ata o final

jueves, 22 de abril de 2010

Hiyab

Agora que se abriu de novo o debate sobre o "hiyab" póñovos  a curtametraxe que xa hai tempo colguei neste blog


¿Que está a acontecer coa nena do instituto madrileño? Simplemente que no centro educativo, o regulamento de réxime interno non permite que ningún alumno leve a cabeza tapada e  cúmprese o regulamento.


Repasando o regulamento de réxime interno do noso centro, non aparece nada que impida aos alumnos ir coa cabeza cuberta, polo que no noso centro podería estar.
É tí ¿que opinas?

viernes, 16 de abril de 2010

Charla: Aprender a quererse


Onte, Luisa Jonte brindounos unha interesante charla onde analizamos as diferenzas entre autoestima e autoconcepto, vimos como é a imaxe dun mesmo nas distintas idades, cales son os compoñentes da autoestima, como repercute no rendemento escolar e ao final nos deu dez suxestións para estimular a autoestima

Mostrounos un fermoso conto


E antes de darnos uns documentos e rematar a sesión, ensinounos un gran tesouro que garda dende moi pequena, de verdade que é un belísimo tesouro.



Déixovos os documentos que entregou:

sábado, 10 de abril de 2010

Aprender a quererse

O próximo xoves 15, ás 18 horas haberá no salón de actos do colexio, unha charla impartida por LUISA JONTE pedagoga, especialista en Pedagoxía Emocional e actualmente exercendo a xefatura do Departamento de Orientación nos colexios "Mestres Goldar" e "Sárdoma-Moledo" cuxo título será: APRENDER A QUERERSE” e tratará sobre os seguintes puntos:
  1. Que é a autoestima
  2. A imaxe de si mesmo nas distintas idades.
  3. Cómo repercute a autoestima no rendemento escolar.
  4. Cómo se constrúe a autoestima.
A sesión vai ser interactiva.
Como sempre pedimos que non se traian nenos pequenos.

jueves, 8 de abril de 2010

8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano

Esta data, institucionalizada xunto á bandeira e o himno xitanos no primeiro Congreso Mundial Roma/Xitano celebrado en Londres en 1971, tivo nos últimos anos unha importante difusión tanto en España coma en numerosos países dos cinco continentes. Este ano está previsto que arredor desta data se celebren diversos actos culturais, lúdicos e institucionais (entre eles unha recepción no Parlamento Europeo e en varios parlamentos autonómicos españois).


A comunidade xitana está constituída por máis de 10 millóns de persoas que habitan en numerosos países de todo o mundo. En Europa constitúe a minoría étnica máis importante e numerosa, con máis de 8 millóns de persoas. Precisamente este ano adoptouse por oito gobernos da Europa central e do Leste a "Década para a Inclusión dos Xitanos 2005-2015" auspiciada polo Banco Mundial e a Fundación Soros1.

A celebración do Día Internacional dos Xitanos supuxo nos últimos anos unha importante ocasión para o recoñecemento dos xitanos, a súa historia, a súa lingua e a súa cultura. Se ben durante un tempo foi unha celebración que pasaba desapercibida, actualmente é conmemorada en países dos cinco continentes, como unha chamada de atención á discriminación que, en moitas ocasións aínda sofre esta comunidade.

No noso Centro temos unha poboación xitana do 5% estando plenamente integrados derrubando todos os prexuízos que tiñamos sobre o mundo xitano


Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.