lunes, 3 de septiembre de 2012

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 20012-2013 (BOE 9-08-2012)


1.-TIPOS DE AXUDAS
     1.1.-Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a:
·         TDAH (trastorno por déficit de atención por hiperactividade)
·         Discapacidade
·         Trastorno graves de conduta.

1.2.-Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas

     1.3.-Axudas para programas específicos complementarios de apoio educativo asociado a altas capacidades
·         Reeducación pedagóxica e de linguaxe.
o   Informe do Departamento de Orientación
o   Certificación acreditativa do coste do servicio expedido polo centro reeducador
    
2.-REQUISITOS
     2.1.-Para axudas directas e subsidios:
·         Ter necesidade educativa asociada a discapacidade ou trastornos graves de conducta acreditado por:
o   Equipo de valoración da Xunta (certificado de minusvalía) ou polo Departamento de Orientación do Centro
·         Requisitos económicos:
o   Existe umbral de renta e patrimonio
·         Para os subsidios (ser membro de familia numerosa) non se esixen requisitos económicos.
2.2.-Altas capacidades:
·         Certificado del Departamento de Orientación acreditando a alta capacidade

3.-IMPRESOS
     Os impresos poderán recollerse e entregarse no Colexio (no Departamento de Orientación)

Os que queiran poderán facelo telemáticamente tendo en conta que:
As solicitudes tanto de axuda coma de subsidio deberán cumprirse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacion.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a “Trámites e Servizos”
Unha vez cumplimentada a solicitude telemática, se o solicitante se pode identificar mediante calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso electrónico de presentación da solicitude acompañando, a través da páxina web, en formato pdf (escanear) a documentación que lle sexa requirida pola propia aplicación.
No suposto de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez cumprida a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e as dos demais membros computables da familia no Colexio
O prazo remata o día 25 de setembro.

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.