lunes, 28 de marzo de 2011

TEST

Na páxina de psicoloxía http://www.psicoactiva.com/ hai moitos test para facer ON-LINE, tanto para pais como para nenos: http://www.psicoactiva.com/tests.htm

Hoxe seleccionei "¿O teu fillo é unha persoa independente ou influenciable?"

O texto que pon é
Xeralmente diante dos pais nosos fillos móstranse con ideas moi claras, saben ben o que queren e argumentan en todo momento o porqué das súas decisións, preferencias, etc. Non é estraño que defendendo os seus criterios os nenos e adolescentes se mostren mesmo rebeldes e desobedezan para saírse coa súa. Pero moitas veces este carácter firme e independente que vemos dilúese cando están cos seus amigos. Igual que os adultos, os máis novos necesitan sentirse integrados e queridos polos seus semellantes, por iso intentan parecerse os uns aos outros imitándose na forma de falar, de vestir, etc., pero en ocasións este desexo de aceptación pode levalos a perder a súa identidade fronte aos demais dunha forma excesiva, deixándose influenciar ata o punto de anulalos como individuos.
http://www.psicoactiva.com/tests/test.asp?idtest=9
Recordade que estes test soamente son orientativos; caso de dúbidas consultar cun profesional

lunes, 21 de marzo de 2011

Día Mundial Síndrome de Down

Hoxe é o día mundial da Síndrome de Down. A data non é casual, e é que hoxe é o 21-3, que nos recorda a triplicación do cromosoma 21, chamado comunmente Síndrome de Down.


DOWN ESPAÑA, en colaboración con Obra Social Caixa Madrid, realizou unha campaña en televisión, baseada na Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Minusvalidez, para concienciar á sociedade sobre os dereitos dos que teñen síndrome de Down.

A campaña está composta de tres anuncios de trinta segundos cada unha, na que se abordan tres dereitos fundamentais: 1) dereito ao traballo; 2) dereito á igualdade e á non discriminación; 3) dereito a vivir de forma independente e a ser incluído na comunidade.






 


domingo, 13 de marzo de 2011

Trastorno por déficit de atención e hiperactividade


O trastorno por déficit de atención e hiperactividade é unha síndrome conductual de causa pouco clara, na que probablemente interveñen factores xenéticos e ambientais e no que existe unha alteración no sistema nervioso central, que se manifesta mediante un aumento da actividade, impulsividade e falta de atención sendo unha das causas principais de fracaso escolar e de problemas sociais na idade infantil.

Trátase dun trastorno neurolóxico no que se propuxeron factores de orixe xenética (é dicir, herdado, non adquirido no curso da vida) aínda que non se descarta a influencia de factores que actuarían durante a xestación, o parto ou o desenvolvemento infantil. O factor xenético está demostrado, posto que o TDAH é entre  7 veces máis frecuente en irmáns e entre 11 e 18 veces máis frecuente en irmáns xemelgos. Describíronse varios xenes posiblemente implicados.

O DSM-IV (Manual diagnóstico e estatístico dos trastornos mentais ) identifica tres síntomas básicos:

Items de hiperactividade-impulsividade

  • Inquietude, móvese no asento
  • Érguese cando debería estar sentado
  • Corre e salta en situacións inapropiadas
  • Dificultade para xogar tranquilamente
  • Excitado a miúdo, "como unha moto"
  • Verborrea
  • Responde antes de que finalice a pregunta
  • Dificultade para gardar a quenda en actividades de grupo
  • Interrompe outros nos xogos, conversacións, etc.

Items de inatención

  • Non atende detalles, comete erros
  • Dificultade para manter a atención
  • Xordeira ficticia
  • Non segue instrucións, non remata as tarefas
  • Dificultade para organizarse
  • Evita tarefas que requiren esforzo continuado
  • Esquece e perde cousas necesarias para a súa actividade
  • Doada distracción por estímulos externos
  • Esquecedizo nas actividades diarias
O TDAH ten predominio de hiperactividade / impulsividade cando se detectan 6 ou máis items de hiperactividade / impulsividade e menos de 6 items de inatención.

O TDAH ten predominio de inatención cando se detectan 6 ou máis items de inatención e menos de 6 items de hiperactividade / impulsividade.
Considérase un TDAH combinado cando se detectan 6 ou máis items de hiperactividade / impulsividade e 6 ou máis items de inatención.
En calquera caso, todos estes items deben persistir máis de 6 meses, en dous ou máis lugares (colexio, casa, etc.).

O diagnóstico é complexo. Cando se sospeita que un neno ou unha nena ten este trastorno, no colexio soemos entrevistarnos cos pais, empregar escalas de avaliación da conduta, enchidas polos pais, profesores e outros coidadores do neno/a, e outras probas para descartar outros déficits que nos poidan levar a erros no diagnóstico. Estes estudios proporcionan unha información acerca da gravidade do trastorno e a necesidade de derivalo ao médico especialista que determinará o diagnóstico.

O tratamento ten tres bases imprescindibles:
  • Información e axuda exhaustiva a pais e mestres
  • Tratamento farmacolóxico
  • Tratamento psicopedagóxico
Co tratamento tratamos de:
  • Reducir os síntomas do TDAH
  • Reducir os síntomas comórbidos (outros síntomas asociados ao trastorno)
  • Reducir o risco de complicacións
  • Educar ao paciente e ao seu ámbito sobre o trastorno
  • Adaptar o entorno ás necesidades do paciente
  • Mellorar as habilidades de abordaxe dos pacientes, pais e educadores
  • Cambiar as percepcións desadaptativas
A información aos pais e mestres é necesaria xa que alteran a vida familiar e a vida da aula, sendo un trastorno difícil de entender. A información sobre a natureza do trastorno, a súa clínica e evolución, as alternativas terapéuticas e o manexo concreto de situacións debe constituír sempre o primeiro paso desta información.  
O tratamento farmacolóxico é imprescindible en 7 de cada 10 nenos con TDAH, e ten que individualizarse en cada paciente identificando a dose mínima eficaz e ben tolerada .
A acción psicopedagóxica pode orientarse cara a unha reorganización educativa e comportamental (terapia de modificación do comportamento), complementada coa práctica dun deporte ou actividades en centros recreativos para propiciar a descarga motora do neno

sábado, 5 de marzo de 2011

O día das mulleres

O 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora ou o Día da Muller.

Baixo o lema A EDUCACIÓN NON É UN CONTO: POLOS DEREITOS DAS NENAS Y AS MULLERES, a Campaña Mundial pola Educación está traballando na SAME 2011 para que millóns de persoas en todo o mundo mobilicémonos para recordar aos líderes políticos as dificultades que millóns de nenas e mulleres teñen para acceder a unha educación de calidade e para pedirlles que tamén recorden e cumpran o seu compromiso de destinar os recursos necesarios para facer realidade a Educación para Todos e Todas en 2015.

A educación é fundamental para o desenvolvemento dos pobos e das persoas. Recárgaa! Polos dereitos das mulleres e as nenas.

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.