jueves, 6 de noviembre de 2008

A HISTORIA DO MAGOSTO

Como o tempo acompañou, hoxe celebramos o Magosto no Colexio. Moitos pesamos que é unha simple festa onde comemos castañas. Que equivocadiños estabamos. Cóntovos a "historia do Magosto"

Aínda que esta festa agraria ten como referencias máis cercanas o pobo celta, sábese que tamén formaron parte das celebracións dos pobos prehistóricos.

A castaña e o día de defuntos aparecen asociados desde tempos inmemoriables á festa do magosto, que se celebra na primeira quincena de novembro xa que comenza un novo ciclo coa chegada do inverno o que supón a "morte da luz"

Segundo as crenzas antigas as castañas era o símbolo da alma dos defuntos e por iso cada castaña que se comía liberaba un alma do purgatorio. É pois un período de intensa comunicación entre os habitantes de este e do outro mundo coincidindo coa celebración do Samhain.

Era unha festa obrigatoria en tempos dos celtas e quen non asistía corría o perigo de perder a razón.

O costume para comer castañas asadas con motivo da festividade da "festa das ánimas" foi común en toda a zona norte da península. Os vascos chámanlle "kastañarre-eguna", os cataláns "casnyadas", en Galicia "magostos" e en Portugal "magustos".

Co paso do tempo a festa foi cambiando; as mozas achegaban as castañas e os mozos o viño que xa era novo. Tamén se comía pan de trigo e outros alimentos da época. Remataba o magosto con xogos e bailes. O xogo máis común era o de tiznarse a cara uns a outros. Os zonchos eran colares ou rosarios de castañas cocidas coa monda e atravesadas cun fío, esta é un costume que hoxe en día aínda se mantén.

Actualmente realízanse os magostos en case todos os lugares de Galicia, aínda que só se dea importancia ao feito para comer as castañas e facer a festa.

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.