Departamento de Orientación do CEIP "Otero Pedrayo": noviembre 2013

miércoles, 20 de noviembre de 2013

Obradoiros de Estimulación da linguaxe en E. Infantil: unha resposta compensadora das desigualdades lingüísticas

A estimulación da Linguaxe Oral é un instrumento fundamental para compensar as
desigualdades lingüísticas do alumnado de Educación Infantil, ase o demostra Beatriz Gallego López, que desenvolveou un Obradoiro levado a cabo dende o Programa de Educación Compensatoria para ofrecer unha resposta educativa a estas diferenzas lingüísticas.

A experiencia foi levada a cabo en E. Infantil de 4 e 5 anos no CEIP Miguel de Cervantes de Valladolid por Beatriz profesora de Educación Compensatoria en colaboración coas mestras destes alumnos.


A importancia de traballar a Estimulación da Linguaxe Oral en Educación Infantil

queda xustificada nos seguintes aspectos:
  • No dobre carácter da linguaxe: como comunicación e como representación mental e estructurador do pensamento.
  • Na importancia que en Educación Infantil ten a prevención e a detección temperá de problemas.
  • No carácter compensador desta etapa educativa, posto que en moitas ocasións o conxunto de experiencias lingüísticas que o alumnado recibe do seu ámbito social inmediato é moi pobre e iso fará que poida encontrar unha dificultade adicional que lles entorpece e, mesmo ás veces, impide outros logros académicos.
  • O traballo da linguaxe oral de forma sistemática favorecerá a conciencia lingüística e, con iso, establécense as bases dunha boa aprendizaxe da lectura
  • Con esta forma de traballar rendibilízase moito o persoal humano
Os obxectivos que plantexaron foron:
  • Estimular o fala e ofrecer bos modelos a imitar.
  • Axudar ou colaborar para compensar ou paliar diferenzas orixinadas polas desigualdades socio-económicas e culturais, fomentando a capacidade de comprensión e expresión de mensaxes orais.
  • Favorecer o uso funcional da linguaxe oral, como instrumento de comunicación e de representación.
  • Crear e estimular o desenvolvemento de situacións de comunicación respectando as normas propias da comunicación, sempre usando o xogo e o conto como estratexia lúdica e creativa da linguaxe.
  • Favorecer, mediante situacións diversas, os diferentes usos da linguaxe, de xeito que se vaia desenvolvendo as principais habilidades e funcións lingüísticas
Os principios metodolóxicos que utilizaron foron: o xogo, a narración de contos e a continua
actividade do alumnado.
A razón dos devanditos principios é que partese da concepción da linguaxe como
comunicación (mediante a narración de contos) e do xogo como estratexia de
intervención e elemento motivador

En canto a avaliación propón avaliar tanto ao alumnado como ao Obradoiro. Ao alumnado mediante un intercambiando de papeis entre as Titoras e a Profesora do Taller, de tal maneira que non sexa sempre o mesmo suxeito o que toma as anotacións avaliadoras, coidando que a súa realización non traia consigo unha perda do ambiente lúdico e motivador. Por iso, utilizarase preferentemente a observación como método de avaliación. Esta avaliación, da as pautas sobre aqueles aspectos do taller nos que habemos de insistir e sobre os nenos que non van alcanzando os obxectivos formulados, polo que haberemos de variar os contidos e/ou procedementos de nosa
intervención preventiva e estimulador

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.