Os nenos inflúen en preto dun 43% das decisións de compra que se toman nunha casa.
Á semana véndense 500.000 Barbies no mundo.
En España existen 1.130 marcas de xoguetes e 157 de xeados.
Os nenos españois gastan unha media de 420 € ao ano en roupa.
O 73% da poboación menor de 13 anos en España ten unha videoconsola. Nintendo vendeu 1.600.000 unidades en Españade Game Boy.
Un 20% dos nenos en todo o mundo entre 8 e 14 anos teñen teléfono móbil.
Un 30% dos adolescentes manda mais de 4 sms ao día.
Toys 'R' Us, recibiu 30 millóns de visitantes nos seus primeiros sete anos de vida en España.
O mercado directo é aquel co neno xestiona os seus propios cartos e toma decisións sobre a compra de produtos de pequena contía con total autonomía: Xeados, chuches,chocolate, etc. ; son os principais produtos que se compran"por impulso", sen apenas reflexión. Son só caprichos.
Estes caprichos son:
- 48,5% BEBIDAS: augas, refrescos.
- 12,5% CHUCHES: caramelos, gomas de mascar, lambetadas.
- 8,4% CHOCOLATE: chocolatinas, bombóns.
- 13,4% XEADOS
- 17,2% PICAR bolería doce, patacas, snacks.
Este diñeiro de peto vai aumentado cada vez más. Segundo algunhas fontes un 54% dos nenos españois recoñecen recibir unha paga mentres que un 45% recibeo diñeiro cando o pide. Só un 19% aforra parte dos seus ingresos.
¿Cómo actuar?
- Ensinar a administrar e repartir o diñeiro ao longo do tempo. A paga semanal pode ir, a medida que vai crecendo o neno, converténdose en quincenal, mensual... facendo, iso si, fincapé en que debe ser repartida ao longo do tempo e non gastada inmediatamente. É importante facer ver ao neno que o diñeiro non é ilimitado, que se pode esgotar e rematar senón se dispón ben del.
- Traballar sobre o que un neno necesita, sobre cales son as súas necesidades e cales son os seus caprichos. Xogar a preguntarse ¿por que é necesario? ¿y para que vou utilizalo? Debuxar catro ou cinco cousas sen as que poderías vivir e serías igual de feliz. Substituír obxectos comprados por obxectos fabricados por as súas propias mans.
- Educar en hábitos saudables de alimentación. Sen chegar a prohibir determinadas compras si é importante non facer costume alimenticia das lambetadas, os xeados, os chocolates, os refrescos. Facer ver que ese tipo de produtos son algo especial, extraordinario, que non se poden comer a miúdo porque son malos para a saúde.
- Fomentar o gasto en cousas importantes para o neno, e non en meros caprichos impulsivos. Ensinar a desexar as cousas, asoñalas, e a aforrar para conseguir o que se desexa. Regalar un peto . Os tempos de este desexo-aforro deberían estar en todo momento axeitado á idade do neno, para non cansar nin aburrir con excesivos prazos inalcanzables. Non esquezamos que para un neno o importante é o inmediato.Xogar co neno a buscar información sobre o produto desexado.
- Facer consciente ao neno do que custa gañar o diñeiro, pero sen que supoña o pagamento dun salario por un traballo. Recompensar e completar con diñeiro extra algúns recados ou tarefas. ¡Ollo! Hai tarefas no seo da familia que deben facerse polo mero feito de ser e participar na convivencia familiar (facerse a cama, poñer ou recoller a mesa), pero outros como o lavado do coche ou baixar a polo xornal, si poderían ser motivo dunha remuneración adicional que en todo caso debe manter (e contarllo así aos nenos) ese carácter de extraordinario. Ensinar a desexar as cousas, a soñalas, e a aforrar para conseguir o quedeséxase"
CONSEJERÍA DE LA FAMILIA Y ASUNTOS SOCIALES DE LA COMUNIDAD DE MADRID.GUIAS DE LA FAMILIA EN MOMENTOS DIFÍCILES.AUTOR: Carlos ballesteros García
No hay comentarios:
Publicar un comentario