A Xunta de Galicia cambiou o sistema de gratuidade de libros de texto para este curso 2009-2010.
- Este novo sistema vai dirixido aos pais con fillos/as que comenzan 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria e Educación Especial.
- O prazo de presentación é dende o 1 ata o 30 de setembro (no propio centro escolar)
- A documentación a presentar é: unha fotocopia dos DNI dos pais, unha fotocopia do libro de familia, o volante/certificado de empadroamento (só será necesario cando sexa preciso acreditar algunha circunstancia non recollida no Libro de Familia), unha certificación bancaria dun número de conta corrente e o formulario cumprimentado. O formulario poderáse recoller no centro escolar, nas sedes da Xunta ou baixar aquí:
Formulario de solicitude - Anexo I
Formulario de solicitude - Anexo II - O importe da axuda se ingresará en 15-20 días, desde a data da solicitude, por transferencia bancaria
- Os importes das axudas son:
*180 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 5.400 euros per cápita (5.400 euros por cada un dos membros da unidade familiar).
*104 € por fillo para as familias con rendas anuais inferiores a 9.000 euros per cápita (é dicir, 9.000 euros por cada un dos membros da familia).
*250 € para cada neno de Educación Especial, independentemente da renda anual familiar
Convocatoria no DOGA: Diario Oficial de Galicia
Información na páxina da Xunta: Gratuidade solidaria
2 comentarios:
Si la educación es un derecho, no debería ser un lujo. Apoyo que los libros de textos san gratis ;)
Un saludo,
Deprisa
Deprisa, completamente de acuerdo contigo
Publicar un comentario