1º.- Non é demandada polos pais
2º.- Coa maioría dos casos trabállase coa presunción de normalidade
ANTES DA ENTREVISTA
- Os pais son informados que haberá unha entrevista co Orientador e que o motivo desta é de obter información sobre os seus fillos para así poder axudarlles no seu desenvolvemento
- Os pais xa me coñecen antes da entrevista porque estou presente na primeira reunión e ademais me ven na entrada e na saída do colexio xa que deliberadamente estou durante o período de adaptación
DURANTE A ENTREVISTA
A finalidade da entrevista é coñecer a dinámica do neno e os seus vínculos familiares sen ningún fin terapéutico.
Procuro esta primeira vez xerar un vínculo onde sexan eles os protagonistas e que se dé un clima na relación que tenda a que se sintan cómodos e distendidos.
Durante a entrevista utilizo o reforzamento positivo e ao final, como pechando a entrevista, pregunto se hai algo máis que non comentásemos, algo que lles pareza importante que saibamos no colexio; e aquí, en ocasións aparece a verdadeira preocupación dos pais.
Con esta entrevista fágome unha idea de como é o neno, como son os seus pais, que tipo de funcionamento prima no neno, que tipos de vínculos existen.
DESPOIS DA ENTREVISTA
- Quedou aberta unha canle para que poidamos ter outras tanto si son demandas dos pais ou do colexio
- A información obtida axúdame á hora de pensar en estratexias a seguir con cada familia
- Este primeiro contacto cos pais logra posteriormente que haxa demandas pola súa parte
- Algúns aspectos da información recollida é transmitida á mestra co fin de brindar un coñecemento que poida serlle útil no seu quefacer diario e entendan dende outra perspectiva a conduta do neno