A Asociación Aspanaex (Asociación a favor das persoas con minusvalidez intelectual da provincia de Pontevedra) organiza dende hai 26 anos, na cidade de Vigo, unha MARCHA SOLIDARIA, camiñando 9 quilómetros pola cidade para defender os dereitos das persoas con minusvalidez intelectual.A marcha solidaria, este ano, sairá do parque de Castrelos ás 10,30 horas do domingo día 4 de outubro, regresando ao parque de Castrelos e procedendo a un sorteo de regalos entre os participantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario