jueves, 8 de abril de 2010

8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano

Esta data, institucionalizada xunto á bandeira e o himno xitanos no primeiro Congreso Mundial Roma/Xitano celebrado en Londres en 1971, tivo nos últimos anos unha importante difusión tanto en España coma en numerosos países dos cinco continentes. Este ano está previsto que arredor desta data se celebren diversos actos culturais, lúdicos e institucionais (entre eles unha recepción no Parlamento Europeo e en varios parlamentos autonómicos españois).


A comunidade xitana está constituída por máis de 10 millóns de persoas que habitan en numerosos países de todo o mundo. En Europa constitúe a minoría étnica máis importante e numerosa, con máis de 8 millóns de persoas. Precisamente este ano adoptouse por oito gobernos da Europa central e do Leste a "Década para a Inclusión dos Xitanos 2005-2015" auspiciada polo Banco Mundial e a Fundación Soros1.

A celebración do Día Internacional dos Xitanos supuxo nos últimos anos unha importante ocasión para o recoñecemento dos xitanos, a súa historia, a súa lingua e a súa cultura. Se ben durante un tempo foi unha celebración que pasaba desapercibida, actualmente é conmemorada en países dos cinco continentes, como unha chamada de atención á discriminación que, en moitas ocasións aínda sofre esta comunidade.

No noso Centro temos unha poboación xitana do 5% estando plenamente integrados derrubando todos os prexuízos que tiñamos sobre o mundo xitano


No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.