O Centro Internacional de Tecnoloxías Avanzadas (CITA) de Peñaranda preparou unha guía práctica sobre o papel do ordenador na aula para que os profesores aproveiten ao máximo o seu grao de competencia.
Partindo de que o ordenador non é un obxecto invasor nin un foco de atención, senón un elemento máis que debe ser integrado na estratexia de ensino-aprendizaxe na forma e medida que facilite a acción educativa ou estimule unha competencia concreta, entre outras suxestións, aconséllase aos profesores:
- Establece na túa aula tres momentos diferentes
- Ordenador pechado (non pode utilizarse o ordenador)
- O ordenador é un complemento e pode utilizarse para consulta, clarificación, etc.
- A tarefa esixe ordenador.
- Non te metas en camisa de once varas. Incorpora o ordenador a tarefas nas que o teu grao de competencia che permita facer o seguimento do traballo dos teus alumnos.
- A todo hai que afacerse. Ata que o ordenador sexa un elemento máis do ambiente educativo, planifica cada momento en que vaia utilizarse, de forma concreta e para todo un trimestre. Faino progresivamente. No comezo, o uso do ordenador será menor que cando exista o hábito tanto pola túa banda coma por parte dos alumnos.
- O ordenador non che fai as tarefas que ti non saibas facer. Só che facilita o camiño. Acostuma os teus estudantes a realizar esquemas ou bosquexos antes de poñerse directamente cunha aplicación. Na medida que as túas destrezas e as súas o permitan, eses pasos previos poden realizarse en papel ou co mesmo ordenador.
- Ás veces necesitamos desaprender. Nos primeiros días, prepara algunha sesión cos teus alumnos na que os hábitos dubidosos, as manías ou conceptos equivocados sobre o ordenador na aula, poidan aflorar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario