Esta tartamudez sucede entre outras causas porque os nenos están en pleno desenvolvemento gramatical e/ou narrativo, e o seu sistema lingüístico se ve "saturado"
A tartamudez evolutiva pode durar días, semanas ou meses, e prolongarse ata os 6-7 anos. Dependerá do neno e/ou do seu ámbito. Segundo expertos como Santacreu e Froján, ata os seis anos non convén facer un tratamento dirixido ao neno, e a intervención vai dirixida aos pais, fundamentalmente para que aprendan a non poñer atención aos momentos en que o neno tatexa.
Aí van algúns consellos para os pais:
- Non se angustíen pola forma como fala o seu fillo/a.
- Escoite pacientemente o que o seu fillo lle di e non se fixe en como o di.
- Deixe que o seu fillo complete a frase, non o interrompa nin remate vostede a frase.
- Manteña o contacto visual de xeito natural, mentres o seu fillo lle fale. Non lle transmita impaciencia ou nerviosismo.
- Dispoña de, polo menos, cinco minutos diarios para falar co seu fillo de xeito doado, relaxado e sen présas nin tensións.
- Non deben completarlle as oracións e/ou adiviñar o que neno quere dicir.
- Non o apresurar para que remate de falar.
- Non o interromper mentres fala.
- Non lle pedir que fale con rapidez e precisión todo o tempo.
- Non lle falar con ritmo acelerado, especialmente cando se lle dixo que el/ela debe falar máis devagar
- Non manter na casa un ritmo de vida acelerado.
- Non lle pedir ao neno que fale forzadamente fronte a amigos, parentes, veciños...
Déixovos este video para que se entenda un pouco a tartamudez, do que se sofre con ela e que o importante non é aprender a falar senon a aprender a escoitar
No hay comentarios:
Publicar un comentario