miércoles, 4 de mayo de 2011

Talleres

Onte, o alumnado de 6º traballou nun taller moi interesante. Foi un taller preventivo organizado pola Consellería de Benestar Social e onde se coñeceron un pouquiño máis e aprenderon a comunicarse de forma máis efectiva cos seus pais. As conclusións foron moi interesantes.
video

Pola tarde tiñamos outro taller para pais e nais pero non podo poñer as fotos nin comentar o seu desenvolvemento porque desgraciadamente de 155 familias que supón 300 pais e nais que forman parte da comunidade educativa, soamente acudiron 3 polo que tivemos que suspender o taller.
Unha lástima porque o ano pasado resultou moi interesante falando de poñer límites aos nosos fillos e este ano tamén ía ser tan interesante como o anterior xa que iamos a traballar a comunicación pais/nais - fillos/as.
Aínda que dan ganas de darse por vencido e dedicarse soamente ao traballo estrito que me corresponde sen perder nin unha soa hora do meu tempo persoal non o fago polos nenos/as que cunha ocurrencia, unha suxerencia, un sorriso,... fan que a miña implicación mereza a pena. 
Voltaremos a propoñer o taller para o vindeiro martes de 16:00 a 18:00 horas esperando que a asistencia sexa grande.
Grazas a todos e agardamosvos

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.