martes, 20 de agosto de 2013

AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 20013-2014 (BOE 19-08-2013

1.-TIPOS DE AXUDAS
         1.1.-Axudas directas para o alumnado que presenta necesidades educativas especiais asociadas a:
• TDAH (trastorno por déficit de atención por hiperactividade)
•  Discapacidade
•  Trastorno grave de conduta.

         1.2.- Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas

         1.3.- Axudas para programas específicos complementarios de apoio educativo asociado a altas capacidades

2.-REQUISITOS
2.1.-Para axudas directas e subsidios:
• Ter necesidade educativa asociada a discapacidade ou trastornos graves de conduta acreditado por:
*Equipo de valoración da Xunta (certificado de minusvalía) ou polo Departamento de Orientación do Centro
• Requisitos económicos:
                                   *Existe umbral de renda e patrimonio
• Para os subsidios (ser membro de familia numerosa) non se esixen requisitos económicos.

2.2.-Altas capacidades:
• Certificado del Departamento de Orientación acreditando a alta capacidade

3.-CLASES DE AXUDAS E CUANTÍAS
         3.1.-Axudas directas
                   Aínda que hai outras clases de axudas (ensinanza, transporte interurbano, residencia escolar, transporte fin de semana, trasporte urbano, libros e material específico) a maioría do alumnado do Otero Pedrayo poden pedir as seguintes:

·         Reeducación pedagóxica e de linguaxe cun límite de 913 € e levarán:
o   Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade da reeducación
o   Certificación acreditativa do custe mensual do servicio expedido polo centro reeducador
·         Comedor escolar….ata 574 €
  
3.2.-Subsidios
         Os subsidios por necesidades educativas especiais soamente pódese pedir para transporte interurbano, urbano e no caso do noso centro para comedor escolar (ata 574 €)

3.3.-Altas capacidades
·         Informe específico do Departamento de Orientación da necesidade desta axuda
·         Certificación acreditativa do custe mensual do servizo expedido polo centro que o preste
·         A axuda será dunha cantidade máxima de 913 €

4.-MODELO DE SOLICITUDE
As solicitudes tanto de axuda coma de subsidio deberán cumprirse mediante o formulario accesible por internet na dirección www.educacion.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a “Trámites e Servizos”

Unha vez cumprimentada a solicitude telemática, se o solicitante se pode identificar mediante calquera dos sistemas de firma aceptados pola sede electrónica, poderase completar o proceso electrónico de presentación da solicitude acompañando, a través da páxina web, en formato pdf (escanear) a documentación que lle sexa requirida pola propia aplicación.

No suposto de que o solicitante non dispoña de sistema de firma aceptado pola sede electrónica, unha vez cumprida a solicitude telemática, deberá imprimir o modelo de solicitude en ficheiro pdf e presentalo coa súa firma e as dos demais membros computables da familia no Colexio

As solicitudes de altas capacidades e que non dispoñan de firma aceptado pola sede electrónica terán que presentalos na Dirección Provincial da Comunidade Autonómica.

5.-PRAZO DE PRESENTACIÓN
O prazo remata o día 30 de setembro de 2013
          
Non dubidedes en consultar co Orientador do Centro

Páxina web da beca e acceso ao servizo

Resolución

1 comentario:

Carmen Toro Cabaleiro dijo...

Grazas Ubaldo!
Sempre se aprende contigo.
Un saúdo.

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.