Departamento de Orientación do CEIP "Otero Pedrayo": abril 2008

miércoles, 30 de abril de 2008

VALORES E CINE

Mª Carmen Pereira, a miña profesora da Universidade ensinoume a traballar os valores a través do cine. Si mergullamos un pouco por Internet atoparemos moita información sobre os seus traballos.
O seu libro Los valores del cine de animación. Propuestas para padres y educadores é un exemplo do cine como instrumento de educación en valores.
Podedes ver un estracto do libro na web da revista "EL CATOBLEPAS"
Así, por exemplo, na película "Buscando a Neno" propón traballar os temas: a adaptación e o inicio escolar. A sobreprotección da familia. A perda dalgún membro familiar. A escola e a función docente. A comunicación. A atención á diversidade. O medio ambiente: o mundo mariño. A igualdade de oportunidades. Educación para a saúde. Educación viaria. E os valores: responsabilidade, cooperación, solidariedade

martes, 29 de abril de 2008

AUTOESTIMA

¿Que é a autoestima? ¿Cando se forma a autoestima? ¿Como inflúe a autoestima nos nosos fillos e fillas?....... son preguntas que nos fixemos hoxe na escola de pais e nais. Si queres saber algo mais mira esta presentación.


O martes 13 de maio ás catro da tarde nos reunimos de novo os pais e nais para seguir traballando este interesante tema da autoestima. Os pais e nais do Colexio Mestres Goldar tamén podedes acudir.

lunes, 28 de abril de 2008

LIBROS QUE FALAN DE LIBROS

Xa sabedes que "O RECANTO DE MIK" é un dos meus sitios preferidos
Sacou unha guía de lectura, para maiores, aproveitando o mes do libro: "LIBROS QUE FALAN DE LIBROS" moi interesante.

LA LECTURA Y LA VIDA

Emili Teixidor.
Ed. Ariel
Ler no é só un pracer, senón que nos axuda a entender o mundo, a enfrontarnos coas nosas emocións, a madurar e a ser persoas máis completas. Sen a literatura -di o autor- non seriamos o que somos.
Este libro contén as reflexións destiladas ao longo dos máis prestixiosos autores de literatura infantil e xuvenil do noso pais sobre a iniciación á lectura, o sentido da literatura xuvenil, os grandes libros que todo adolescente debería ler, o papel da escola, das bibliotecas e das familias na formación de novos lectores que acabarán sendo mellores persoas.

EL CUENTO NÚMERO TRECE

Diane Settefield
Editorial: Lumen sa
Margaret Lea recibe unha carta da misteriosa escritora Vida Winter para que escriba a súa biografía....e promete non mentirlle. A moza trasládase á casa da autora e esta comenza a debullar a historia da súa familia.




BALZAC Y LA JOVEN COSTURERA CHINA
Dai Sijie
Ed Salamandra
Unha historia marabillosa que narra o descubrimento da lectura, do amor e da amizade na China de Mao Zedong. Dous adolescentes son enviados a unha aldea perdida nas montañas para cumprir co proceso de reeducación implantado por Mao Zedong a finais dos anos sesenta. Soportando unhas condicións de vida infrahumanas, todo cambia coa aparición dunha maleta clandestina.
LEER "LOLITA" EN TEHERÁN
Nafisi, Azar
El Aleph Editores
Unha vez por semana e durante máis de dous anos, Azar Nafisi, unha profesora de literatura da Universidade de Teherán expedientada por negarse a levar o veo, reuniu na súa casa a sete das súas alumnas para ler e comentar algunhas das novelas occidentais prohibidas polo réxime dos aiatolás.

LA CONEXIÓN ALEJANDRÍA
Steve Berry
Ed Seix Barral
Cotton Malone, o xa soado axente do goberno norteamericano, vive retirado en Copenhague, onde rexenta unha librería de segunda mán. Pero a súa tranquila vida vese truncada de súpeto: o seu fillo é secuestrado e alguén prende lume a librería. Cotton Malone ten unha valiosa información capaz de revelar os segredos da desaparecida biblioteca de Alexandría, e alguén parece disposto a calquera cousa para conseguila.

CORAZÓN DE TINTA
Cornelia Funke
ED Siruela
Que son de verdade Dedo Polvoriento, Capricornio ou Lingua de Bruxo saberao Meggie polas respostas que atope nun vello pobo das montañas de Liguria.... e tamén nun libro. Cando Mo, o pai de Meggie, saúda a un estrano visitante que aparece na súa casa, a nena sente que aquela persoa emana un perigo, quizá unha gran ameaza contra o seu pai.... e entón foxen ao sur, á casa de tía Elinor, propietaria dunha das máis fascinantes bibliotecas que un poida imaxinar.

SANGRE DE TINTA
Cornelia Funke
Ed Siruela
A vida parece que volve ser apracible na casa de tía Elinor e na súa fascinante biblioteca, ou co regreso de Resa, ou con Mo (Lingua de Bruxo) de novo encadernando e "sanando" libros enfermos. Pero o perigo volve axexar tras as páxinas e no xardín
FELICES E BOAS LECTURAS

sábado, 26 de abril de 2008

MODELADO

Os nenos e as nenas siguen o noso exemplo. ¿Que exemplo estamos a darlles?


viernes, 25 de abril de 2008

Cambio de conducta

Hai deixovos o arquivo completo de métodos de cambio de conducta: reforzo positivo, extinción, illamento, contratos de conduta, etc. Pica no enlace:
http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_43v3c6vg2g

jueves, 24 de abril de 2008

UNS PEQUENOS CONSELLOS PARA ESTUDIAR

"Apunta cara a lúa, pois aínda que che equivoques, irás para as estrelas"
E cando che poñas unha meta difícil ou creas que tes un soño imposible; recorda que o éxito é só a recompensa, pois o que vale é o esforzo.



¿Sabes cal é a diferenza entre un soño e unha meta? Pois deixa a túa opinión

miércoles, 23 de abril de 2008

DIA DO LIBRO

Hoxe é o "día do libro", pero ¿sabes por que se celebra precisamente hoxe? Visita "O recanto de Mik", que ademais de pasar un bo rato, te enterarás que pasou nun día 23 de abril de 1616
http://www.blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cod=36721

¿ERES MALA NAI?

Mira esta presentación e logo opina como o fixemos onte na escola de nais e pais.



Recordade que o próximo martes 29, ás 4 da tarde, volvemos a ter escola de nais e pais

sábado, 19 de abril de 2008

CAMBIO DE CONDUCTA: REFORZO POSITIVO

Un dos grandes retos dos pais e nais é tratar de cambiar condutas non desexadas dos seus fillos.As técnicas de modificación de conduta fundaméntanse nas teoría da aprendizaxe, segundo as cales a conduta depende das súas consecuencias:
  • toda conduta que ten unha consecuencia agradable tende a repetirse
  • toda conduta que non é seguida dunha consecuencia agradable tende a perderse.
En base a esta máxima: se algo nos agrada...., se alguén nos eloxia o que facemos..., se nos premian a nosa acción..., se eloxian o que dicimos..., se nos rin..., se nos fan unha caricia... REPETIMOS; é pola contra, se quedamos desgustados..., se critican o noso comportamento... se nos berran ou nos insultan..., se non sacamos ningún beneficio do que facemos..., se o que facemos nos prexudica ou nos fai dano....ABANDONAMOS.

Ase pois as técnicas de modificación de conduta son un conxunto de estratexias que utilizan o reforzo e o castigo para establecer ou incrementar as condutas desexadas e reducir ou eliminar os comportamentos non apropiados.
As principais técnicas de modificación de conduta son:

1.-PARA INCREMENTAR CONDUTAS
Reforzo positivo:
· Eloxio
· Atención
· Contacto físico
· Recompensas e privilexios
. A lei da aboa
2.-PARA DIMINUÍR CONDUTAS
Extinción
Custo de respostaIllamento
3.-COMBINADOS
Economía de fichas e Contrato de conduta
REFORZO POSITIVO
O bo comportamento, a disciplina, depende máis das consecuencias positivas que se derivan del que do medo aos castigos; polo tanto, é un erro identificar disciplina con emprego exclusivo do castigo.
É moi importante prestar atención e reforzar as condutas adecuadas que normalmente nos pasan desapercibidas. Se só se responde ás malas condutas, tal e como facemos con moita frecuencia, créase un círculo vicioso de “mal comportamento” mantido pola atención do pai/nai.
Exemplo: Está comprobado que é moi eficaz eloxiar o comportamento de estar sentado/a, mentres que ordenar repetidamente sentarse aumenta a frecuencia de estar de pé.
Requisitos de aplicación:
· Identificar claramente o comportamento correcto
· Aplicar o reforzo positivo inmediatamente despois da emisión da conduta adecuada.
· Aplicar o reforzo frecuentemente.
REFORZO POSITIVO: O ELOXIO
Premisas para a súa correcta aplicación:
· Debe ser descritiva: Nomearase con claridade a conduta , especificando aspectos concretos: “Luís, está moi ben o de recoller os papeis do chan”, “Grazas por axudarme a limpar a mesa”, “Paréceme xenial que compartas as cores co teu irmá”...
· Pero tamén é conveniente combinar estas loanzas específicas coas de tipo xenérico: “Síntome orgulloso de ti”
· Debe incluír comentarios positivos e motivadores para o neno ou nena: “Paula, fixeches un traballo excelente no exercicio de matemáticas: os números están perfectos e as columnas ben ordenadas”.
· Deben eloxiarse os comportamentos positivos, manque sexan pouco importantes ou nos parezan normais e non dignos de mención, tales coma: atender, estar quietos...
· O eloxio debe ser sincero, centrándose só no que está ben feito. Se está ben parte da tarefa e a outra mal, loarase a parte positiva e logo diráselle o que está mal e debe repetir: “A cama está ben feita, agora tes que limpar ben o chan”.
· O tono do eloxio debe ser agradable e é moi importante evitar a toda costa calquera tipo de sarcasmo ou comentario negativo, coma por exemplo: “Menos mal que acabaches facendo a cama” “Luís, hoxe comiches todo, case non o podo crer”
· Non deben incluír nunca referencias a unha mala conduta pasada do alumno/a: “Bo traballo, Manuel, non sei por que non o fixeches así de ben antes, non coma o que fixeches outro día...”
· Débese cambiar a loanza para evitar a monotonía: “Está moi ben, é orixinal, gústame...”

REFORZO POSITIVO: A ATENCIÓN
A atención que se lle presta aos nenos e nenas é un reforzador moi poderoso, por iso cómpre estar moi atentos/as para non empregala de forma continxente a comportamentos inadecuados, contribuíndo a aumentalos ou perpetualos. Nestes casos é preferible a retirada sistemática de atención.
Procedementos para prestar atención ante condutas positivas:
Mirar ó neno/a
Sorrirlle
Facerlle un comentario rápido ou preguntarlle algo
Manter con el unha conversa breve
Realizar xunto con el algunha actividade
Etc.

REFORZO POSITIVO: O CONTACTO FÍSICO
Tamén é un reforzador moi potente, especialmente cos nenos/as máis pequenos/as.
Formas de contacto:
Sentarse preto do neno/a
Sentalo/a nos xeonllos
Abrazalo/a
Bicalo/a
Facerlle cóxegas
Palmada cariñosa
Participar co neno/a en xogos que implican contacto físico (Por exemplo, subir a cabalo)

REFORZO POSITIVO: RECOMPENSAS E PRIVILEXIOS
Pautas para a correcta utilización:
Identificar as recompensas e privilexios apropiadas para cada suxeito, dado que os que son reforzantes para uns/unhas poden non selo para outros/as. Un bo método para acertar consiste en observar que reforzos escolle cada individuo libremente: xogar ao fútbol, uso dun determinado xoguete, ler contos, escoitar historias que conta o/a profesor/a...
Non fomentar o uso de chantaxes por parte do neno/a: non se pode reforzar o abandono dunha conduta inapropiada que o/a neno/a emite só para obter recompensas por deixala.
-“Manuel, séntate inmediatamente”
Manuel rise e sigue de pé pola cociña
-“Manuel, se te sentas douche un cromo”
Manuel séntase
As recompensas deben darse sempre inmediatamente despois da emisión da conduta desexada, nunca antes. Non serve de nada a administración do reforzo ante a promesa de realizar logo a conduta desexada: “Se me prometes facer logo os deberes, déixoche ver a tele”.
As recompensas e privilexios deben ser usados consistentemente, xa que o cambio de conduta non acostuma a ser inmediato, leva un tempo.
As recompensas e privilexios deben variarse para evitar a habituación
Deben darse en proporción á importancia e á dificultade das condutas que se queren premiar.
A LEI DA ABOA
Consiste en esixirlle ao neno/a que faga algo que non lle gusta como condición indispensable para conseguir algo que lle gusta: “Poderás comer a torta cando comas o pescado”, “ Se rematas o exercicio de matemáticas poderás ver a tele”, “Non poderás saír ao patio ata que recollas as túas cousas”
Esta lei funciona mellor se as consignas se dan de forma positiva e tranquila, non de maneira impositiva, berrando ou alterados, xa que provocan reaccións negativas nos suxeitos. Non se debe dicir:“¡Tes que rematar a tarefa para poder saír!”, “Os teus compañeiros xa están fóra, ti sairás cando remates”....

Na próxima publicación escribirei sobre as "técnicas para extinguir ou diminuír o comportamento inadecuado (Extinción, illamento, custo de reposta e perdida de privilexios) e se non me alargo moito escribirei tamén sobre as técnicas combinadas de modificación conductual (contratos de conduta e economía de fichas)
Déixovos un vídeo que vimos na escola de pais e nais para que mediteis e dejeis algún comentario se creeis oportuno


Un saúdo. Ubaldo

viernes, 18 de abril de 2008

PRESENTACIÓN

Aproveitando os medios informáticos, ocorréuseme este sistema para estar en contacto cos pais e nais do Colexio. Chámome Ubaldo e exerzo de Orientador no Colexio "Otero Pedrayo" e no "Mestres Goldar" de Vigo.

As miñas funcións son varias, que podemos resumir en: axudar e orientar á pais-nais, mestres-mestras e aos propios nenos e nenas na difícil tarefa da educación. Pero se alguén ten gañas de saber cales son as funcións legais dos Orientadores hai van as que marca a Orde do 24 de xullo de 1998:

a) Dirixir e coordina-las actividades e actuacións propias do departamento de orientación.
b) Responsabilizarse da redacción do plan anual de actividades do departamento, velar polo seu cumprimento e elabora-la memoria final de curso.
c) Representa-lo departamento na comisión de coordinación pedagóxica.
d) Convocar e presidi-las reunións ordinarias do departamento e as que con carácter extraordinario fose preciso celebrar, levantando a acta correspondente.
e) Asistir ás reunións convocadas polo xefe ou xefa do departamento de orientación do instituto de educación secundaria ó que está adscrito.
f) Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso.
g) Coordina-la organización de espazos e instalacións para a orientación, así como a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación.
h) Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que se indican no artigo
4 a) do Decreto 120/1998, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme o procedemento e os criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse, se é o caso, da elaboración do informe psicopedagóxico.
i) Coordinar, en colaboración cas profesores ou profesoras de apoio, a atención do alumnado con necesidades
educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado.
l) Participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas.
m) Aqueloutras funcións que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación

As funcións do Departamento de Orientación son:

a) Valora-las necesidades educativas, no ámbito da orientación dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
b) De acordo coas directrices establecidas no plan de orientación deseñado conforme o que establece no artigo 13º da presente Orde e da comisión de coordinación pedagóxica do centro, elabora-las propostas do plan de orientación académica e de madureza vocacional e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento deste plan.
c) Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alumnado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.
d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas.
e) Participar na avaliación psicopedagóxica conforme á normativa ó respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.
f) Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de conflitos de relación interpersoal.
g) Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación.
h) Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención.
i) Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas, promove-la cooperación entre o centro e as familias implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e intereses, adquisición de hábitos de hixiene e de autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado.
l) Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións no ámbito das súas competencias.
m) Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións.

Como vedes moitas e variadas. Ao gran, interésame que me indiquedes inquietudes, temas etc que podamos abordar a través deste medio.

Un saudo. Ubaldo
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.