viernes, 18 de abril de 2008

PRESENTACIÓN

Aproveitando os medios informáticos, ocorréuseme este sistema para estar en contacto cos pais e nais do Colexio. Chámome Ubaldo e exerzo de Orientador no Colexio "Otero Pedrayo" e no "Mestres Goldar" de Vigo.

As miñas funcións son varias, que podemos resumir en: axudar e orientar á pais-nais, mestres-mestras e aos propios nenos e nenas na difícil tarefa da educación. Pero se alguén ten gañas de saber cales son as funcións legais dos Orientadores hai van as que marca a Orde do 24 de xullo de 1998:

a) Dirixir e coordina-las actividades e actuacións propias do departamento de orientación.
b) Responsabilizarse da redacción do plan anual de actividades do departamento, velar polo seu cumprimento e elabora-la memoria final de curso.
c) Representa-lo departamento na comisión de coordinación pedagóxica.
d) Convocar e presidi-las reunións ordinarias do departamento e as que con carácter extraordinario fose preciso celebrar, levantando a acta correspondente.
e) Asistir ás reunións convocadas polo xefe ou xefa do departamento de orientación do instituto de educación secundaria ó que está adscrito.
f) Velar pola confidencialidade dos documentos, se é o caso.
g) Coordina-la organización de espazos e instalacións para a orientación, así como a adquisición de material e de equipamento específico, velando polo seu uso correcto e conservación.
h) Realiza-las avaliacións psicopedagóxicas, no caso de estar en posesión das titulacións que se indican no artigo
4 a) do Decreto 120/1998, e asesorar no deseño, desenvolvemento e avaliación das medidas de atención á diversidade conforme o procedemento e os criterios establecidos no proxecto curricular do centro e responsabilizarse, se é o caso, da elaboración do informe psicopedagóxico.
i) Coordinar, en colaboración cas profesores ou profesoras de apoio, a atención do alumnado con necesidades
educativas especiais, elevando ó xefe de estudios, cando cumpra, a proposta de organización da docencia para este alumnado.
l) Participar nas sesións de avaliación para o deseño, desenvolvemento e avaliación de actuacións conxuntas que permitan a coherencia das respostas educativas.
m) Aqueloutras funcións que a Administración educativa lle poida asignar referidas á orientación

As funcións do Departamento de Orientación son:

a) Valora-las necesidades educativas, no ámbito da orientación dos alumnos e alumnas do seu contorno e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.
b) De acordo coas directrices establecidas no plan de orientación deseñado conforme o que establece no artigo 13º da presente Orde e da comisión de coordinación pedagóxica do centro, elabora-las propostas do plan de orientación académica e de madureza vocacional e do plan de acción titorial, incidindo no desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado e ofrecerlle ó profesorado o soporte técnico para o desenvolvemento deste plan.
c) Participar na elaboración, seguimento e avaliación dos proxectos educativo e curricular do centro, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico para a atención á diversidade do alumnado e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción.
d) Deseñar accións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe derivadas tanto de condicións desfavorables como de sobredotación que presenten os alumnos e alumnas.
e) Participar na avaliación psicopedagóxica conforme á normativa ó respecto e participar no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.
f) Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida enfrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou de maior dificultade, como o ingreso no centro, o cambio de ciclo ou etapa ou a resolución de conflitos de relación interpersoal.
g) Impulsa-la participación do profesorado en programas de investigación e innovación educativa nos ámbitos relativos a hábitos de traballo intelectual, programas de ensinar a pensar, habilidades sociais, técnicas de dinámica de grupos ou en calquera outros relacionados co seu ámbito de actuación.
h) Cooperar cos membros dos equipos de orientación específicos no deseño, desenvolvemento e avaliación de programas de intervención.
i) Co obxecto de potenciar estratexias de actuación conxuntas, promove-la cooperación entre o centro e as familias implicándoas no proceso educativo dos seus fillos: estimulación da motivación e intereses, adquisición de hábitos de hixiene e de autonomía; desenvolvemento motriz e da linguaxe; relacións interpersoais e aqueloutros aspectos que favorezan o desenvolvemento evolutivo do alumnado.
l) Establecer canles de comunicación cos diferentes servizos ou institucións no ámbito das súas competencias.
m) Aqueloutras que a Administración educativa lle puidese encomendar no ámbito das súas funcións.

Como vedes moitas e variadas. Ao gran, interésame que me indiquedes inquietudes, temas etc que podamos abordar a través deste medio.

Un saudo. Ubaldo

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.