Departamento de Orientación do CEIP "Otero Pedrayo": Entrevista inicial aos pais dos nenos de tres anos

jueves, 17 de septiembre de 2009

Entrevista inicial aos pais dos nenos de tres anos

Durante o mes de setembro teño unha entrevista con cada un dos pais dos alumnos de tres anos.Esta primeira entrevista ten unhas características especiais:
1º.- Non é demandada polos pais
2º.- Coa maioría dos casos trabállase coa presunción de normalidade

ANTES DA ENTREVISTA
  • Os pais son informados que haberá unha entrevista co Orientador e que o motivo desta é de obter información sobre os seus fillos para así poder axudarlles no seu desenvolvemento
  • Os pais xa me coñecen antes da entrevista porque estou presente na primeira reunión e ademais me ven na entrada e na saída do colexio xa que deliberadamente estou durante o período de adaptación

DURANTE A ENTREVISTA

A finalidade da entrevista é coñecer a dinámica do neno e os seus vínculos familiares sen ningún fin terapéutico.

Procuro esta primeira vez xerar un vínculo onde sexan eles os protagonistas e que se dé un clima na relación que tenda a que se sintan cómodos e distendidos.

Durante a entrevista utilizo o reforzamento positivo e ao final, como pechando a entrevista, pregunto se hai algo máis que non comentásemos, algo que lles pareza importante que saibamos no colexio; e aquí, en ocasións aparece a verdadeira preocupación dos pais.

Con esta entrevista fágome unha idea de como é o neno, como son os seus pais, que tipo de funcionamento prima no neno, que tipos de vínculos existen.

DESPOIS DA ENTREVISTA

  • Quedou aberta unha canle para que poidamos ter outras tanto si son demandas dos pais ou do colexio
  • A información obtida axúdame á hora de pensar en estratexias a seguir con cada familia
  • Este primeiro contacto cos pais logra posteriormente que haxa demandas pola súa parte
  • Algúns aspectos da información recollida é transmitida á mestra co fin de brindar un coñecemento que poida serlle útil no seu quefacer diario e entendan dende outra perspectiva a conduta do neno

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.