viernes, 2 de octubre de 2009

Recomendacións para pais e nais de nenos e nenas movidos


RECOMENDACIÓNS PARA DAR INSTRUCIÓNS

a. Manter contacto visual

b. Dar instrucións claras e concisas

c. Simplificar instrucións complexas

d. Evitar múltiples ordes á vez

e. Asegurarse que entendeu as instrucións antes de comezar a tarefa

f. Repetir con calma, e de xeito positivo, se é necesario

g. A maioría destes nenos non preguntan, hai que axudarlles a sentirse cómodos pedindo axuda

h. Requiren axuda durante máis tempo para conseguir autonomía

i. A súa principal dificultade é a desorganización, requiren supervisión diaria.

RECOMENDACIÓNS PARA AXUDARLLES A REMATAR AS SÚAS TAREFAS

a. Darlle as tarefas unha por unha e non varias á vez

b. Supervisión continua. Manter unha actitude de axuda

c. Modificar as tarefas ou deberes se é necesario

d. Aproveitar os puntos fortes do neno e axudarlle nos débiles

e. Dalo un tempo extra para determinadas tarefas, ás veces traballan máis devagar

f. Ter en conta que son nenos que se frustran doadamente. Estrés, presión e cansazo poden conducilos a perder o control e inducilos a un mal comportamento

g. Recoñecer todos os seus esforzos, recordar que estes nenos se esforzan moito, aínda que non o pareza.

h. Necesitan decatarse de que poden cumprir obxectivos

i. Ensinar o neno a manexar auto instrucións e fomentar o seu uso

RECOMENDACIÓNS PARA MODIFICAR O COMPORTAMENTO E MELLORAR A SÚA AUTOESTIMA

a. Manter a calma. Non discutir co neno

b. Ter as consecuencias do mal comportamento preestablecer

c. Administrar as consecuencias deseguida e recoñecer o seu bo comportamento, asi reforzásense os comportamentos axeitados

d. Evitar ridiculizar e criticar, facelo pode danar gravemente a súa autoestima.


Podedes ver os métodos de cambio de conducta en:
http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_43v3c6vg2g

2 comentarios:

MIK dijo...

Benvido!! Vexo que pouco a pouco vas retomando as actividades cotiás e, coma sempre, cuns consellos ben atinados e interesantes.
Unha aperta

Ubaldo Ovidio Vázquez Méndez dijo...

Grazas Mik. Xa sabes que vos estraño moito, pero como este ano me encargo da biblioteca xa estaremos en contacto. Ahhhhh xa controlo "un pouquiño" o Meiga.
Un saudo

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.