martes, 1 de julio de 2008

CHEGAN AS VACACIÓNS

Chegou o verán e con il as vacacións pero....como plantexamos estes dous longos meses de vacacións?.
Cada familia, dependendo das súas circustancias, obtará por un plantexamento ou outro, aínda que é certo que algunhas rutinas e algunhas actividades deberían estar presentes ao longo deste período.

Dende o punto de vista académico é importante non perder os hábitos de traballo e de estudo adquiridos durante o curso escolar; tamén é importante reforzar as novas aprendizaxes adquiridas para que no mes de setembro non lles pasen factura.
Para iso é importante importante unha rutina de traballo, preferiblemente pola mañá, logo do desayuno e antes de empezar as actividades de tipo lúdico.

Tamén é importante potenciar a lectura como fonte de pracer a través de libros que lles gusten e motiven.

Pero tamén hai tempo para descansar e gozar. É o momento de permitir actividades máis restrinxidas durante o curso, tal e como poidan ser a televisión ou as videoconsolas, pero sempre con moderación e supervisión pola nosa banda, tanto no tipo de programas que ven como nos xogos que se escollan, vixiando en ambos os casos o tipo de contido que lles transmiten.

É importante que non pasen sos todo o tempo de lecer. Agora é un bo momento para que acudan a excursións, campamentos... xa que poderán relacionarse e mellorar a súa socialización, continuarán tendo uns hábitos, normas, límites... e adquirirán maiores habilidades e coñecementos.

O deporte tamén debe estar presente, e debería practicarse na medida do posible, xa sexa de forma global nos citados campamentos, ou de forma particular en clubs deportivos.

Pero sobretodo o verán é época de estar cos nosos fillos. É importante aproveitar as nosas vacacións laborais para facer todas estas actividades con eles, desde ler un intre xuntos, dar un paseo en bicicleta, ir ao cine e se é necesario xogar á videoconsola. En definitiva, aumentar os espazos de calidade e dedicación que no día a día en ocasións non logramos atopar.

Estas son unhas poucas ideas para pasar o verán pero seguro que tedes moitas máis que espero que compartais deixando un comentario

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.