jueves, 20 de noviembre de 2008

ADAPTACIÓNS CURRICULARES

A Orde do 6 de outubro de 1995 (DOGA 7/11/1995) regula as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral.
A Orde distingue as medidas de REFORZO EDUCATIVO e as ADAPTACIÓNS CURRICULARES.

O REFORZO EDUCATIVO é unha medida ordinaria de atención á diversidade que afecta a elementos non prescritivos do currículum, é dicir, á secuencia de contidos, ás formas e instrumentos de avaliación, á organización da aula, ós agrupamentos de alumnos e a todo aquilo incluído dentro do ámbito da metodoloxía.
É unha medida que vai dirixida a aqueles alumnos e alumnas que modificando eses elementos non prescritivos poden segui-lo proceso ordinario de ensino-aprendizaxe.

AS ADAPTACIÓNS CURRICULARES son as modificacións dun ou de máis elementos prescritivos do currículum, como son os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación, para atende-las necesidades educativas dun alumno ou alumna motivadas tanto por unha determinada dificultade persoal como polas súas capacidades excepcionais.

¿A que alumnos-as se lle fará unha adaptación curricular?
*Ao alumnado que esgotou tódalas medidas ordinarias de intervención educativa (reforzo educativo e repetición de curso) Exemplo: alumno/a que repite o segundo ciclo e recibiu un reforzo educativo; suspende outra vez e pasa o terceiro ciclo pola idade. É un alumno/a que esgotou as medidas ordinarias e a pesar diso non consigue acadar os obxectivos de 2º ciclo.
*Ao alumno/a que padece un déficit de calquera índole non sería necesario esgotar tódalas medidas ordinarias. Exemplo: alumno/a con autismo.
*Ao alumno/a que posee cualidades excepcionais. Exemplo: alumnado sobredotado; existe lexislación específica (Orde do 28 de outubro de 1996 )
*Ao alumno/a que por diversas razóns educativas, sociais, culturais non poden segui-lo proceso ordinario de ensino aprendizaxe. Exemplo: alumnado procedente do extranxeiro.

As adaptacións teñen un proceso de elaboración que ven recollido nesta Orde e teñen que ser autorizadas pola Inspección Educativa.

Moitos ensinantes aínda non están pola faena ; a razón non a sei pero non coñezo ningún ensinante que deixara aparcado a este tipo de alumnado; lle fan adaptacións curriculares a su maneira sen os requisitos legais. Esto é un erro xa que desta forma non constará no seu expediente educativo e non terán as ventaxas que esta medida extraordinaria ten: estar exentos de algunha asignatura no IES, preferencias nas garantías sociaisnos grupos flexibles, outras formas de avaliación, etc.

A adaptación curricular é UN DEREITO do alumno.

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.