miércoles, 26 de noviembre de 2008

OS HÁBITOS UNHA APRENDIZAXE

Considérase que existe un hábito cando "o individuo leva a cabo unha conduta, que aprendeu previamente, no momento oportuno, de forma axeitada e sen necesidade de control externo".

REQUISITOS PARA A ADQUISICIÓN DE HÁBITOS
  1. As relacións afectivas entre pais e os fillos son a base de toda convivencia
  2. O equilibrio e estabilidade emocional do adulto fronte ás posibles respostas do neno
  3. A autoridade fronte ao autoritarismo
  4. A comunicación
  5. A constancia e a sistematización nas esixencias e propostas

ASPECTOS DETERMINANTES

  1. Habilidades de execución. Son as condutas que implican a realización dunhas actividades motoras concretas. Están moi relacionadas co desenvolvemento psicomotor e teñen un longo proceso de adquisición e maduración (motricidad grosa e fina)
  2. Habilidades de planificación. É o proceso da planificación das tarefas xa que os adultos non percibimos todas as pequenas accións que configuran unha actividade debido a que nós as realizamos de forma sistemática e incosciente
FASES DO PROCESO
  1. PREPARACIÓN. Esta fase ten por obxectivo desvelar as actitudes e motivacións cara á nova aprendizaxe, sen que implique aínda esixencia, senón valoración e predisposición
  2. APRENDIZAXE PROPIAMENTE DITA. Nesta fase preténdese, ademais da aprendizaxe do hábito, xerar unha valoración positiva do neno, transmitíndolle confianza para implicalo como elemento positivo fronte á aceptación de posibles dificultades e pequenas frustracións
  3. AUTOMATIZACIÓN. Nesta fase preténdese chegar á autonomía real. O diálogo mantense, pero tamén se xeran situacións de esixencia que en ningún caso han de romper o diálogo.
  4. CONSOLIDACIÓN. Esta consolidación adquírese a partir da adquisición global das competencias, a comprensión e as pautas de autocontrol necesarias para a execución da conduta

METODOLOXÍA

Cando propoñemos que un neno adquira unhas aprendizaxes e que estes evolucionen para converterse en hábitos, facemos unha formulación propia da adquisición de automatismos. Un acto non é automático se require unha formulación razoada e un control cada vez que debe executarse. Tendo presente que se nos formularán situacións de conflito, os adultos deberán ter en conta os seguintes pasos:

  1. Os niveis e as condutas que se deben aprender: Trátase de plantexarse, en función da idade cronolóxica e maduratíva, as dificultades, as posibilidades do ámbito, as variables ambientais e a aprendizaxe que se ha de propoñer para que sexa posible levalo a cabo e consolidalo
  2. O momento de plantexar a actuación. Non debe ser unha actuación esporádica, senón unha liña educativa que leve adquirir a aprendizaxe. Debemos flexibilizar o momento de empezar a esixir; se existen moitas dificultades, buscaremos momentos pouco conflitivos.
  3. O modo de plantexar a actuación. Como se motiva e se xenera unha actitude positiva para asumir a aprendizaxe, favorecendo a disposición para actuar sen necesidade de vixilancias constantes
  4. O control da aprendizaxe. Comprobar que se dean respostas segundo o comportamento observado e as actitudes adoptadas

MEDIDAS FAVORECEDORAS

  • Facer a distribución de tarefas entre os membros da familia valorando o posible nivel de habilidades, aprendizaxes previas, etc para cada tarefa, de modo que poidan ser asumidas por todos
  • No caso de que varias persoas queiran facer a mesma tarefa ou que ninguén desexe facela porque é desagradable, resolverase rotatoriamente.
  • Elaborar un calendario ou un horario poniendolo ao alcance do neno para ensinalo a autocontrolarse
  • Pedir periodicamente a revisión das responsabilidades para saber que se fixo e avaliar para que comprenda as pautas de control
  • Buscar formas alternativas para favorecer a motivación e a execución en función do ritmo de actuación e das características persoais de cada un.
  • Valorar a idade do neno.
  • Organizar as tarefas cotinianas de maneira que a súa realización non implique deixar constantemente o xogo e as actividades que lle gustan.
  • Responder dun xeito estable ao comportamento do neno
  • Actuar con estabilidade cando o neno, a ter máis autonomía e maior participación na vida social, presenta outro tipo de reaccións

SITUACIÓNS QUE SE HAN DE EVITAR

  • Evitar o cambio frecuente nas responsabilidades, en tarefas de colaboración
  • É preciso non recordar constantemente ao neno o que ha de facer, xa que neste caso non será responsable sinó só colaborador, e fará o que especificamente pídeselle sen lograr autonomía
  • Non se debe facer aquilo que fai de fai o neno, xa que non se crearía a necesidade de que o realice nin o neno percibirá as repercusións lóxicas da súa actuación, esperando sempre que alguén o resolva

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.