Javier Urra dí que as causas da tiranía son:
- Unha sociedade permisiva que educa aos nenos nos seus dereitos pero non nos seus deberes. Para non traumatizalos, se lles cede, permite e ofrece todo aquelo que non tiveron seus pais ou avós
- Uns medios de comunicación cunha cascada de actos violentos que difuminan a gravidade dos feitos. Ademáis a televisión é utilizada por moitos pais como "canguro" o que invita ocasionalmente á violencia gratuita e amoral.
- O gran cambio que se produciu na forma de vida. Os nenos pasan moito tempo sós; non viven ao seu ritmo; non hai tempo para escoitar, contar contos, ou xogar cos fillos
- Unha estructura familiar que se modificou: familias cun fillo ao que non lle pode faltar as "zapatillas de marca"; moita desestructuración de parellas de adultos que revirten negativamente nos fillos.
- Diferencias educativas entre pais e profesores; normalmente o mestre controla e contén aos nenos; o que a nai non consigue cos máis pequenos a mestra o soluciona sin problemas: recoller xoguetes, poñerse o abrigo. Socialmente non se recoñece a labor dos colexios
Estas son algunhas das causas para Javier Urra das conductas tiránicas co cal eu estou de acordo.
Un bo libro para comprender este problema social
No hay comentarios:
Publicar un comentario