viernes, 15 de enero de 2010

Intelixencia

Cando falamos de intelixencia adoitamos falar da intelixencia xeral ou abstracta. Cando dicimos que unha persoa é intelixente a que nos referimos?. Normalmente referímonos ao éxito nos estudos ou ao éxito na vida.
Cales son as intelixencias existentes? A chegada dos primeiros test que medían a intelixencia baseábanse na capacidade do individuo para operar sobre información constituída por números, letras, palabras, figuras, seriacións, etc
Pouco a pouco aparecen novas formulacións sobre o que debería entenderse por intelixencia e empeza a aparecer expresións como: intelixencia social, intelixencia práctica, intelixencia conductual, intelixencia moral, intelixencia exitosa, entre outras
Howard Gardner, coñecido fundamentalmente pola súa teoría das intelixencias múltiples, que sinala que non existe unha intelixencia única no ser humano, senón unha diversidade de intelixencias que marcan as potencialidades e acentos significativos de cada individuo. Cada persoa ten polo menos oito intelixencias, habilidades cognoscitivas. Estas intelixencias traballan xuntas, aínda que como entidades semi-autónomas. Cada persoa desenvolve unhas máis que outras.


Daniel Goleman popularizou en 1995, co seu célebre libro Emotional Intelligence, a intelixencia emocional que a entende como a capacidade para recoñecer sentimentos propios e alleos, e o coñecemento para manexalos.

Goleman estima que a intelixencia emocional se pode organizar en cinco capacidades: coñecer as emocións e sentimentos propios, manexalos, recoñecelos, crear a propia motivación, e xestionar as relacións.



No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.