Mostrando entradas con la etiqueta BADYG. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BADYG. Mostrar todas las entradas

jueves, 28 de mayo de 2009

Probas aos alumnos de 2º, 4º e 6º

Estes días estamos a realizar unhas probas aos alumnos de 2º, 4º e 6º.
Esta proba é o BadyG que é un un test colectivo, é dicir, que se realiza con todos os alumnos da clase ao mesmo tempo e serve para coñecer aspectos de aptitude básica como habilidades estreitamente relacionadas co aprendizaxe curricular dos nenos en idade escolar.
Pasamos esta proba porque coñecendo o seu potencial intelectual podémoslle axudar ou esixir segundo as súas posibilidades.

¿QUE PODEMOS FACER AO COÑECER OS RESULTADOS?
  • Quedarvos coa idea global do resultado, máis que afondar nunha proba en particular que pode estar sesgada.
  • Podedes consultar ao orientador as dúbidas que vos xurdan.
  • Se os resultados son altos e as notas non brillan especialmente, podedes animarlles e podedes ter a seguridade de que como a capacidade non é un problema para el, haberá que reforzar as outras áreas que seguramente serán deficitarias, como quizá a vontade, a motivación, a constancia, a conducta.
  • Se os resultados son baixos, é posible que ao mesmo tempo as súas cualificacións sexan baixas. Neste caso, a proba confírmanos que hai unha dificultade obxectiva que explica unha parte das súas dificultades e, debemos axudarlle a estudiar, a comprender e a facer as tarefas, porque o mozo necesitará compensar con máis traballo o que ten de deficitario a intelixencia.
  • Se os resultados son baixos e as notas medias, é que ou ben o test non ten validez, ou ben está compensando con dedicación parte das súas deficiencias.

QUE NON É CONVENIENTE FACER

  • Non é conveniente nin deprecialos nin obsesionarse con eles.
  • Tampouco convén facer comparacións entre irmáns ou parentes.
  • Non é necesario contarlles ao detalle os resultados, pois para eles o concepto de intelixencia non ten o mesmo significado que para nós.
  • Se son negativos, é mellor non mencionalos.
  • En definitiva trátase de usalos con prudencia e a vosa tarefa como pais é empregalos para axustar a esixencia ás súas verdadeiras posibilidades e axudar alí onde se detectan carencias.

¿ATA QUE PUNTO O TEST É VERAZ?

  • A intelixencia é unha facultade superior do ser humano, e dada a súa complexidade, resulta difícil de avaliar e de medir. Por isto mesmo é necesario tomar os datos que se ofrecen neste informe con cautela. Ademais, hai varios aspectos que poden distorsionar os resultados como son o cansazo, a falta de atención, o ambiente da clase, a motivación, o estado de ánimo, as preocupacións, as explicacións máis ou menos acertadas da persoa que pasa a proba, etc.
  • Neste sentido, hai nenos que deron nalgunha proba un valor baixo, cando en realidade sabemos que a súa capacidade e preparación é maior. Non ten maior importancia, pode significar que naquel preciso momento houbo algún dos factores mencionados que lle interferiu.
  • Tamén, en ocasións, a razón é o concepto de intelixencia funcional, é dicir, o neno é máis capaz, pero funcionalmente, traballa cun ritmo inferior ás súas posibilidades. Os seus recursos emprégaos a ese ritmo.
  • Como a intelixencia pode evolucionar, non se poden facer prediccións rigurosas de futuro con estes datos. Son a expresión mínima da súa capacidade, non o seu límite superior.
  • Ademais, insistimos niso, o éxito ou o fracaso escolar depende tamén doutros factores cruciais como son a motivación e os hábitos de estudio e dos cales aquí non hai referencias.
  • En definitiva, a finalidade da proba é dar pistas para orientar ao alumno no terreo académico, actuando sobre os seus déficits e potenciando as súas habilidades.

Para ver máis información das probas:

Sexto curso: http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_240c4k3x3cc

Cuarto curso: http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_238pd8rfrhn

Segundo curso: http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_236hghhg5gp

lunes, 16 de junio de 2008

CONVOCATORIA AOS PAIS/NAIS DO "CEIP OTERO PEDRAYO"

O pasado mes de maio aplicámoslle aos alumnos e alumnas de 2º, 4º e 6º unha proba (BADyG) que intenta avaliar tanto aspectos de aptitude básica como habilidades estreitamente relacionadas coa aprendizaxe curricular.

O vindeiro martes 17 de xuño, no salón de actos do colexio, explicaremos en que consistiu a proba e que aptitudes xerais e diferenciais miden, para poder así entender os resultados que obtiveron os nosos fillos e fillas.
O horario da reunión será:
Segundo..............16,30 horas
Cuarto.................17 horas
Sexto...................17,30 horas

Os resultados só se darán, en sobre pechado, aos pais ou nais que acudan á reunión-explicativa.

Se algún pai ou nai non pode acudir o día da reunión, pode falar co orientador todos os días menos os xoves, en horario lectivo, sempre con cita previa.

Se queredes podes vela información da proba nestes enlances:

Sexto curso: http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_240c4k3x3cc

Cuarto curso: http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_238pd8rfrhn

Segundo curso: http://docs.google.com/Doc?id=dnxqcjt_236hghhg5gp
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.