Mostrando entradas con la etiqueta Relacións humanas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Relacións humanas. Mostrar todas las entradas

lunes, 27 de octubre de 2008

AS RELACIÓNS HUMANAS

Repasando cousas que teño gardadas atopei un documento, non sei quen é o autor, moi interesante.
Trátase das relacións humanas e cales son os dez mandamentos para que estas sexan as axeitadas.
OS DEZ MANDAMENTOS DAS RELACIÓNS HUMANAS
  1. Fala coas persoas. Nada hai tan agradable e animante como unha palabra de saúdo cordial, particularmente hoxe en día que tanto necesitamos de xestos amables.
  2. Sorrí ás persoas. Recorda que para mover a cabeza pomos en acción 12 músculos e que para sorrir bástanos con mobilizar 14.
  3. Chama ás persoas polo seu nome. Para case todos, a música máis suave é oír o seu propio nome.
  4. Se amigo e servicial. Se queres ter amigos, se amigo.
  5. Se cordial. Fala e actúa con toda sinceridade: todo o que fagas faino con gusto.
  6. Interésache sinceramente polos outros. Recorda que sabes o que sabes, pero que non sabes o que outros saben.
  7. Se xeneroso en eloxiar e cauteloso en criticar. Os líderes eloxian. Saben animar, dar confianza e elevar aos outros.
  8. Aprende a captar os sentimentos dos demais. Hai tres ángulos en toda controversia: o teu, o do outro e o do que só ve o seu con demasiada certeza.
  9. Preocúpache da opinión dos outros. Tres son as actitudes dun auténtico líder: oír, aprender e saber eloxiar.
  10. Procura achegar os bos servizos que podes facer; o que realmente vale na nosa vida é o que facemos polos demais.

Agora só queda polas en práctica

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.