sábado, 7 de junio de 2008

DÉFICIT DE ATENCIÓN E TELEVISIÓN


Se últimamente navegais por internet buscando información sobre o déficit de atención atoparedes que as últimas investigacións vinculan este déficit coa exposición a temprana idade á televisión.

Moita xente non sabe que os nenos con problemas de atención ven moito a televisión, e non só a ven, senón que se quedan "hipnotizados" diante da pantalla ata transformarse en "outro neno" completamente diferente ao que volve ser en canto apagamos o televisor.

Estudos americanos non demostran que ver moito a televisión poden converter a un neno en inatento ou o feito de ser inatento fai co neno vexa moito a televisión pero decantanse pola primeira opción.

Outros estudios detectaron aproximadamente un 40 por cento máis de problemas de atención entre os nenos moi afeccionados á televisión de ambos sexos, independientemente de se se realizou un diagnóstico de déficit de atención ou hiperactividad previo.

O vínculo entre a inatención e a televisión estableceuse nun estudo sobre os hábitos e comportamentos de máis de 1.000 nenos nacidos en Dunedin, Nova Zelanda, entre abril de 1972 e marzo de 1973.

Os nenos de 5 a 11 anos vían unha media de 2,05 horas de televisión nos días laborables.

Entre os 13 e 15 anos, o tempo gastado fronte á pantalla era dunha media de 3,1 horas diarias. "Os que viron máis de dúas horas e especialmente os que viron máis de tres horas de televisión diaria durante a súa infancia tiñan síntomas de problemas de atención na adolescencia por encima da media", escribiu no seu informe Carl Landhuis, da Universidade de Otago, en Dunedin.
Os nenos que viron moita televisión tiñan máis probabilidades de continuar co hábito cando crecían, pero ata se non o facían o dano xa estaba feito, dixo o informe, publicado en Pediatrics.

A explicación sobre este vínculo podería ter varias explicacións, segundo Landhuis:
  • A primeira é que o cambio rápido de escenas común en moitos programas de TV podería sobreestimular o cerebro no desenvolvemento dun neno, e podería facer que a realidade resultase aburrida en comparación.

  • Tamén é posible que ver a televisión poida substituír outras actividades que requieren concentración, como ler, xogar e os deportes, dixo. A falta de participación inherente á televisión podería condicionar aos nenos cando realizan outras actividades.
O estudo non é unha proba de que ver a televisión cause problemas de atención como dicía o estudio americano, engadiu Landhuis, porque pode haber nenos con tendencia aos problemas de atención véxanse atraídos cara á televisión.

Outros estudios previos relacionaran este hábito sedentario coa obesidad infantil e a diabetes.

Despois de ler esto, ¿ainda aparcas ao teu fillo diante da televisión?

No hay comentarios:

Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.