A Orde do 6 de outubro de 1995 (DOGA 7/11/1995) regula as adaptacións do currículum nas ensinanzas de réxime xeral.
A Orde distingue as medidas de REFORZO EDUCATIVO e as ADAPTACIÓNS CURRICULARES.
O REFORZO EDUCATIVO é unha medida ordinaria de atención á diversidade que afecta a elementos non prescritivos do currículum, é dicir, á secuencia de contidos, ás formas e instrumentos de avaliación, á organización da aula, ós agrupamentos de alumnos e a todo aquilo incluído dentro do ámbito da metodoloxía.
É unha medida que vai dirixida a aqueles alumnos e alumnas que modificando eses elementos non prescritivos poden segui-lo proceso ordinario de ensino-aprendizaxe.
AS ADAPTACIÓNS CURRICULARES son as modificacións dun ou de máis elementos prescritivos do currículum, como son os obxectivos, os contidos e os criterios de avaliación, para atende-las necesidades educativas dun alumno ou alumna motivadas tanto por unha determinada dificultade persoal como polas súas capacidades excepcionais.
¿A que alumnos-as se lle fará unha adaptación curricular?
*Ao alumnado que esgotou tódalas medidas ordinarias de intervención educativa (reforzo educativo e repetición de curso) Exemplo: alumno/a que repite o segundo ciclo e recibiu un reforzo educativo; suspende outra vez e pasa o terceiro ciclo pola idade. É un alumno/a que esgotou as medidas ordinarias e a pesar diso non consigue acadar os obxectivos de 2º ciclo.
*Ao alumno/a que padece un déficit de calquera índole non sería necesario esgotar tódalas medidas ordinarias. Exemplo: alumno/a con autismo.
*Ao alumno/a que posee cualidades excepcionais. Exemplo: alumnado sobredotado; existe lexislación específica (Orde do 28 de outubro de 1996 )
*Ao alumno/a que por diversas razóns educativas, sociais, culturais non poden segui-lo proceso ordinario de ensino aprendizaxe. Exemplo: alumnado procedente do extranxeiro.
As adaptacións teñen un proceso de elaboración que ven recollido nesta Orde e teñen que ser autorizadas pola Inspección Educativa.
Moitos ensinantes aínda non están pola faena ; a razón non a sei pero non coñezo ningún ensinante que deixara aparcado a este tipo de alumnado; lle fan adaptacións curriculares a su maneira sen os requisitos legais. Esto é un erro xa que desta forma non constará no seu expediente educativo e non terán as ventaxas que esta medida extraordinaria ten: estar exentos de algunha asignatura no IES, preferencias nas garantías sociaisnos grupos flexibles, outras formas de avaliación, etc.
A adaptación curricular é UN DEREITO do alumno.
Con este blog, pretendo dar resposta a toda a Comunidade Educativa. Queremos que o blog convértase nun medio de participación, colaboración e apoio mutuo, así como un motivo para realizar proxectos conxuntos e sentir que os Colexios perténcenos a todos e todas e todos e todas debemos colaborar na súa mellora. Benvidos e esperamos que vos sexa de axuda. Tamén agradeceremos moito que deixedes os vosos comentarios
Mostrando entradas con la etiqueta necesidades educativas especiais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta necesidades educativas especiais. Mostrar todas las entradas
jueves, 20 de noviembre de 2008
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.